miércoles, 21 de enero de 2015

ENCONTRO LITERARIO

Durante o que levamos de mes, os cursos de 5º e 6º de EP e os de Infantil-5 anos estiveron preparando a visita que hoxe, 21 de xaneiro, se fixo realidade, de Marcos Calveiro, un dos escritores galegos de máis sona no só por ter publicados unha enchenta de libros, senón tamén pola cantidade de premios que obtivo ata hoxe. Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa disposición e pola magnífica mañá que nos deu.

 Nunca unha galleta deu tanto xogo. Os de Infantil pasárono en grande!!!


A charla que despois lles deu aos de 5º e 6º foi toda unha lección de historia. Está claro que para escribir un libro hai que documentarse moito. O libro que leron ("O carteiro de Bagdad") é un claro exemplo.