miércoles, 27 de noviembre de 2013

FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

O 20 de novembro, os cursos de 5º e 6º de EP fomos ver a película "O Apóstolo" de Fernando Cortizo e que relata como un convicto fuxido do cárcere intenta recuperar un botín agochado nunha aldea. Algún pasou por momentos de medo e tensión pero todos coincidiron en que lles gustou moito a proxección. Tamén o director deu unha charla de como fixo a película e das dificultades que tivo para poder levar a cabo as escenas da mesma. A verdade que foi moi interesante saber o complicado que é facer cine de animación. Dende aquí queremos darlle a noraboa e as grazas a Fernando. 







jueves, 16 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013  
ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano adicámoslle a festa das Nosas Letras a un gran personaxe que fixo un gran esforzo por fortalecer o mundo no que el se desenvolvía: o teatro. Aquí poñemos  un romance que crearon os alumnos da ESO no que se fai un percorrido pola súa vida persoal e artística. 

ÍMOSVOS CONTAR UN CONTO
DO MESTRE VIDAL BOLAÑO
QUE NACERA UN MES DE XULLO
NA CIDADE DE SANTIAGO


ALÍ FOI ONDE ESTUDOU
PRIMARIA E BACHARELATO
PARA DESPOIS ADICARSE
A UNHA CHEA DE TRABALLOS


FIXO DE REPARTIDOR
E ATA TRABALLOU NUN BANCO
PERO A SÚA GRAN VOCACIÓN
VEULLE DA MAN DO TEATRO


FUNDOU UNHA COMPAÑÍA
CHAMADA O “GRUPO ANTROIDO”
NA QUE FACÍA DE TODO
TRABALLANDO CON DEGOIRO


DESCRIBIU UNHA CHEA DE OBRAS
SEMPRE CUN RISO FELIZ
TANTO PARA XENTE ADULTA
COMO PARA XENTE INFANTIL


UNHA TIVO MOITA SONA
DURABA SÓ DOUS MINUTOS
CHAMÁBASE “O XOGADEIRO”
QUE REMATOU CUN GRAN SUSTO.


POR TODA A SÚA OBRA
DESPOIS TIVO MOITOS PREMIOS
E SEMPRE NOS FOI ESCRITA
NO NOSO IDIOMA GALEGO


RECIBIU O PREMIO CUNQUEIRO
E TAMÉN O PREMIO ABRENTE
E O DO “EIXO ATLÁNTICO”
E TAMÉN O “RAFAEL DIESTE”


OUTRO MÁIS DOS SEUS TRABALLOS
FOI REALIZAR GUIÓNS
SOBRE ESCRITORES GALEGOS
PARA A TELEVISIÓN


E POR SE ISTO FORA POUCO
TAMÉN FIXO DE ACTOR
TRABALLANDO EN PELÍCULAS
SENDO TAMÉN DOBRADOR


ALÓ POLOS ANOS NOVENTA
DIRIXIU UNHA GRAN COMPAÑÍA
CHAMADA “TEATRO DE AQUÍ”
ATA FINAIS DA SÚA VIDA


HOXE NO ANO 2013
E FACÉMOLO CON MOITO RESPECTO
ADICÁMOSLLE O DÍA DAS LETRAS
POR DEFENDER SEMPRE O GALEGO


Agora subiremos algúns traballos realizados con motivo da festa das Letras Galegas e tamén fotos do festival ao que acudiron moitos pais e nais e que gozaron moito das actuacións que se levaron a cabo.




















miércoles, 1 de mayo de 2013

Ano de Rosalía

ANO DE ROSALÍA

Coñecer e afondar na vida e obra da nosa poetisa Rosalía de Castro foi un dos traballos co que os nenos e nenas traballaron con máis ansia durante o curso. Cada un deles aportou unha creación propia coa que despois se fixo unha exposición no día das Letras Galegas. Aquí poñemos algún deses traballos.









viernes, 12 de abril de 2013

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo os nenos e nenas de 4º de EP fomos ao certame organizado polo Concello de Ourense para celebrar o día da poesía e que tivo lugar nas escalinatas do Museo Arqueolóxico. Antes diso, e durante tres sesións aprendemos con Nati un poema de Celso Emilio Ferreiro que sería o que recitamos ese día. Foron moitos colexios de Ourense e todos xuntos pasamos unha mañá marabillosa.






domingo, 24 de febrero de 2013

Feliz aniversario, Rosalía!!!

Hoxe Rosalía de Castro cumpriría 176 anos! Parabéns! Este ano tamén se cumpren 0 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, un 17 de maio!


Creación gráfica que procura un xogo de actualización da figura da poeta, obra da deseñadora Elba Fernández




lunes, 18 de febrero de 2013

O amor... según Andrés



O amor é raro,

ole a lima,

o amor é como a primavera, 

soa como splash!,

sabe a amorodo,

palpita como un corazón,

corre coma un atleta,

salta coma un bouncing,

doe como un mosquito,

dipara como un francotirador,

é espontáneo como unha bomba,

é indignante coma un político,

é intelixente como Homer Simpson,

é única e exclusivamente AMOR.



O amor para Álvaro

O amor para min é un sentimento que me dá a miña familia e tamén eu lle dou a eles. todo o amor que me dan só significa unha cousa: que me queren. E eu estou moi agradecido por iso. Os meus amigos tamén me dan amor, aínda que prefiro chamalo amizade. Axúdanme se necesito axuda, apóianme se necesito apoio, divírtenme se necesito divertirme e acompáñanme se necesito compaña nos malos momentos....
O amor fai que me esqueza dos meus problemas e tamén faime estar contento...

Moitas veces non sinto amor, pero non estou triste. Simplemente estou aburrido porque non sei como sentirme....

O amor... según Emma!


O amor... según Sofía

O amor é como o chourizo, cando che repite, anda subindo e baixando da túa gorxa ata o estómago... Cando pasan dous ou tres días, ese olor e ardor desaparece... Ata que a túa avoa volva facer o cocido!

O amor, por Elena...

Para min o amor
é unha relación entre dous.

2 individuos
que teñen algo en común.

No amor gaña a amizade
e perde a inimizade.

Para min o amor
é unha ecuación.

Unha ecuación sen solución.

Entón, e o seu valor?

Eu creo que non ten fin.

E ti, que me dis?

O amor e ti!


O venres 15 tivemos a entrega de premios dos gañadores do concurso O amor e ti!... Marabillosos seis propostas... iremos subindo...