viernes, 24 de febrero de 2012

O AMOR E TI

Para min o amor é… algo que hai que vivir, é dicir,  a miúdo podemos ver á xente nova (máis ou menos da miña idade), tendo relación con outras mozas ou mozos, e de súpeto,  parecen máis maduros. Eu sei que non ten nada que ver, pero síntome como se fose un cativo por non ter relación, por iso para min o amor pode ser “un sinal” de madurez.
Marco Schettino

O amor é para as persoas
Como o lacón é aos grelos.
                        Pablo de la Torre

O amor é oma o alcohol: cando o bebes sénteste coma un deus… pero sempre vén a resaca.
Pablo Fernández

Para min o amor non é máis ca parvadas de dúas persoas.
María Gómez

O amor é coma unha mazá infestada por vermes: preciosa por fóra, pero noxenta por dentro.
Rodrigo E. Masid

Quérote moito,
como a troita ao troito.
                        Carla Mouriño

Estar sen ti é como nun día de feira comer o polbo con garfo.
                        Marta Álvarez

O amor é como o carbón na lareira,
E a amargura é como o leite no pantano.
                        Miguel Mata

O amor sen ti é como comer as patacas sen sal.
                        Alba Morenza

Por unha mirada, un ceo;
Por un sorriso, un mundo;
Por un bico... non sei que daría por un bico teu,
Porque morro sen ti
E só vivo estando xunto a ti.
                        Sergio Bernárdez

No hay comentarios:

Publicar un comentario