miércoles, 25 de mayo de 2011

Só queda agradecer...

Agradecer a toda a comunidade educativa do Guillelme Brown o seu apoio, facendo do Día das Letras, Lois Pereiro, un día moi especial...
Pais, nais, profesores, coidadores, persoal de comedor e... o máis importante... os rapaces e rapazas!!

Moi en especial os alumnos de 3º e 4º da ESO...

Mil bicos e mil primaveras máis...

Galicia é...
a.    Auga. Aire.  A árbore onda a árbore, e a alegría do espazo. A Alma é o Atlántico.

b.    Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Borde do Bosque omnipresente.

c.    Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

d.    Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

e.    Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo Este cara a Europa, polo mar cara ao Éxito, e sempre cara ao eterno Estrañamento do espírito.

f.   Fogo de fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O  Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá…

g.    Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda o xemer das Gaitas.

h.    Historia: Herbicida do olvido. A Humidade, o “Horror vacui” e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo.

i.    Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

j.    Sonido oriental. Rotundidade sureña.

k.   Kilowatios por terra asolagada.

l.    Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

m.  Lega mortos o Misterio da Música, pero o Miño vai levando ese Misterio ao Mar.

 n.     Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

ñ.    Nh/ gn/ ñ.

o.    Oeste: “Galicia atende e obedece á chamada do Oeste” (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Olvido crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo.

p.    Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos na nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. Paisaxes dispersas. Paixón e Poses “punk”, reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbanos da noite.

q.    Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

r.   Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas.

s.    O Son da Soidade e o Silencio.

t.    Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras.

u.    Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

v.    Vacas en Vales mollados.

w.    Whisky: noite urbana. ¿Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus?

x.    25 de Xullo*.

y.    yeah

z.    Fin
          
  Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (Por exemplo)

martes, 24 de mayo de 2011

Semana das Letras Galegas

Durante a semana do 16 ao 20 de maio moitas foron as actividades realizadas polos distintos cursos en homenaxe á nosa lingua e a Lois Pereiro, por suposto. Este é o programa e algunha fotos lembrando os momentos magníficos que pasamos.
























jueves, 19 de mayo de 2011

POR SEMPRE... LOIS

Conseguiches o que querías desta vida?

Conseguino

E que queíras?

Considerarme amado, sentirme amado na terra.

martes, 17 de mayo de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Defendámonos caladamente, con furia ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis, porque os ataques están sendo máis sutís, máis cheos de argumentos, de falsa erudición, en nome do Progreso ou dunha incerta Irmandade Universal que só avanza cara á uniformidade tecnolóxica.

domingo, 15 de mayo de 2011

LOIS... SEMPRE!!!

O pasado apodrece baixo a terra
E o presente non flúe,
É un río morto.
Pero esta vez non haberá resurrección
E o futuro é por forza alleo a min.


sábado, 14 de mayo de 2011

DE LOIS A ELA...

A Ti, única desde por e para sempre, fagas o que fagas, ou esteas onde esteas

Para Ela, que me reanudou ser dor entre poemas; todo o que podo e que aínda teño

Por Ela, Ela e Ela,
Á miña beira sempre, e eu nelas

A a todas Elas, as que foron, son e serán obxecto e causa deste amor que resucita ilimitado.

viernes, 13 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO... LETRAS 2011

Que a vida non me sorprenda xamais
Desprevenido calado e neutral
E que un segundo antes de renderme
Vaia tamén comigo a imaxe do que fun cando era outro.

miércoles, 11 de mayo de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

MUNDO LOIS

A man dereita á dereita do meu corpo
A man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
Teño a cabeza no centro do mundo
E voulle cambiando os argumentos
GOZAREMOS DA SÚA POESÍA E DO SEU VENTO O VENRES 20 DE MAIO...
ATRÉVESTE???
Ós meus soños escasos e prudentes.

lunes, 9 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO NO NOSO UNIVERSO

Nun cálido universo apaixonado
Voume dosificando con usura,
Ata que chegue a hora de voltar,
Canso e feliz,
Ó punto de partida.