jueves, 22 de mayo de 2014

CONCURSO DE RELATOS CURTOS DO CONCELLO DE OURENSE

Primeiro premio para André Ojea que foi recollido no Concello. NORABOA!!!




A temática era sobre as lendas galegas. Aquí poñémosvos a que escribiu André:

OS CATRO REIS

                   Conta a lenda que na Idade  Media houbo dous imperios; Os Narnios, e Os Mariños.Os Narnios tiñan catro reis: Pedro,Emilio, Susana e Lucía.
Nunha batalla, os mariños conquistaron  a cidade dos narnios . Os reis fuxiron  e refuxiáronse no bosque para salvarse daquela batalla. Ao vencer os mariños, o seu rei Breogán  aposentouse no trono dos fuxidos reis.
                   Os cidadáns narnios que sobreviviron fuxiron ao bosque e alí topáronse cos seus reis. Decidiron construír unha gran cruz feita de madeira coas árbores do bosque. En cada punta da cruz fixeron un  trono para cada rei.
                   Unha noite de treboada,  presentáronse ante as murallas do Castelo, que antes lles pertencía, coa cruz iluminada con numerosas velas. Cando se puxeron ante a porta un raio caeu rompendo en dúas metades a torre onde se atopaba Breogán. Os mariños  entenderon aquelo como bruxería e decidiron fuxir sen loitar.

                    A lenda conta que non se soubo nada máis daquel rei, pero que algúns días de treboada vese no ceo un home fuxindo dunha cruz……...

(André- 5º EP)

lunes, 19 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS-2014


 Xosé María Díaz Castro

Durante a semana das Letras Galegas moitas foron as actividades que se fixeron na aula. Aquí poñemos algunhas. A ver se vos gustan...









PROGRAMA PARA O DÍA 16 DE MAIO








Dende Italia, os alumnos e alumnas da ESO tamén quixeron participar da festa do colexio e enviaron o baile que executaran no festival entre os diferentes países do Comenius.


https://www.facebook.com/photo.php?v=10203003557064221

miércoles, 9 de abril de 2014

EXPOCIENCIA 2014

Na Expociencia do Colexio (este curso foi a XIII edición) o tema que se tratou foi o da auga. Dicir dende aquí que unha vez máis acadouse un éxito enorme neste evento que ano tras ano vai a máis. Moitos foron os traballos expostos por todos os grupos, dende Infantil ata a ESO. O Departamento de Galego contribuíu coa elaboración dunha maqueta sobre un muíño de auga. Nas seguintes fotografías veremos o proceso levado a cabo por alumnos de 1º e 2º da ESO.






jueves, 27 de marzo de 2014

As nosas lecturas

Ola amigos e amigas: Imos empezar unha sección na que iremos poñendo libros que lemos en galego e que vos poden servir de recomendación para as vosas lecturas.
ÁNIMO E ... A LER MOITO!!!!


















miércoles, 27 de noviembre de 2013

FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

O 20 de novembro, os cursos de 5º e 6º de EP fomos ver a película "O Apóstolo" de Fernando Cortizo e que relata como un convicto fuxido do cárcere intenta recuperar un botín agochado nunha aldea. Algún pasou por momentos de medo e tensión pero todos coincidiron en que lles gustou moito a proxección. Tamén o director deu unha charla de como fixo a película e das dificultades que tivo para poder levar a cabo as escenas da mesma. A verdade que foi moi interesante saber o complicado que é facer cine de animación. Dende aquí queremos darlle a noraboa e as grazas a Fernando.