miércoles, 8 de junio de 2011
jueves, 2 de junio de 2011
Concurso de relatos curtos.
Miguel Puga de 5º de EP acadou un dos premios dentro do Certame de Contos que o Concello de Ourense organiza ano tras ano e no que participaron practicamente todos os colexios de Ourense. o seu relato titúlase "O Miño leva a fama e o Sil a auga". ¡¡¡Noraboa!!!
O MIÑO LEVA A FAMA E O SIL LEVA A AUGA
Vou contarvos unha historia que pasou en Ourense. Un dia o Sil cansouse de darlle auga ó Miño e que el se leve toda a fama … ¡Vaiamos ó gran¡.
Unha tarde soleada de verán os paseantes que se encontraban ás beiras do Sil empezaron unha conversación sobre este afluente.
- Este río gústame moito, leva moita auga, é moi grande e moi bonito- comentaba un deles.
- Pois a min gústame máis o Miño; é o río máis longo, caudaloso e importante de Galicia– dicía outro.
- Pero cando se xuntan nos Peares ten moita máis auga o Sil que o Miño- dixo o primeiro, que seguía a favor do Sil.
- Cando o Miño desemboca no mar ten moitísima máis auga- dicía outro.
- ¡É verdade¡- dixo o primeiro. -A partir de agora o Miño vai ser o meu río preferido-
O Sil, que estaba escoitando a conversación, empezouse a sentir celoso do Miño. Empezou a buscar, buscar e rebuscar unha solución para que el fose máis popular que o Miño, ata que a encontrou: non lle daría máis auga ó Miño que así tería menos auga e el máis.
O Miño estrañouse de ter tan pouca auga ultimamente, ata que se decatou que o Sil non lla daba, e decidiu falar con el.
- ¿Por que non me dás auga?– díxolle o Miño.
- Porque estou escaso dela– respondeulle o Sil.
- ¿Escaso dela?, ¡pero se estás a rebosar!
- ¡Teño moi pouca!- dixo o Sil.
- Estaslle facendo dano a cidade de Ourense porque eu non podo xerar electricidade, e ao mar porque non lle podo dar auga, ¿Sabíalo?
- Non- respondeu o Sil.
- ¡¡¡Ti o que queres é que non teña auga!!!- respondeulle o Miño furioso-- as es máis popular ca min.
- ¡É mentira¡- dixo o Sil.
´Discutiron horas e horas, ata que o Miño dixo:
- Hai dous adxectivos que nos definen ós dous. A ti bonito e a min caudaloso, ¡non tes que quitarme o meu!
E dito isto, deixou de falarlle ó Sil.
Un día de moita choiva, o Sil desbordouse, e inundou unha parte da cidade de Ourense. A partir dese da o Sil non volveu ser tan avaricioso e foille pedir desculpas ao Miño e darlle a auga que lle ´sobraba, prometendo que nunca lle volveria roubar o seu adxectivo ó Miño, porque a el tampouco lle gustaría que lle quitaran as súas vistas.
F I N
Sentenza: O que moito quere, pouco axuda.
Miguel Puga Sánchez (5º EP)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)