jueves, 22 de mayo de 2014

Un regalo moi especial!!!

Hoxe unha alumna de 3º de EP, Nuria, tróuxonos ao colexio a obra completa de Xavier Prado Lameiro, o seu tataravó. É unha honra para nós poder ampliar a nosa biblioteca de escritores galegos e galegas con ela. Moitísimas grazas a Nuria e a súa familia.


Xavier Prado Rodríguez, bautizado como Javier David Leoncio Prado Rodríguez e máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro, nado en Ourense o 12 de setembro  de 1874 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1942, foi un veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala. (Galipedia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario