miércoles, 28 de diciembre de 2011

Entrega de premios

O día 28 de decembro fomos recoller os premios conseguidos no concurso de relatos no Concello de Pereiro de Aguiar.

2º Premio Terras de Aguiar (Clara Inés Glez. 3º EP)

ANTÓN DENUNCIA AOS REIS MAGOS

Nun país moi lonxano (e moi próximo) , un país raro e inxusto, os nenos se querían ter voces bonitas, xoguetes,  xeitos de camiñar graciosos, sorrisos alegres e un nome coma  Xan, María, Sabela, Brais, Miguel, Uxía… tiñan que ir compralos no mercado. Por iso os nenos pobres non tiñan nada disto. Eran moitos,  moitos nenos e, porque non había diñeiro nas súas familias, vivían sen voces bonitas. Ao estar sempre tristes a súa voz tamén era sempre triste; tampouco tiñan xoguetes, nin xeitos de camiñar graciosos nin sorrisos. Por non ter non tiñan nin sequera nome. Cando alguén lles quería chamar, dicíalles:

--“Oe ti” ou “ven aquí neno” ou “ven aquí nena”.

En cambio, os nenos ricos dese país moi lonxano (e moi próximo) tiñan cantidades inmensas de xoguetes, moitas voces bonitas que se cambiaban cada día coma se fosen cromos repetidos, sorrisos grandes e preciosos e un nome que sempre dicían cando alguén lles  preguntaba como se chamaban.

Antón era un deses nenos ricos que tiña moitas cousas: sorrisos grandes, xoguetes de cores, un nome polo que lle chamaba a súa familia e os seus amigos, xeitos de andar graciosos e voces agudas, ou graves, que collía segundo o humor que tivese: se estaba canso falaba coa voz grave e se estaba contento falaba coa voz aguda.

O día anterior á chegada dos Reis Magos, Antón paseaba coa súa nai pola rúa cando viu a unha señora con dous nenos pequenos sentada nunha esquina. Diante deles había un cartel que dicía:

SOMOS MOI POBRES

NECESITAMOS AXUDA

DÉANOS ALGO, POR FAVOR

Antón leu o cartel unha e outra vez, moi intrigado polo que alí vía.

-Mamá, que sorte a deses dous nenos porque como non teñen nada, esta noite os Reis Magos traeranlles moitísimos xoguetes, voces novas, sorrisos…e todo iso.

-Oxalá, fose así Antón. Pero os Reis Magos non traen xoguetes, nin voces, nin sorrisos, nin nada aos nenos pobres, nin aos deste país, nin aos de África nin aos dos sitios nos que hai guerra.

Antón quedou asombrado. Púxose moi, moi triste e moi, moi preocupado. E empezou a pensar.

-Como poderei arranxar isto? Debe ser terrible non ter nada. Eu non sei que sería de min se fose un neno pobre.

Entón ocorréuselle unha idea.

-Mamá, voume ao parque a xogar cos meus amigos -dixo botando a correr.

Os amigos de Antón eran todos nenos ricos coma el, con habitacións cheas de xoguetes, voces e voces para cambiarse cada día, sorrisos alegres... e  esas cousas marabillosas.

Antón chegou ao parque moi sufocado pola carreira e contoulles aos seus amigos o que lle dixera a súa nai.

-Isto non pode ser. Temos que facer algo-dixo.

E todos xuntos puxéronse a buscar unha solución. Logo de moito pensar e pensar ocorréuselle unha idea: escribiríanlle unha carta urxentísima aos Reis Magos, explicándolles o que estaba pasando e pedíndolles que aquela mesma Noite de Reis levasen a todos os nenos pobres do mundo: xoguetes, voces, sorrisos, xeitos de camiñar e, sobre todo, un nome para cada un.

Escribiron aquela carta con moita ilusión, respecto e sen faltas de ortografía, non fose pasar que os Reis se enfadasen con eles. Na carta tamén lles dixeron que, por favor,  lles contestasen enseguida, porque a cousa era moi grave xa que faltaban moi poucas horas para a noite e os nenos pobres poderían quedar outra vez sen nada.

Pero, a pesar de todo aquel coidado e daquela urxencia, os Reis Magos non lles contestaron á súa carta, nin unha cousa nin outra. Non dixeron nin mu. Antón e os seus amigos non recibiron resposta.

Moi cansos de esperar e cada vez máis preocupados, decidiron que arranxarían aquel desastre eles mesmos pola súa conta. Así que se foron ás súas casa e cada un preparou unha gran caixa chea de xoguetes, voces, sorrisos e, sobre todo, nomes, moitos nomes para poder chamar a cada neno polo seu.

Nestas caixas estaba todo o que ata entón lles regalaran a eles os Reis Magos por Nadal. Cando as caixas estiveron ben cheas, Antón e os seus amigos  fóronas repartindo aos nenos pobres, primeiro aos do seu país e despois mandáronas tamén por correo a todos os nenos pobres de África e dos sitios que están en guerra.

Claro que logo disto, tanto Antón como os seus amigos, empezaron a pensar que os Reis Magos eran inxustos e bastante  cómodos. Por iso, e por darlles o silencio por resposta,  decidiron denuncialos ante as autoridades, por se aínda estaban a tempo de facerse bos e solidarios, de repartir xoguetes, sorrisos, voces e nomes entre todos os nenos do mundo por igual.

Mentres a cousa non se arranxa, desde entón, todas as noites de Reis, Antón e os seus amigos reparten xoguetes,  voces, sorrisos e nomes entre todos os nenos e nenas que non tiveron tanta sorte como eles.

1º Premio Terras de Aguiar (Paula Álvarez-5º ep)

O NENO SEN NOME
Fai moitos anos, nun lugar afastado, naceu un rapaz moi pequeniño. Ese lugar estaba rodeado de fame e de guerras polo que os seus pais, preocupados polo que pasaba, esqueceron poñerlle nome. Pasaron os anos e o neno fíxose grande e moi querido por todos os seus veciños. Percorría quilómetros para traer auga a todos e nos momentos de tristeza, co seu sorriso, alegráballes o día. Era bo fillo e, aínda que non ía ao colexio, era tan listo que sabía ler no ceo e nas estrela o tempo que ía facer ou como cazar animais cando faltaban alimentos. Para os nenos do poboado que non tiñan xoguetes ni libros el era o seu mellor amigo porque lles contaba historias fantásticas. Ás veces, con moita ironía, ríase desas guerras que non servían para nada. A el gustáballe compartir e axudar, e non pelexar. Tamén se ría moito cando o chamaban polas súas calidades en vez de polo seu nome porque, aínda que xa medrara, seguía sen ter un. Así que un dia decidiu falar co ancián da aldea e lamentarse da súa situación. O vello cría que un neno tan especial tiña que ter tamén un nome moi especial pero… cal? Pensou durante longos días e escuras noites. Sen lugar a dúbida, era un rapaz sensato, obediente, listo, irónico pero sen maldade, moi dadivoso, gran amigo e moi risoño e espilido así que decidiu que con cada unha das primeiras letras dos seus calidades formaría o nome mais fermoso. Ao xuntalas xurdiu a palabra SOLIDARIEDADE.

Dende ese día o seu nome foi ese e dende entón, en todas as partes do mundo, hai alguén que tamén se chama así.
AUTORA:Paula Alvarez 5º e.p
(1º premio Certame Literario Terras de Aguiar, ano 2011)

jueves, 22 de diciembre de 2011

ESTE NADAL TODOS E TODAS AO TEATRO!

Se vos aburrides, se se vos acabou o libro que estabades lendo...

Se vos apatece compartir emocións con outros rapaces e rapazas...

Se o que máis vos gusta e soñar, viaxar, ser astronauta, zapateiro ou médica....

Chegou a MOTI!!! Do 25 ao 30 de decembro!

Toda a información en: http://motiourense.blogspot.com/

NORABOA A TODOS OS ESCRITORES DO GUILLELME BROWN!

Noraboa e parabéns aos premiados no Certame Terras de Aguiar no apartado de Relato Curto:


RELATO CURTO
         Categoría menos  de 10 anos:

                        1º.- Paula Álvarez Borrajo (5º Primaria)
                        2º.- Clara Inés González Gómez (3º Primaria)
                        3º.- Aldara Plasencia Salgado (5º Primaria)
    Categoría 11 a 15 anos:

                        1º.- Rodrigo E. Masid Dopazo (4º ESO)
                        2º.- Enia Gándara Fernández (2º ESO)

A todos e todas miles de bicos cheos de palabras!

Iremos subindo os seus relatos para que vos poidades deleitar!

Felices vacacións!




                                                              


lunes, 14 de noviembre de 2011

Cantiga II, Sergio

Ai fermosinha se ven ajades,
Longi de vida a quen esperades?
Vin atender meu amigo

Ai bolboretinha se ven amades,
Longi de vida a quen agardades?
Vin atender o meu amigo

Longi de vida a quen esperades?
No mar vos agardades
Vin atender o meu amigo

A teu amigo as esperar
O que tarde chega pero a chegar
Vin atender o meu amigo


A miña cantiga, Miguel Mata

A miña cantiga

Ai fermosinha se ven ajades,
Longi de vida a quen esperades?
Vin atender meu amigo

Ai bolboretinha se ven amades,
Longi de vida a quen agardades?
Vin atender o meu amigo

Longi de vida a quen esperades?
No mar vos agardades
Vin atender o meu amigo

A teu amigo as esperar
O que tarde chega pero a chegar
Vin atender o meu amigo

Adiviña IV, Martín e Alba

Que cousa cousiña é
que ten catro patas
e un bandullo no
que gardo as cousas do estudo? 

(ertipup o)

Adiviña III, Marta e Miguel

Que cousa cousiña é?
que é transparente e non é cristal,
o fondo é azul e non é o ceo,
e non ten aire e pode estar.


(anicsip a)

Adiviña II, Carla, Dani e Nicolás

Que será será?
que chea en verano está,
no inverno non se pode usar
porque verde pode estar...


(anicsip a)

Adiviña I, Sergio e Pablo

Que cousa cousiña é
na que nos mollamos sen chover
despídenos no verán
e saúdanos ao volver.


(anicsip a)

domingo, 13 de noviembre de 2011

CANTIGA I, Pablo

Nom chegou, madr’, o meu amigo.
Nom chegou, madr’, o meu amigo,
E oj’ est’ o prazo saído!
Ai, madre, moidro d’amor!

Nom chegou, madr’, o meu amigo,
E oj’ est’ o prazo acabado!
Ai, madre, moiro d’amor!

E oj’ est’ o prazo saído
E meu amado non dá vido!
Ai, madre, moiro d’amor!
E oj’ est’ o prazo acabado
E meu amado non dá chegado!
Ai, madre, moiro d’amor!

jueves, 2 de junio de 2011

Concurso de relatos curtos.

Miguel Puga de 5º de EP acadou un dos premios dentro do Certame de Contos que  o Concello de Ourense organiza ano tras ano e no que participaron  practicamente todos os colexios de Ourense. o seu relato titúlase "O Miño leva a fama e o Sil a auga". ¡¡¡Noraboa!!!



O MIÑO LEVA A FAMA E O SIL LEVA A AUGA
Vou contarvos unha historia que pasou en Ourense. Un dia o Sil cansouse de darlle auga ó Miño e que el se leve toda a fama … ¡Vaiamos ó gran¡.
Unha tarde soleada de verán os paseantes que se encontraban ás beiras do Sil empezaron unha conversación sobre este afluente.
-       Este río gústame moito, leva moita auga, é moi grande e moi bonito- comentaba un deles.
-       Pois a min gústame máis o Miño; é o río máis longo, caudaloso e importante de Galicia– dicía outro.
-       Pero cando se xuntan nos Peares ten moita máis auga o Sil que o Miño- dixo o primeiro, que seguía a favor do Sil.
-       Cando o Miño desemboca no mar ten moitísima máis auga- dicía outro.
-       ¡É verdade¡- dixo o primeiro. -A partir de agora o Miño vai ser o meu río preferido-
O Sil, que estaba escoitando a conversación, empezouse a sentir celoso do Miño. Empezou a buscar, buscar e rebuscar unha solución para que el fose máis popular que o Miño, ata que a encontrou: non lle daría máis auga ó Miño que  así tería menos auga e el máis.
O Miño estrañouse de ter tan pouca auga ultimamente, ata que se decatou que o Sil non lla daba, e decidiu falar con el.
-       ¿Por que non me dás auga?– díxolle o Miño.
-       Porque estou escaso dela– respondeulle o Sil.
-       ¿Escaso dela?, ¡pero se estás a rebosar!
-       ¡Teño moi pouca!- dixo o Sil.
-       Estaslle facendo dano a cidade de Ourense porque eu non podo xerar electricidade, e ao mar porque non lle podo dar auga, ¿Sabíalo?
-       Non- respondeu o Sil.
-       ¡¡¡Ti o que queres é que non teña auga!!!- respondeulle o Miño furioso-- as es máis popular ca min.
-       ¡É mentira¡- dixo o Sil.
´Discutiron horas e horas, ata que o Miño dixo:
-       Hai dous adxectivos que nos definen ós dous. A ti bonito e a min caudaloso, ¡non tes que quitarme o meu!
E dito isto, deixou de falarlle ó Sil.
         Un día de moita choiva, o Sil desbordouse, e inundou unha parte da cidade de Ourense. A partir dese da o Sil non volveu ser tan avaricioso e foille pedir desculpas ao Miño e darlle a auga que lle ´sobraba, prometendo  que nunca lle volveria roubar o seu adxectivo ó Miño, porque a el tampouco lle gustaría que lle quitaran as súas vistas.
      F I N
 Sentenza: O que moito quere, pouco axuda.
Miguel  Puga  Sánchez   (5º EP)
                               

miércoles, 25 de mayo de 2011

Só queda agradecer...

Agradecer a toda a comunidade educativa do Guillelme Brown o seu apoio, facendo do Día das Letras, Lois Pereiro, un día moi especial...
Pais, nais, profesores, coidadores, persoal de comedor e... o máis importante... os rapaces e rapazas!!

Moi en especial os alumnos de 3º e 4º da ESO...

Mil bicos e mil primaveras máis...

Galicia é...
a.    Auga. Aire.  A árbore onda a árbore, e a alegría do espazo. A Alma é o Atlántico.

b.    Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Borde do Bosque omnipresente.

c.    Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

d.    Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

e.    Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo Este cara a Europa, polo mar cara ao Éxito, e sempre cara ao eterno Estrañamento do espírito.

f.   Fogo de fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O  Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá…

g.    Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda o xemer das Gaitas.

h.    Historia: Herbicida do olvido. A Humidade, o “Horror vacui” e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo.

i.    Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

j.    Sonido oriental. Rotundidade sureña.

k.   Kilowatios por terra asolagada.

l.    Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

m.  Lega mortos o Misterio da Música, pero o Miño vai levando ese Misterio ao Mar.

 n.     Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

ñ.    Nh/ gn/ ñ.

o.    Oeste: “Galicia atende e obedece á chamada do Oeste” (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Olvido crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo.

p.    Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos na nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. Paisaxes dispersas. Paixón e Poses “punk”, reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbanos da noite.

q.    Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

r.   Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas.

s.    O Son da Soidade e o Silencio.

t.    Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras.

u.    Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

v.    Vacas en Vales mollados.

w.    Whisky: noite urbana. ¿Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus?

x.    25 de Xullo*.

y.    yeah

z.    Fin
          
  Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (Por exemplo)

martes, 24 de mayo de 2011

Semana das Letras Galegas

Durante a semana do 16 ao 20 de maio moitas foron as actividades realizadas polos distintos cursos en homenaxe á nosa lingua e a Lois Pereiro, por suposto. Este é o programa e algunha fotos lembrando os momentos magníficos que pasamos.