miércoles, 25 de mayo de 2011

Só queda agradecer...

Agradecer a toda a comunidade educativa do Guillelme Brown o seu apoio, facendo do Día das Letras, Lois Pereiro, un día moi especial...
Pais, nais, profesores, coidadores, persoal de comedor e... o máis importante... os rapaces e rapazas!!

Moi en especial os alumnos de 3º e 4º da ESO...

Mil bicos e mil primaveras máis...

Galicia é...
a.    Auga. Aire.  A árbore onda a árbore, e a alegría do espazo. A Alma é o Atlántico.

b.    Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Borde do Bosque omnipresente.

c.    Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

d.    Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

e.    Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo Este cara a Europa, polo mar cara ao Éxito, e sempre cara ao eterno Estrañamento do espírito.

f.   Fogo de fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O  Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá…

g.    Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda o xemer das Gaitas.

h.    Historia: Herbicida do olvido. A Humidade, o “Horror vacui” e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo.

i.    Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

j.    Sonido oriental. Rotundidade sureña.

k.   Kilowatios por terra asolagada.

l.    Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

m.  Lega mortos o Misterio da Música, pero o Miño vai levando ese Misterio ao Mar.

 n.     Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

ñ.    Nh/ gn/ ñ.

o.    Oeste: “Galicia atende e obedece á chamada do Oeste” (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Olvido crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo.

p.    Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos na nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. Paisaxes dispersas. Paixón e Poses “punk”, reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbanos da noite.

q.    Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

r.   Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas.

s.    O Son da Soidade e o Silencio.

t.    Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras.

u.    Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

v.    Vacas en Vales mollados.

w.    Whisky: noite urbana. ¿Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus?

x.    25 de Xullo*.

y.    yeah

z.    Fin
          
  Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (Por exemplo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario