O NENO SEN NOME
Fai moitos anos, nun lugar afastado, naceu un rapaz moi pequeniño. Ese lugar estaba rodeado de fame e de guerras polo que os seus pais, preocupados polo que pasaba, esqueceron poñerlle nome. Pasaron os anos e o neno fíxose grande e moi querido por todos os seus veciños. Percorría quilómetros para traer auga a todos e nos momentos de tristeza, co seu sorriso, alegráballes o día. Era bo fillo e, aínda que non ía ao colexio, era tan listo que sabía ler no ceo e nas estrela o tempo que ía facer ou como cazar animais cando faltaban alimentos. Para os nenos do poboado que non tiñan xoguetes ni libros el era o seu mellor amigo porque lles contaba historias fantásticas. Ás veces, con moita ironía, ríase desas guerras que non servían para nada. A el gustáballe compartir e axudar, e non pelexar. Tamén se ría moito cando o chamaban polas súas calidades en vez de polo seu nome porque, aínda que xa medrara, seguía sen ter un. Así que un dia decidiu falar co ancián da aldea e lamentarse da súa situación. O vello cría que un neno tan especial tiña que ter tamén un nome moi especial pero… cal? Pensou durante longos días e escuras noites. Sen lugar a dúbida, era un rapaz sensato, obediente, listo, irónico pero sen maldade, moi dadivoso, gran amigo e moi risoño e espilido así que decidiu que con cada unha das primeiras letras dos seus calidades formaría o nome mais fermoso. Ao xuntalas xurdiu a palabra SOLIDARIEDADE. Dende ese día o seu nome foi ese e dende entón, en todas as partes do mundo, hai alguén que tamén se chama así.
AUTORA:Paula Alvarez 5º e.p (1º premio Certame Literario Terras de Aguiar, ano 2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario