jueves, 22 de marzo de 2012
Feliz día da poesía e da árbore!
jueves, 15 de marzo de 2012
GALICIA... SERGIO BERNÁRDEZ
Ai, Galicia
Querida Galicia, miña terra,
Sen oír o son dos teus ventos
Sei que me acompañas en viaxes, centas,
E paso moitas horas
Escoitando o bater das túas ondas.
Querida Galicia, miña terra,
Sen oír o son dos teus ventos
Sei que me acompañas en viaxes, centas,
E paso moitas horas
Escoitando o bater das túas ondas.
GALICIA... MARTA ÁLVAREZ
Galicia, o meu berce natural,
Énchesme, agárdasme, agóchasme,
Parece que cambias sempre
Pero sempre estás aí,
Arrolándome ardente,
Pasa o tempo e estás aí,
Arrolándome pendente,
Non me falta de nada aquí,
Porque cando me protexes,
Protéxesme dos malos, traicioneiros, dos que menten.
Énchesme, agárdasme, agóchasme,
Parece que cambias sempre
Pero sempre estás aí,
Arrolándome ardente,
Pasa o tempo e estás aí,
Arrolándome pendente,
Non me falta de nada aquí,
Porque cando me protexes,
Protéxesme dos malos, traicioneiros, dos que menten.
GALICIA... CARLA MOURIÑO
GALICIA... NICOLÁS SAGASTI
A Galicia vai adicado
Que con toda a alma e corazón
Eu fágoo.
Que ninguén conta se deu
Desta terra que incrible e
Magnífica é.
Onde todos son felices,
Que non necesitan nada e
Todo teñen.
Grande terra de cultura mais
Pouco a teñen valorada
Sen nada a faltar.
Que con toda a alma e corazón
Eu fágoo.
Que ninguén conta se deu
Desta terra que incrible e
Magnífica é.
Onde todos son felices,
Que non necesitan nada e
Todo teñen.
Grande terra de cultura mais
Pouco a teñen valorada
Sen nada a faltar.
A GALICIA!... PABLO DE LA TORRE
Se o espertar de Galicia xa pasou,
Por que seguimos a ser uns catetos
Sempre vestidos con boina e refaixo?
Son os tópicos dun lugar os que
Máis tempo precisan para poder,
Tras un longo tempo, desaparecer.
Impidamos a recepción de mofas,
Todas elas primitivas e erróneas;
Xa que só desmostran as súas envexas.
Por que seguimos a ser uns catetos
Sempre vestidos con boina e refaixo?
Son os tópicos dun lugar os que
Máis tempo precisan para poder,
Tras un longo tempo, desaparecer.
Impidamos a recepción de mofas,
Todas elas primitivas e erróneas;
Xa que só desmostran as súas envexas.
GALICIA... ALBA MOURENZA
Miña terra benquerida e amada
Lonxe de ti os días tristemente pasan.
Esperando coller os camiños que non sei onde andan
Para chegar a ti sempre tan ilusionada.
Preto de ti sinto a túa frescura
E mais a calor da túa xente
Que sempre a levo na miña mente
Sen esquecer nunca a túa fermosura.
Lonxe de ti os días tristemente pasan.
Esperando coller os camiños que non sei onde andan
Para chegar a ti sempre tan ilusionada.
Preto de ti sinto a túa frescura
E mais a calor da túa xente
Que sempre a levo na miña mente
Sen esquecer nunca a túa fermosura.
Poema a Galicia... MIGUEL MATA
GALICIA, TERRA BELA
Eu, como alemán en Galicia entrei
Eu, como moi pequeno que era non me fixei
Na preciosa terra, terra fértil,
Galicia, terra bela.
As súas pradeiras,
Os seus gandos,
Os seus montes,
Galicia, terra bela.
Parece que ten vida
Dorme polo día
E esperta pola noite
Vixía que os galegos durman,
Galicia, terra bela.
Eu, como alemán en Galicia entrei
Eu, como moi pequeno que era non me fixei
Na preciosa terra, terra fértil,
Galicia, terra bela.
As súas pradeiras,
Os seus gandos,
Os seus montes,
Galicia, terra bela.
Parece que ten vida
Dorme polo día
E esperta pola noite
Vixía que os galegos durman,
Galicia, terra bela.
martes, 6 de marzo de 2012
Os alumnos de3º e 4º homenaxean ao carro!
Grandes coñecedores da etnografía galega, o alumnado de secundaria quixo facerse unha foto nas cortes da casa de Trasalba cun dos elementos máis emblemáticos da tradición gandeira e agrícola galega... E de paso agradecerlle ao profesor de galego dos primeiros anos as súas ensinanzas! Vai para ti, Xosé!
Visita á Casa de Otero Pedrayo e á fervenza do Viñao
3º e 4º de Secundaria fomos de visita. A primeira parada foi a casa familiar de don Ramón Otero Pedrayo, onde se conservan os seus libros, o seu despacho intacto, os mobles, os xardíns... e a xoia de Otero: o mapa de Galicia de Fontán. Pero hai outros habitantes que fixeron as delicias da nosa saída: coellos, poldros, ocas e galiñas que se deixaron acariñar.
Temos que agradecer a Susi, a coidadora e guía da casa, todas as súas explicacións e o grato momento que nos fixo pasar. Despois dun pequeno paseo polos xardíns, e de comer as laranxas doces da solaina, seguimos camiño cara ao Formigueiro. Nesta pequena aldea, con forma circular e con tumbas antropomórficas, observamos a capela con moito detenemento, grazas ás explicacións de Jordi. Alí na fachada está unha pedra bonita, con figuras zoomórficas e vexetais.
Despois, fomos cara ao Viñao, para comer ao pé da fervenza do río Barbantiño... Quedamos con moitas gañas de volver!...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)