viernes, 28 de diciembre de 2012

CONCURSO LITERARIO "TERRAS DE AGUIAR"

Ola a tod@s. Veñen de nos comunicar o fallo do xurado no concurso que se celebra todos os anos no Concello de Pereiro de Aguiar. A verdade é que foi todo un éxito:
Na categoría de ata 10 anos tivemos os tres primeiros premios:
                                       1º Premio: Clara Inés Gómez (4º ep)
                                       2º Premio: Lucía Bobillo (4º ep)
                                       3º Premio: Xiana Cid (4º ep)

Na categoría de ata 15 anos tamén fixemos pleno:
                                       1º Premio: Paula Borrajo (6º ep)
                                       2º Premio: Beltrán Sousa (6º ep)
                                       3º Premio: Aldara Plasencia (6º ep)

NORABOA A TODOS!!!!

Recollida dos premios
(Falta Beltrán que non puido ir)
 

Agora imos publicar as historias gañadoras:



   O mellor agasallo para Xoana  (Clara Inés-4º EP)

Nunha aldea do Polo Norte, nunha casiña de bastóns de caramelo vivía o Gnomo do Nadal. O Gnomo era moi pequeno, o seu pelo era curto e verde, sempre vestía unha chaqueta longa e vermella, levaba un cinturón dourado moi grande e un gorro de follas cunha pluma no alto.
O Gnomo do Nadal andaba moi preocupado porque xa estaba farto de que para a maioría dos nenos e das persoas maiores do mundo, o Nadal só fose unha festa na que se dan moitos agasallos.
―Bonecas, coches, consolas,  xogos de mesa… Só lles importa iso, os agasallos; non teñen interese en nada máis ¡Menudos egoístas andan feitos!, enfadábase o Gnomo. 
Moi lonxe do Polo Norte, seguro que xa imaxinades onde, no lugar máis verde do mundo, aínda que fose inverno, vivía Xoana, una rapaza pequeniña, de pelo negro e ollos marróns. Xoana era moi feliz, corría polos campos, coidaba os animais da granxa da súa familia e encantáballe subir ás árbores para ver niños de paxaros.  
Aquel ano, Papá Noel  tróuxolle a Xoana un montón de agasallos: unha boneca que andaba e falaba, con moitos vestidos e accesorios, un parchis e un xogo da oca, una caixa rexistradora para xogar ás tendas, un coche teledirixido, un disfraz de vaqueiro e un castelo cun príncipe e unha fermosa princesa.  
Xoana quedou entusiasmada, pasou todo o día xogando cos seus agasallos. Pero cando rematou de xogar,  comezou a sentirse mal: doíalle a cabeza e a barriga, as pernas case non a sostiñan dereita e quedouse sen forza nos brazos.
Os seus pais levárona a toda presa ao hospital. Xoana tivo que quedar ingresada porque estaba realmente moi maliña. Alí soíña na habitación do hospital, botouse a chorar pensando que non se ía curar nunca.
  Oxalá Papá Noel non me trouxera todos eses agasallos. Eu agora só quero poñerme ben e sanar. Ese si que sería o mellor dos agasallos, dicía Xoana chorando.
De tanto chorar, acabou durmíndose. E durmida soñou cun extraño gnomo vestido cunha chaqueta vermella atada cun gran cinturón dourado. O gnomo colleuna da man e levouna a un hospital, cheo de nenos que, como ela, tamén parecían enfermos.  Xoana acercouse a unha das camiñas, na que había un neno loiro moi pálido,  e preguntoulle:
  Que fas aquí?
 Estou maliño, todos os que estamos aquí estamos maliños, ingresados en hospitais e todos estamos soñando co Gnomo do Nadal, ese que che trouxo da man ata aquí, igual que nos trouxo a todos nós.
  E porque nos trouxeches ata aquí? preguntoulle Xoana ao Gnomo do Nadal
― Porque quero axudarvos, dixo o Gnomo en voz baixa.
  Por que a nós?, voltou a preguntarlle Xoana
  Porque vos entendestes que os agasallos  non son o máis importante do Nadal, que hai cousas moito máis importantes que esas bonecas e coches que vos regalan.
 É certo -dixo Xoana, con bágoas nos ollos-, eu devólvoche todos os meus agasallos e  ponme boa de novo.
--E eu tamén, e eu tamén, e eu tamén,  contestaron todos os demais nenos que estaban no hospital do soño.
Entón Xoana abriu os ollos. Deuse conta que lle puxeran anestesia e que estaba espertando pouco a pouco. Pero a cabeza xa non lle doía, a barriga xa estaba ben, e sentía as pernas e os brazos fortes e con ganas de correr polos campos.
Escoitou como o médico lle dicía á súa nai que xa estaba ben e que se podía ir á casa cando quixera.
― Ímonos, Xoana, terás gana de chegar á casa para xogar cos agasallos de Nadal, díxolle a súa nai.
― Non preciso eses agasallos, xa teño outro moito mellor, e chiscou un ollo, pensando que o Gnomo do Nadal debía de andar por alí cerca e que se poñería moi contento de escoitarlle dicir iso. 







 Que é o Nadal para ti ? (Lucía Bobillo-4º EP)

Nun recuncho do mundo había unha pequena cidade chamada Vilburgo. Na cidade vivía unha nena cos seus pais. Xa era Nadal, así que estaban poñendo a árbore . A nena, chamada Camila, non sabía cal éra o significado desta festa. Un día díxolles aos seus pais:
- Mamá, papá vou saír a dar un paseo.
E os seus pais dixeron:
-Ten coidado Camila, non te despistes.
Cando saíu empezou a camiñar ata chegar ao bosque . Alí Camila parouse porque viu unha bolboreta moi bonita e como a quería coller foise adentrando no bosque. Cando se deu conta, Camila asustouse, pero encontrou un raposo, e díxolle:
- Raposo que é o Nadal para ti ?  
E o raposo respondeu:
- O  Nadal, para mín, é unha festa moi bonita onde todos están felices.
Camila seguíu camiñando e encontrouse cun reno, e díxolle:
- Reno, que é o Nadal para ti ?  
O reno contestou:
 - O Nadal, para mín, é unha festa onde Papá Noel trae agasallos aos nenos.
Camila seguía un pouco asustada ata que pensou:
- E, se sigo camiñando ata chegar ao final do bosque e antes de chegar me atopo máis animais e, así podo saber o que é o Nadal para mín ?
Camila seguíu camiñando disposta a saber que era o Nadal para ela.
De súpeto aparece un lobo famento e díxolle a Camila:
- Camila, que fas aquí polo bosque?
Camila díxolle un pouco asustada:
- É... é, é que me... me, perdín.
O lobo con intencións de saltar sobre ela díxolle:
- Hoxe, que comiches?
Ela respondeu:
- Ovos fritidos e ensalada.
- E ti, que comiches lobo ?
O lobo contestou: 
- Aínda non comín pero xa teño a cea lista.  
O lobo con gran destreza lanzouse contra Camila e caeu encima dela. Pero cun pau deulle na cabeza ao lobo e caeu xusto nunha pedra. Camila seguiu camiñando, e atopouse a unha nena perdida.
Camila díxolle:
- Nena qué é o Nadal para ti ?
A nena díxolle:
- O Nadal, para min, é cando os desexos dos nenos se cumpren.  
Camila axudou á nena a ir coa súa nai. A nena deulle as grazas.
Camila foise a súa casa mentres ia dicindo:
- O Nadal, para mín, é un día no que os dexesos dos nenos fanse realidade.

 

 

O NADAL QUE NON EXISTÍA (Xiana Cid-4º EP)

  Unha vez a un pobo moi  lexano chamado Pereiro de Aguiar chegou unha familia que tiña tres fillos. A maior chámase Elena, o mediano Xoel e a máis pequena Alba. Os pais eran moi agradables e bondadosos, igual que os fillos. Chegou o inverno e  faltaban dous días para celebrar o Nadal. Cando as xentes de Pereiro de Aguiar viron que facía a familia preguntaron:
     ­ - Pero, que facedes
- Estamos adornando para cando chegue  o Nadal- contestaron.
- Pero… que é o Nadal?-dixo un cidadán.
-É una festa que se celebra en decembro  o día 25. Esa noite PAPÁ NOEL trai regalos a todo o mundo.
-Aos maiores tamén?- dixo un velliño con caxato.
- Sí, aos maiores tamén –dixo Xoel.
-Para min o Nadal é un momento para pasar en familia- dixo Elena.
-Para min é conseguir mais xoguetes- dixo Xoel.
-E para nós é una divertida festa- dixeron os pais.
Todos os cidadáns axudáronlles a colocar os adornos, comprar unha árbore e decorala. A árbore máis grande estaba no centro de Pereiro de Aguiar onde todos podían vela.
A noite de Nadal todos ían polas casas a cantar panxoliñas. Reuníronse para cear xuntos e contar que é o Nadal para eles. Cando estaban ceando escoitouse un ruído na casa do alcalde e todos empezaron a berrar como tolos sobretodo o alcalde que estaba asustado porque cría que un ladrón estaba roubándolle. Pero a familia dixo en voz alta :
-Non hai que de que preocuparse , so é PAPÁ NOEL.
Todo o mundo relaxouse e o alcalde empezou a dar brincos de alegría porque estaba emocionado por ver o que lle deixara de regalos. Cando PAPÁ NOEL saíu da casa do alcalde dixo :
-Ho,ho,ho,feliz nadal a todos!!!!!!!
 Todos volveron as súas casas para ver os regalos que lles deixara.
  Pasou o inverno e a familia tivo que marchar. Todos os cidadáns de Pereiro de Aguiar déronlles as grazas por ensinarlles o que era o Nadal.

 


O espíritu do nadal (Paula Borrajo- 6º EP)

   A miña historia comenza en dous lugares ben distintos. O primeiro, nunha aldea de Galicia que se atopaba nunha alta montaña. Nela vivía un home moi vello, moi vello. A xente dos pobos do arredor non atinaban a saber a súa idade. Algúns dicían que tiña cen anos e otros que tiña máis. O único que sabían del era que se llamaba Ramón e que lle gustaba ler. Vivía soíño rodeado de fermosos carballos e soutos.

   Lonxe de alí, nunha aldea africana vivía un neno. Era un neno moi querido por todos, en especial polo seu avó que lle contaba fermosas historias das terras lexanas doutro continente que viñan naqueles libros que a xente branca lle deixara o ano anterior como agasallo de Nadal. Había un libro especial que vía mil veces e que trataba sobre o espírito do Nadal en Galicia e que nunha das súas follas tiña unha dedicatoria que puña:

 “ A ti, sexas quen sexas con agarimo este Nadal” e asinaba un tal Ramón Outeiro.

   Así, mentras o neno coidaba do rabaño de cabras e miraba con tristeza o única árbore sen follas que había, o vello Ramón coidaba con agarimo un pequeno piñeiro que nacera soíño en medio dos grosos carballos e que levara para a súa casa para protexelo do vento e das xeadas.

   E mentras os anos pasaban a árbore crecía igual ca o neno o cal non se lle saía da cabeza que tiña que marchar da aldea e buscar a Ramón Outeiro para devolverlle aquel fermoso libro.

   E seguían pasando os anos e o vello seguía igual de vello. O piñeiro xa era tan alto coma a casa e o neno xa se convertera nun mozo. A única pena que tiña Ramón era que aquela árbore non puidera converterse na árbore de Nadal mais fermosa do mundo e que alegrara a vida de todos pero es especial dos nenos. As súas festas de Nadal cada vez eran mais tristes por non poder compartirlas con ninguén. As do mozo, que me esquecín de dicir que se llamaba Hassan, non eran moito mellores así que, nun caloroso verán,  axudado polos homes brancos que de vez en cando visitaban a aldea decidiu coller as súas poucas cousas e marchar en busca do seu amigo.

   Hassan despois dunha longa viaxe e de moitas calamidades logrou chegar a aquela terra chamada Galicia. Percorría quilómetros e quilómetros pero non atopaba a Ramón. O Nadal acercábase e cada vez era mais difícil poder darlle ao seu amigo o seu agasallo.

   Camiñando e camiñando nunha noite moi fría, chegou a una casa de pedra onde había un alto piñeiro como aqueles que vira no libro iluminados de luz como se fosen as estrelas do deserto. Petou na porta e un vello, moi vello abriulle. Tras uns saúdos convidouno a pasar e quentarse. Mentras tomaban unha taza de caldo, Hassan comenzou a contarlle a súa vida en terras pobres, as súas peripecias da viaxe e sobre todo,  xa ao final, sacou da súa pequena mochila un pequeno libro o cal Ramón coñeceu deseguida enchéndoselle os ollos de bágoas. Era aquel libro que facía tantos anos enviara para os nenos pobres de Africa. Hassan non o podía crer. Os dous déronse un aperta moi forte e o espírito do Nadal encheu de luz aquela casa escura e os corazóns de dúas persoas que se atopan soas.

   Hassan devoveulle o libro a Ramón e este, a cambio, sacou dunha vella caixa de cartón fermosas luces de cores. Á mañá seguinte, o piñeiro movíase mais do normal coma se bailase de alegría. Por fin ía ser  a árbore mais bonita do Nadal!.  E así foi.

   A xente das aldeas comenzaron a vir para contemplalo. Viñan de todas partes pero o máis importante é que por primeira vez  tamén se acercaban e coñecían aquel home tan vello de barba branca.

   Hassan voltou a súa casa pero sempre regresaba no Nadal xunto ao seu vello amigo. Xa non estaban sós. Agora, o espíritu do Nadal chegara  aos corazóns dos aldeáns que compartían con eles non só o arranxo da árbore senón tamén a cea do dia de Nadal. Non facía falta saber que era cada un ou en que traballaban ou se tiñan cartos. O importante era estar xuntos, valorar a amizade  e compartir o pouco que cada un tivese. E todo isto iluminado pola luz do piñeiro que xa se fixera famoso en todo o mundo.

   Esta é a miña historia e tamén a de Ramón, Hassan e un piñeiro que cando eu era máis pequena visitei comprobando que o espírito do Nadal aínda existía alí.

   Só me quedou a dúbida de se aquel home vello, de barba branca e que mandaba libros aos nenos de Africa non sería o noso querido Papá Noel……





O SEGREDO (BELTRÁN SOUSA-6º EP)
-Imos Nico, esperta que temos moitas cousas que facer.
-Xa vou mamá.
Cando chegan as festas do Nadal na miña casa estamos todos moi nerviosos. Son unhas festas moi familiares, nas que cantamos panxoliñas, adornamos a casa, comemos pavo e imos pola rúa desexándonos Feliz Nadal.  Mais tamén, son unhas festas nas que botamos de menos aos nosos seres queridos.
Chámome Nico, teño nove anos pero mañá 24 de decembro cumpro dez.
Teño unha irmá pequena que ten catro anos e un irmán de sete. A miña nai chámase Marja e é finlandesa. Vivimos nun bonito pobo dos Alpes Suízos. O meu pai coñeceu a miña nai fai quince anos cando visitaba Helsinki, namoráronse e  a miña nai deixou todo para irse con el.
Un día pola noite dende a miña ventá vin unha estrela fugaz e a miña nai díxome que pedira un desexo. Non había algo que desexase máis que coñecer ao meu avó, o pai da miña nai e ese foi o meu desexo, cando cumprira dez anos: coñecer ao meu avó.  Por iso estas navidades ían ser especiais para min.  
Por fin chegou o día do meu aniversario;  estaba moi nervioso.  A miña nai non paraba de dicirme que me tranquilizase pero ela non sabía a razón dos meus nervios. A cea de Noite Boa transcurriu  coma sempre:  cantamos, bailamos ao redor da cheminea,  comemos o pavo... mais eu esperaba a alguén que non veu. Fúmonos á cama. Os meus irmáns soñaban cos regalos que deixaría Papá Nöel pero eu soñaba con coñecer ao meu avó. A noite era moi fría e ía moito vento,  quedei durmido . Un ruído forte espertoume . A ventá da miña habitación estaba aberta, levanteime e cando ía pechala algo no ceo chamoume a atención. Unha imaxe afastábase e deixaba unha estrela luminosa, non puiden ver con claridade que era e volvín á cama.
Á mañá seguinte fumos correndo ao salón para ver que deixara Papá Noël. Os meus irmáns non paraban de berrar de contentos,  abrían os seus regalos con moita ilusión pero eu só buscaba unha cara que non encontrei.  A miña nai levoume xunto á árbore de Nadal para que abrise  os meus regalos. Despois subín ao meu cuarto e tumbeime na cama. De súpeto algo chamou a miña atención. Un sobre vermello brillante estaba enriba da mesa.  Collino e no remite poñía: ” O teu avó Nicolás”.  Estaba tan excitado que non podía abrir o sobre. Tumbeime na cama e comenzei a ler a carta:
Querido Nico:
Sei que hoxe esperabas coñecerme pero  estou moi maior para viaxar dende Finlandia. Quero que saibas que anque non me viras nunca eu sei moitas cousas de ti: es deportista,   gústache moito o fútbol, coleccionas bechos , pelexas de cando en vez coa túa irmá pequena... A que é verdade?  Estou moi contento de ter un neto tan bo. Non quero que estés triste,  sei que algún día poderás verme,  viaxarás ti a Rovaniemi  e recuperaremos o tempo perdido.
Só che pido unha cousa. Non lle ensines a ninguén esta carta,  será o noso segredo. Non esquezas que te quero moito e que sempre estás nos meus pensamentos.
Unha aperta moi forte.
O teu avó Nicolás
A carta deixoume frío e moi pensativo. Quen deixara a carta no meu cuarto?  Por que quería que fose o noso segredo?
Despois de comer quedeime falando coa miña nai e pregunteille moitas cousas sobre o meu avó. Pola noite subín ao meu cuarto e abrín a ventá, non sei qué buscaba pero mirei ao ceo e berrei: “Adeus avó, non esquezas volver o próximo Nadal”. Pechei a ventá e deiteime. Era o neno mais feliz do mundo.
 

A fantasía do Nadal (Aldara Plasencia-6º ep)


Era  Nadal e un neno chamado Mario tiña ganas de que chegara a Noite Boa porque quería ver a Papá Noel. O venres pola mañá foi ao colexio.
-Ola, bos días amigo- dixo o mellor amigo de Mario chamado Carlos
- Ola compañeiro, sabías que mañá non hai cole?- dixo Mario moi contento
-Si, xa o sei- respondeu Carlos
- ¡Porque mañá e o día de Noite Boa!- dixo alegremente Mario
- ¡Ben, ha ha ha, ben, ha ha ha!- berraron.
Cando rematou o colexio, Carlos foi a casa de Mario. Chegaron, merendaron e puxéronse a falar:
- Carlos, que podemos facer despois de merendar?- preguntou Mario.
-Non sei, pero podíamos facer algo do Nadal- dixo Carlos.
-Xa sei, podemos escribir a carta para Papá Noel- dixo Mario moi contento.
- Vale,  remataches de merendar? – continuou Carlos.
-Sí, veña, imos ao meu cuarto- contestou Mario
   Subiron polas escaleiras e entraron no seu dormitorio. Mario colleu as tarxetas e escribiron. Carlos escribiu os agasallos que quería e Mario os seus. Despois fíxose tarde e Carlos tivo que marchar. Cando se foi, Mario rematou a carta. Ceou e deitouse.
No Polo Norte os trasnos recibiron  a tarxeta,  esta puña:
Ola Papá Noel:
Cando me traias os agasallos quérote ver.
Por favor, gustaríame que me trouxeras uns agasallos moi especiais.
 Un camión que teña música;  para a miña nai quería un MP4 (ela non o sabe, é sorpresa), a película de Brave e os agasallos que ti queiras.
Moitos bicos. Estarei esperando moi impaciente, e tamén dalle moitas grazas aos trasnos que sempre te axudan.
Mario Alvarado.
Pola noite catro trasnos foron a súa casa e entraron na súa habitación. Espertárono.  Mario, asustado, non sabía quen eran, pero lembrouse e preguntoulles
 
-Sodes os trasnos de Papá Noel?
-Si, temos que comentarche algo- respondeu un dos trasnos.
-Moi ben, que queredes dicirme? - dixo Mario.
-Papá Noel está en perigo,  secuestrouno O Rei dos Raios. - comentáronlle os trasnos.
Como el fora  o  primeiro neno en enviarlle a carta, tocáballe salvar a Papá Noel.
-E quen é O Rei dos Raios? – preguntou Mario sorprendido
-É un malvado que está celoso de Papá Noel porque aos nenos gústanlles os agasallos e os raios non - respondeu un trasno.
-¡Uaaaaauuuuu! - dixo Mario moi sorprendido
-Non hai tempo, veña ímonos - dixo un trasno
-Vale pero… pode vir un amigo meu?- preguntou Mario.
-Si, pero que  veña  axiña - dixo o trasno.
Saíron pola fiestra e montaron no trineo de Papá Noel. Como quen os leva o demo chegaron a casa de Carlos. Mario entrou na súa habitación, explicoulle todo e Carlos non o dubidou e marchou con eles. Saíron, e, a velocidade da luz,  foron ao Polo Norte. Chegaron a un castelo negro, feo e moi , moi grande. Un trasno dixo:
-Temos que entrar en silencio,  non podemos facer ningún ruído e se alguén ten medo… ¡quédase no trineo!
-De acordo- dixeron Mario e Carlos á vez.
   Entraron moi a modiño,  sen facer ruído.  Mario e Carlos seguiron aos trasnos. Chegaron ao calabozo e… alí estaba Papá Noel!
-¡Vindes a salvarme! - Berrou Papá Noel nada máis ver os trasnos.
- Quen son estes nenos?- dixo moi contento Papá Noel
-Si, vimos a salvarte, e estes nenos chámanse Mario e Carlos. Mario foi o primeiro neno en enviarche a carta, entón  elixímolo para axudarte, e Mario preguntounos se podía vir Carlos - contestoulle un trasno.
-Moi ben, agora sacádeme de aquí- dixo Papá Noel
Unha vez liberado, todos seguiron a Papá Noel.
-A onde imos? -preguntou Mario
-Imos ao seu laboratorio, ten os meus poderes- contestou Papá Noel.
 Foron ao laboratorio onde estaba O Rei dos Raios durmido. Entón un trasno entrou sen facer ruído e colleu os poderes.  Papá Noel volveu por fin a ter os seus poderes máxicos que tanta fama tiñan.
O Rei dos Raios espertouse e enterouse de que xa non tiña poderes. Papá Noel fixo uso dos poderes e desapareceron todos por arte de maxia, menos O Rei dos Raios, claro está.
Apareceron de súpeto no trineo. Papá Noel e os trasnos levaron aos nenos as súas casas.
-Ata logo Papá Noel -despedíronse Mario e Carlos
- Ata logo - dixo Papá Noel.
-Pasádeo ben -dixeron os trasnos.
Papá Noel e os trasnos  fóronse.  Mario meteuse na cama. De súpeto  espertou.Todo fora un soño. Mario levantouse e foi á cociña. A súa nai estaba facendo o almorzo e preguntoulle:
-Que che pasa Mario?
-Tiven un soño- respondeu Mario
-E de que trataba? - preguntoulle a nai
-Trataba do que é o Nadal para min
 Mirou pola fiestra e no xardín da súa casa había dúas marcas na herba que ben podían ser dun trineo…
Todo fora un soño?