O xoves 16 de maio celebramos no colexio o día das letras galegas. Ao longo do mes de maio traballamos, nas diferentes clases, aspectos relacionados coa biografía e as obras literarias de Antonio Fraguas Fraguas, escritor homenaxeado neste ano.
viernes, 24 de mayo de 2019
domingo, 7 de abril de 2019
CONCURSO ESTATUTO DE AUTONOMÍA
Parabéns a Xián Pérez Casares, Pablo Carro Prego e Clara Junco Rojas como gañadores na súa categoría do VI Concurso ofertado pola Deputación de Ourense para conmemorar o Estatuto de Autonomía, co lema "Os nosos concellos".
viernes, 8 de marzo de 2019
TRABALLOS PARA O III CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS
A MENSAXE FALSA (Ana Carro Prego)
A VIDA NA CADEA (André Pérez Casares)
A HISTORIA (Carlos Braquehais Rivero)
martes, 26 de febrero de 2019
DÍA DE ROSALÍÁ DE CASTRO
O domingo día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro.
No colexio, nas clases de lingua galega e plan lector falamos sobre a vida e a obra desta escritora tan importante, fixemos uns murais e lemos diferentes poesías.
martes, 19 de febrero de 2019
ENCONTRO LITERARIO CON IRIA MISA
O martes 19 de febreiro os alumnos/as de
5º de E.P. acudiron no Liceo de Ourense a un encontro literario con Iria Misa, autora
do libro "Mamá, quero ser Ziggy-Stardust".
Este libro aportounos unha visión distinta
sobre a importancia do respecto aos demais, da liberdade e da igualdade.
Grazas Iria Misa por escribir este libro!
DÍA DA AMIZADE E DO AMOR (14 de febreiro)
No noso colexio celebramos o Día do Amor e da Amizade dun xeito moi especial.
Os alumnos/as de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria tiveron a sorte de que os seus compañeiros de 4º, 5º e 6º leron e compartiron con eles diferentes lecturas de contos e lendas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)