jueves, 22 de marzo de 2012
Feliz día da poesía e da árbore!
jueves, 15 de marzo de 2012
GALICIA... SERGIO BERNÁRDEZ
Ai, Galicia
Querida Galicia, miña terra,
Sen oír o son dos teus ventos
Sei que me acompañas en viaxes, centas,
E paso moitas horas
Escoitando o bater das túas ondas.
Querida Galicia, miña terra,
Sen oír o son dos teus ventos
Sei que me acompañas en viaxes, centas,
E paso moitas horas
Escoitando o bater das túas ondas.
GALICIA... MARTA ÁLVAREZ
Galicia, o meu berce natural,
Énchesme, agárdasme, agóchasme,
Parece que cambias sempre
Pero sempre estás aí,
Arrolándome ardente,
Pasa o tempo e estás aí,
Arrolándome pendente,
Non me falta de nada aquí,
Porque cando me protexes,
Protéxesme dos malos, traicioneiros, dos que menten.
Énchesme, agárdasme, agóchasme,
Parece que cambias sempre
Pero sempre estás aí,
Arrolándome ardente,
Pasa o tempo e estás aí,
Arrolándome pendente,
Non me falta de nada aquí,
Porque cando me protexes,
Protéxesme dos malos, traicioneiros, dos que menten.
GALICIA... CARLA MOURIÑO
GALICIA... NICOLÁS SAGASTI
A Galicia vai adicado
Que con toda a alma e corazón
Eu fágoo.
Que ninguén conta se deu
Desta terra que incrible e
Magnífica é.
Onde todos son felices,
Que non necesitan nada e
Todo teñen.
Grande terra de cultura mais
Pouco a teñen valorada
Sen nada a faltar.
Que con toda a alma e corazón
Eu fágoo.
Que ninguén conta se deu
Desta terra que incrible e
Magnífica é.
Onde todos son felices,
Que non necesitan nada e
Todo teñen.
Grande terra de cultura mais
Pouco a teñen valorada
Sen nada a faltar.
A GALICIA!... PABLO DE LA TORRE
Se o espertar de Galicia xa pasou,Por que seguimos a ser uns catetos
Sempre vestidos con boina e refaixo?
Son os tópicos dun lugar os que
Máis tempo precisan para poder,
Tras un longo tempo, desaparecer.
Impidamos a recepción de mofas,
Todas elas primitivas e erróneas;
Xa que só desmostran as súas envexas.
GALICIA... ALBA MOURENZA
Miña terra benquerida e amada
Lonxe de ti os días tristemente pasan.
Esperando coller os camiños que non sei onde andan
Para chegar a ti sempre tan ilusionada.
Preto de ti sinto a túa frescura
E mais a calor da túa xente
Que sempre a levo na miña mente
Sen esquecer nunca a túa fermosura.
Lonxe de ti os días tristemente pasan.
Esperando coller os camiños que non sei onde andan
Para chegar a ti sempre tan ilusionada.
Preto de ti sinto a túa frescura
E mais a calor da túa xente
Que sempre a levo na miña mente
Sen esquecer nunca a túa fermosura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





