martes, 6 de marzo de 2012

Visita á Casa de Otero Pedrayo e á fervenza do Viñao

3º e 4º de Secundaria fomos de visita. A primeira parada foi a casa familiar de don Ramón Otero Pedrayo, onde se conservan os seus libros, o seu despacho intacto, os mobles, os xardíns... e a xoia de Otero: o mapa de Galicia de Fontán. Pero hai outros habitantes que fixeron as delicias da nosa saída: coellos, poldros, ocas e galiñas que se deixaron acariñar.
Temos que agradecer a Susi, a coidadora e guía da casa, todas as súas explicacións e o grato momento que nos fixo pasar. Despois dun pequeno paseo polos xardíns, e de comer as laranxas doces da solaina, seguimos camiño cara ao Formigueiro. Nesta pequena aldea, con forma circular e con tumbas antropomórficas, observamos  a capela con moito detenemento, grazas ás explicacións de Jordi. Alí na fachada está unha pedra bonita, con figuras zoomórficas e vexetais.

Despois, fomos cara ao Viñao, para comer ao pé da fervenza do río Barbantiño... Quedamos con moitas gañas de volver!...

No hay comentarios:

Publicar un comentario