martes, 30 de diciembre de 2014

CONCURSO LITERARIO "TERRAS DE AGUIAR-2014"
 Este ano obtivemos dous premios na categoría de 11 a 15 anos. O primeiro foi para o relato de Paula Álvarez  Borrajo (2º ESO) e o segundo para Clara Inés González Gómez. Xa son varias edicións nas que estas alumnas gañan e dende aquí xa lles auguramos un fermoso futuro literario. NORABOA!!!!



O DERRADEIRO RECORDO (1º premio)

   Unha vez máis volvo á aldea despois dunha longa viaxe. É Nadal e fai frío. A neve cubre as altas montañas tinguindo todo dunha cor branca e negra que semella a esas películas antigas que ollamos de vez en cando no televisor.
   Volvo á casa do avó Xosé aínda que el xa non recorda tan sequera o seu nome. Os recordos mudaron da súa memoria fai xa uns poucos anos. Entro, e alí coma sempre, a carón da lareira, atópase sentado  mirando o lume. Achégome pouco a pouco e doulle unha aperta. Entón, abre os ollos, xa agora cansos, e mírame coma si fora a primeira vez o mesmo tempo que as súas mans collen as miñas con forza como facía eu de pequena cando me levaba a escola. Cun sorriso pregúntame, “¿sabería vostede, señorita, si se atopa a pomba branca no carballo?”. Contéstolle que si, que está posada na verde póla , camuflada entre a neve e a noite e, deseguido, érguese con pasos lentos ata a xanela e ollando di en voz alta, “si, alí está” para de novo volver o seu mundo de silencio.
   Doume conta que xa non sabe quen son pero sinto unha gran alegría o saber que a súa vella historia sigue no seu recordo.
   Estas poucas palabras entre o avó e mais eu lévanme a rememorar, coma si de un conto se tratase,o que de nena me contou e que falaba dunha xuventude chea de desexos e perdas. Non é unha historia calquera. É a historia do meu avó, Xosé…
   Fai moitos anos, nunha noite fría e escura coma a de hoxe, un mozo aposto e un pouco desarrapado, ia chamando porta por porta pedindo un lugar onde durmir. Estas, pechábanse unhas tras outras ata que a vella señora Caridade compadeceuse e deulle cobizo. O seu nome, era reflexo do que ela era.
   Durante os primeiros días, Xosé, ocupábase das tarefas que a pobre vella xa non podía realizar. Cortaba leña, levaba o gando a pacer, traballaba as terras….A cambio, recibía comida e sobre todo amor. Ese amor de nai que nunca tivera e que sempre desexara.
   A medida que o tempo pasaba, a xente foi coñecendo un pouco máis a este vagabundo que soñaba con viaxar, coñecer novos lugares e o cal lle gustaba a pintura e a poesía. Así, de seguido, foi tachado polos aldeáns coma un home estraño, froito da incultura que alimenta o odio dos que a sofren.Pero,tan só era un home solitario o que lle gustaba pintar soidades  o, simplemente, o voo dos paxaros cando esmagan o seu peito contra o vento da maña o das súas sombras aladas escondéndose da lúa.
   Unha tarde o caer o sol, Xosé, atopábase sentado na herba observando como un vello carballo bailaba o son do vento. De seguida notou que alguén o miraba. Era una nena, aínda non moza, de ollos azuis , pel moi branca e una longa trenza loura que semellaba as espigas de trigo de aquelas terras que una vez abandonara.
   María, que así se chamaba a nena, foise achegando pouco a pouco.  Primeiro asustada, logo timidamente e, dende ese intre, Xosé e ela convertéronse nunha soa persoa.
   A este mozo, poeta ,gustáballe amosar á rapariga aqueles libros que eran o seu único equipaxe na vida. María,oía embelesada aquelas historias que falaban de aquel outro mundo que se atopaba mais alá das montañas, das fraguas e dos fríos regatos e así, pasaba horas e horas calada observando coma aquel vello pincel debuxaba o que só Xosé podía ver das paisaxes.
   Este, preocupouse de que María aprendera a ler e para esa, xa era una fermosa moza que, igual que o seu amigo, desexaba coñecer mundo, viaxar, velo mar e voar coma aquelas aves que Xosé lle amosaba no seu longo rumbo ata terras quentes.  A cultura e o saber estaba abrindo novos camiños na vida de María o tempo que  pechaba o corazón, de quen se convertera no seu protector, ante un posible adeus.
   Cada tarde, de cada día do ano, os mozos xuntábanse baixo o carballo a observar a fermosura da paisaxe na que ninguén da aldea reparaba.        María, non só aprenderá a ler se non que tamén aprendera a apreciar o son do silencio e distinguir, a través da pintura, as cores da primavera, a tristeza do outono ou o estoupido de alegría do verán….
   E así, de súpeto, chegou o dia no que Xosé esperou e esperou a María pero ,esta, nunca apareceu. A tristeza apoderouse do corazón do mozo o comprender que ela voara mais alá das escuras montañas coma unha vez fixera el.
   Coa marcha de María, Xosé volveu a sentir o significado da palabra soidade e, ese verán , pintou de memoria o cadro dunha nena loura, de pel coma a neve que levaba nas súas mans unha pomba branca .Dende esa non deixou de volver o vello carballo no que, cada mañá e cada tarde, de forma misteriosa, pousábase unha fermosa ave coma a que pintara uns anos atrás.
   A xente da aldea o decatarse deste feito comezou a dicir que era o espírito de María e, aquela historia sinxela dun mozo e unha nena que logrou ver no interior do seu amigo un mundo marabilloso e cheo de sensibilidade artística e tenrura case feminina, converteuse en lenda.
   Despois de isto, o avó casou e formou o seu propio fogar e, a pesar de ser feliz, nunca esqueceu a aquela nena. Aínda que sabía que non volvería,  aquela soidade e silencio que o invadiu durante moito tempo, axudouno a romper as cadeas dos seus sentimentos derramando bagoas de desolación.
    Hoxe, ese home xa non sabe ler, nin escribir e recitar versos. As súas mans esqueceron coller o pincel pero na súa memoria, cando mira aquel cadro da nena e a pomba, algo lle di que o seu pintor unha vez foi mozo e tivo sentimentos puros.
   Volvo a realidade…Miro pola xanela e xa non vexo a pomba branca se non a alma de María despedíndose para sempre. Entre tanto, o avó durme no seu sofá alleo a ese mundo de sombras que agora o invade. De cando en cando esperta, sorrí e mirándome di, “¡María, por fin as volto! ….

   Isto é o único que queda na caixa de recordos do avó. O alzheimer,  levouse os nomes, as imaxes e ata os bicos e agarimos que un día compartimos pero deixándome, coma herdanza, esta historia que, me ensinou a ser libre,a empezar unha nova vida deixando outra atrás, a aprender cá poesía é algo mais que palabras soltas e a pintura non é só unha mestura de cores e que,pode borrarse incluso unha vida da memoria pero nunca os seus sentimentos.

   Este relato persoal que outros converteron na “Lenda da Pomba Branca” serve para non esquecer nunca que, “estes pequenos detalles e os poucos recordos son os que nos axudan a cultivar as flores do inverno das nosas vidas”…Para o avó, agora xa sempre é inverno e por iso debo intentar ser a raiola de luz que ilumine as flores que xa non pode coidar no xardín da súa vida.
(Paula Álvarez Borrajo)


Eu son unha nena que reparte palabras polo mundo (2º premio)

Eu son unha nena que reparte palabras polo mundo. De onde credes que veñen palabras como amor, amizade, xustiza e igualdade…? Todas teñen a súa historia. Veredes.
Todo comezou cando chegou á nosa clase un neno novo, Zayed. Zayed viña de Siria, segundo nos contaron os mestres. Eu non podía apartar a vista del porque era moi diferente a todos nós: tiña a pel dourada, os ollos negros e destacaban moito os seus beizos polo contraste que facían coa súa pel.  Pero o que máis me chamaba a atención é que sempre estaba escribindo en follas de papel de cores que gardaba coidadosamente no seu arquivador. Para mín era algo fascinante.
Un día no recreo, armeime de valor e pregunteille que estaba escribindo. Non me contestou, só me mirou, pero non dixo nada.
“Ao mellor ten vergoña, pensei eu, ou non quere falar comigo”
Todos os días intentaba acercarme á súa mesa xusto cando estaba escribindo, tamén nos intermedios entre clase e clase, pero cada vez que notaba que eu andaba preto, el escondía as follas, as tapaba coa man ou poñíalle enriba un libro. Isto de agochar o que facía fixo que aumentara aínda máis a miña intriga polo novo compañeiro e o que escribía naquelas follas de cores con catro buratiños.
Á seguinte semana desde a súa chegada ao colexio, volvín a intentar falar con Zayed, pero igual que as veces anteriores, tampouco me fixo caso, foise sen siquera mirarme. A verdade, estaba empezando a preguntarme se o que pasaba era que eu non lle caía ben. 
Unha daquelas tardes cando volvín á casa, conteille á miña nai a historia de Zayed. Realmente eu tiña moi pouco que contar, faleille máis ben da miña curiosidade e de que el me esquivaba continuamente. A miña nai díxome que posiblemente Zayed se estaría adaptando ao seu novo colexio, ás clases, á cidade, á xente, e que tamén podía ter vergoña por non falar aínda ben o galego. Tamén me estivo contando que en Siria había unha guerra terrible: bombardeos, xente morta e ferida, moitas persoas deixando os seus fogares e fuxindo sen nada, para non morrer. Díxome que iste era o caso de Zayed, que el e a súa familia tiveran que escapar para poder salvar a vida. 
Todo o que me contou a miña nai era certo porque despois busquei información no ordenador sobre iso e alí estaban aquelas historias e aquelas imáxenes que me deixaron impresionada.  Quedeime pensando en Zayed, bueno en Zayed e en min. Se no meu país houbera guerra e eu tivera que escapar a un país lonxano, seguramente tampouco tería moitas gañas de falar cunha rapaza curiosa e pesada coma min.
A verdade e que despois daquela conversa coa miña nai,  ao día seguinte mirei a Zayed doutra maneira. Non sabería explicalo, pero de pronto souben que era o momento de volver a intentar acercarme e falarlle. Así que de novo me armei de valor, fun onde el se encontraba  e antes de que se fóra, conllinlle o brazo  para que me dixera algo. Entón foi cando escoitei a súa voz por primeirra vez.
- Ola –dixo co seu acento.
- Que tal estás? Eu chámome Marta. Xa sei que ti te chamas Zayed. Se queres podemos ser amigos – contesteille eu, falando moito e moi depresa coma sempre fago. 
-Si, se ti queres podemos ser amigos, non teño moitos amigos por agora.
Cando escoitei que me dicía que si, púxenme moi contenta. Inmediatamente me lancei a preguntarlle que facía coas palabras, porque andaba a escribir continuamente nesas follas de cores con catro buratiños.
-Que escribes nesas follas de cores?
Zayed contoume que o seu país estaba en guerra, que tivera que fuxir coa súa familia porque todos os días  bombardeaban a cidade na que vivían, que levaba case un ano sen asistir ao colexio, que a el o colexio era o que máis lle gustaba do mundo porque se aprendían moits palabras…
Estaba a punto de descubrir aquel misterio que tanto me intrigaba.
- Si, nas follas escribo palabras que sinto ou recordo. Non escribo frases. Non, só escribo palabras soltas, palabras fermosas esparcidas polas follas. Despois, adórnoas con debuxos, liñas, trazos...  e gárdoas no arquivador. Non, non son palabras correntes, son palabras especiais –dixo, baixando a voz coma se empezase a decirme algún gran segredo.
- Son palabras especiais? –pregunteille eu, tamén falando baixiño.
- Si –dixo cada vez máis baixo.- Se ti lle dis as miñas  palabras á xente, ocorren cousas boas.
De pronto Zayed levantouse e marchouse, deixándome coa boca aberta, tratando de entender que quería dicir, a que se refería ao falar de que as súas palabras eran especiais, que se llas dicías á xente, ocorrían cousas boas.
Aquela noite non puiden durmir case nada, dándolle voltas e máis voltas ao que quixera dicir Zayed.
Ao día seguinte, no recreo ensinoume algunhas das palabras que tiña no seu arquivador. Eran tan fermosas! E o certo é que as palabras de Zayed, éranme ben coñecidas. Amor, paz, amizade, xustiza...pero ao velas alí escritas, rodeadas daqueles adornos tan especiais que lles debuxaba Zayed, algo me chegou ao corazón, aínda que no podía saber ben o que era.
-Estas que ves aquí son só as de hoxe. Teño centos delas neste arquivador. Hai tantas palabras fermosas...a xente non sabe cantas hai de verdade- dixo suspirando.
-E como se che ocorren tantas palabras diferentes dun día para outro?- quixen saber.
-Eu leo moito, en moitos libros diferentes –respondeume.
Bueno, era unha resposta, pero parecíame a min que non era toda a verdade sobre o que facía porque a min tamén me gusta moito ler e leo moito, pero non se me ocorren tantas palabras en tan pouco tempo. Tiña tantas que a min me levaría escribilas cando menos tres anos, pero il as escribira só nos catro meses que levaba no noso colexio. Era asombroso.
- Hai algo máis, verdade? –atrevinme a preguntarlle.
Quedouse moi serio.
- Cando leo unha palabra fermosa, teño que escribila. Escríboa nunha das miñas follas,e a decoro. E xa está.  
Zayed levantouse do banco no que estabamos sentados e fíxome un sinal coa cabeza de ata maña.
Ala, outra noite sen durmir, outra noite dándolle voltas ás palabras de Zayed. Eu non entendía nada, así que ao día seguinte, antes de entrar no colexio, fun correndo a onde se encontraba o meu amigo e empecei a preguntarlle sen parar: una pregunta, outra, outa, outra... tantas que ao pobre Zayed, por moito que o intentaba, non lle daba tempo a contestar ningunha porque a miña presa non o deixaba.
- Cala un pouco! Os de aquí sodes moi impacientes –díxome Zayed, poñendo un dedo nos seus beizos para indicarme silencio-. Se queres, esta tarde, ao saír do colexio podo ensinarte como o fago.   
O día fíxoseme longo coma poucas veces na miña vida. Por fin chegou a hora da saída. Zayed estábame esperando xunto a cancela do patio. Empezou a camiñar diante de min.  Eu camiñaba uns pasos por tras del. Por fin ia aprender o misterio das palabras fermosas.
Chegamos á beira dun contedor de lixo, o de cor verde, orgánico. Zayed sentouse no bordillo da beirarrúa. Esperamos os dous. Bueno, aínda que esperabamos os dous, só il sabía que era o que esperabamos.
De non sei ben onde apareceu unha muller ás nosas costas. Ía mal vestida, parecía agotada, estaba moi delgada e tiña a mirada máis triste que nunca vira.  Sentouse no banco que estaba preto de nós.
Entón Zayed sacou o seu arquivador e foi pasando as follas e dicindo palabras en voz alta, unha tras outra. Ao principio a muller parecía que non se decataba, pero enseguida comezou a fixarse en  Zayed. A escoitalo con atención. Pouco a pouco foi mudando a súa cara, erguendo os ombreiros, avivando os ollos, perdendo a tristeza.  Estaba coma hipnotizada polas palabras que  Zayed sacaba do seu arquivador, polo seu ton. Cando Zayed acabou de dicir as súas palabras, a muller desprendía unha ledicia dolce e forte, e na súa cara debuxábase un sorriso amplo e contaxioso.
Quedei abraiada. Non podía crer o que acaba de pasar diante de min. Así que ese era o segredo de Zayed, o poder das palabras fermosas para devolverlle a ledica e o sorriso á xente.
Desde aquela, Zayed e máis eu saimos case todas as tardes a buscar xente triste e a lerlle as palabras gardadas nos arquivadores. As cousas cambiaron desde que somos amigos: agora xa me deixa mirar o que fai e ata as veces déixame escribir algunhas palabra nas súas follas de cores de catro buratiños. Iso sí, decorar, as decora el, eses debuxos maravillosos que fai arredor das palabras son cousa súa.
Cada vez gustábame máis o que facía Zayed. Ata que un día decidín empezar a escribir as miñas propias palabras. Máis ben no meu caso, son desexos. Eu escribo desexos, tamén en follas de cores con catro buratiños, como as de Zayed. Desexos como que a xente teña comida para todos os días do ano e non precise rebuscar nos contedores de lixo, que os nenos e nenas do meu barrio  teñan todos un xoguete que os faga felices, que o aire que respiramos sexa limpo, que os nenos e nenas do meu barrio vaian todos á escola, que cando esteamos enfermos teñamos un médico cerca que nos axude...
O de pedir cousas fermosas e algo que aprendín de Zayed. Quero que cambien as cousas tristes que pasan todos os días no meu mundo. O meu mundo é como dicir no meu barrio porque o meu mundo  non vai moito máis alá do meu barrio. E aínda que desexo que en todo o mundo as cousas melloren, parecíame que por algún sitio tiña que empezar e que o mellor para empezar e aquilo que está a miña beira, que vexo e sinto todos os días do ano.
Cando llo contei a Zayed, púxose moi contento. Agora compartíamos as súas palabras e os meus pequenos desexos, pero como se quedou moi pensativo enseguida me din conta de que había algo máis.
Díxome que estaba moi ben, pero a súa cara aparecía preocupada
- Teño a sensación de que falta algo –dixo.
- Que pode ser o que falta? –quixen saber.
- Non sei ben que é –dixo-. En realidade nin sequera sei porqué teño esta sensación.
Cando cheguei á miña casa, empecei a pensar que podería facer para que quedase todo perfecto. Pensei durante toda a noite. Ata que no medio do sono ocorríuseme a mellor idea de todas as ideas do mundo: poderíamos enviar a xente as palabras especiais de Zayed e os meus pequenos desexos. Iso si que estaría ben, envialas a quen as precisase coma un agasallo de felicidade, un pouco de felicidade para todos os que a precisan.
Unha pena que fose sábado. As mellores ideas sempre se me ocorren cando non podo compartilas inmediatamente cos demais. Tería que esperar ata o luns para contarlle a miña idea a Zayed.
“Da igual, as mellores ideas son as que se fan esperar”, pensei. Así que o domingo estiven dándolle voltas á mellor maneira de enviar as palabras de Zayed e os meus pequenos desexos por todo o mundo.
E por fin chegou o luns. Era a primeira vez que estaba contenta de que chegase o luns. Xa só faltaba que soase o timbre para saír ao recreo. Iso de esperar impaciente a que chegase o recreo non era novo. Nisto eu era unha auténtica experta.
Cando se escoitou o timbre corrín  cara el coma unha bala.
-Ola- dixemos os dous ao unísono.
-Pensei que poderíamos enviar as túas palabras e os meus desexos polo mundo enteiro- díxenlle eu case sen alento da emoción.
-Si, é unha gran idea –contestoume, tamén el emocionado.
- E como poderíamos facelo?- pregunteille eu intrigada.
- No meu país se queríamos decirlle algo á xente o lanzabamos ao aire-  dixo cos brazos en alto.
- Pero así non chegaría a mensaxe moi lonxe - dixen confusa.
-Si que chegaría porque a natureza xa sabe a onde ten que ir - respostou Zayed-. E coma cando un animal está ferido, a natureza o vai curando pouco a pouco, pois o mesmo ten que pasar coa xente, que cando está triste a natureza a cura pouco a pouco. Nós só temos que axudarlle a natureza coas miñas palabras e os teus pequenos desexos.
- Pode ser que teñas razón
- Imos intentalo! -  berrou de alegría.
- Despois da clase quedamos no monte que hai detrás da miña casa - dixen moi feliz.
Acabaron as clases e eu corrín a miña casa e empecei a escribir uns poucos desexos máis .Chamaron ao timbre, era el, Zayed co seu arquivador  cheo de palabras debaixo do brazo. Saímos cara o monte. Por sorte os meus pais aínda non chegaran de traballar, por sorte e porque desde o ano pasado xa non se queda ninguén comigo, porque os meus pais din que son maior, que só tardan media hora en chegar, que cando tés trece anos xa podes estar só na casa e bla,bla, bla... En fin o que dicía, unha sorte.
Collín todos os sobres que puiden, nuns puxen  o nome do país que me parecía mellor para as palabras de Zayed e noutros o nome da persoa do barrio que me parecía que precisaba a ledicia que lle daría un dos meus pequenos desexos. 
E así con aquela carga nos adentramos no monte. Chegamos a un outeiro desde o que se divisa a cidade. Alí nos paramos para arranxar os sobres coa carga de ledicia.  Despois dimos un salto ben grande, o maior salto que puidemos, e os lanzamos ao aire.
Aquela tarde non facía moito vento, pero de súpeto levantouse un vento fortísimo, case un furacán que parecía que nos ia levar tamén cos nosos sobres ata o fin do mundo. Baixamos correndo o outeiro ata os carballos que hai ao seu pé, agarrámonos forte ao seu tronco porque o vento sopraba cunha forza que nunca vira. Cando levantamos os ollos cara o outeiro, xa non se vía nin rastro de ningún dos nosos sobres.
Zayed díxome que iso era un bo sinal e que pronto chegarían ao seu destino. Eu non sabía se iso sería verdade ou non, pero confiaba plenamente en Zayed: se el  dicía que acabarían chegando ao seu destino, tiña que ser verdade.
Despois daquela experiencia, os dous pensamos que tiñamos que facer aquilo moi a miúdo. Así que case todas as tardes, ao saír do colexio, Zayed e máis eu metíamos as súas palabras e os meus pequenos desexos en sobres e nos adentrabamos no monte. E teño que dicir que sempre, sempre, cada unha daquelas tardes, nada máis lanzar nós ao aire os nosos sobres, se levantaba un vento furacanado que as levaba nun abrir e pechar os ollos.
Era algo maravilloso saber e crer que esas palabras especiais de Zayed e os meus pequenos desexos viaxaban polo barrio e por todo o mundo, alí onde a xente as precisaba. Encantábame esa sensación, porque me facía estar contenta comigo mesma.
Con Zayed  aprendín o verdadeiro poder das palabras .
(Clara Inés González Gómez)



No hay comentarios:

Publicar un comentario