viernes, 24 de abril de 2015

CONCURSO "RELATO CURTO" CONCELLO DE OURENSE
Véñense  de dar a coñecer os gañadores do Certame de Relato Curto organizado polo Concello de Ourense e estamos de noraboa pois na modalidade de 3º ciclo de EP a nosa compañeira Clara Inés levou o primeiro premio co seu relato titulado "As Burgas". Dende aquí queremos felicitala!!!

 
 
 
Velaquí o tedes:
AS BURGAS
Naquela visita a Ourense foi cando coñecín as Burgas. Estiven alí pola mañá, pero quedei tan embelesado que volvín aquela mesma noite.  Cando cheguei,  a luz branca da lúa facíame sentir un chisco de medo. De súpeto, cegoume un extraño brillo. Cando reaccionei, os meus ollos viron unha muller  fermosa xurdindo das augas, unha Ondina pensei. Miroume fixamente e díxome que me quedara con ela, que se sentía moi soa.  Asusteime e fuxín aterrorizado. Ao día seguinte deixei Ourense e regresei á miña cidade, pero desde entón non puiden deixar de pensar nela. Cada noite vía os seus ollos tristes mirándome e arrepentíame cada vez máis da miña fuxida. Pasaron moitos anos, ata que voltei a Ourense só coa esperanza de vela.  Pasei moitas noites nas Burgas ata que apareceu outra vez envolta no mesmo brillo extraño. E voltoume a pedir que me quedara con ela, que estaba moi soa e moi triste. Esta vez non dubidei, collinlle a man e entrei con ela na Burga para sempre. Entenderes agora que este papel no que escribo estea mollado.
                                                                       Clara Inés González Gómez
                                                                               (6º EP-Guillelme Brown)

Entrega do premio o 15 de maio: