lunes, 2 de febrero de 2015

ENCONTRO LITERARIO CON LEDICIA COSTAS

O martes, 27 de xaneiro tivemos outro encontro literario. Esta vez foi en Ourense onde coñecemos a Ledicia Costas, autora do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta". A verdade que foi, para toda a clase un dos mellores libros que lemos en galego e así llo demostramos á autora que quedou moi contenta co agasallo que lle tiñamos preparado: un xogo feito con ilustracións nosas sobre a historia e polo que había que pasar distintas probas ata chegar á meta.