lunes, 25 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS-2015
Un ano máis celebramos no Colexio a festividade das Nosas Letras. Durante días, moitas foron as actividades que se desenvolveron con enorme entusiasmo. Elaboración de cómics e marcalibros, marathón de curtametraxes  galegas de animación, ambientación do colexio...e finalmente o festival que tivo lugar o venres, 15 de maio e ao que asistiron moitos pais e nais que desfrutaron moitísimo coas actuacións que os seus fillos e fillas lles tiñan preparadas. Un día magnífico!!!




A MÚSICA TRADICIONAL NON FALTOU
NIN O BAILE, POR SUPOSTO!!!
 
 
 
AQUI VEMOS AOS DE 1º DA ESO REPRESENTADO A OBRA DE TEATRO "VELAÍ VÉN O SEÑOR DAS MOSCAS"

 
OS DE 3º E 4º INTERPRETARON A CANCIÓN POPULAR "EU CHOREI, CHOREI"
 
TAMPOUCO FALTARON OS RECITADOS POÉTICOS A CARGO DOS NENOS E NENAS DE 2º DA ESO.

 
1º DE EP RECITARON A ROSALÍA E CANTÁRONLLE UNHA FERMOSA CANCIÓN Á PRIMAVERA




 
2º DE EP CO "VERDEGAIO"
 
5º E 6º DE EP CO ROMANCE DA LINGUA GALEGA
 
INFANTIL CO BAILE E CANCIÓN "INDO EU". TODO UN ÉXITO!!!
 
FESTA FINAL CON TODOS OS PAIS, PROFERADO E ALUMNADO!!!
 
FELICES LETRAS GALEGAS!!!!!



lunes, 4 de mayo de 2015

COÑECEMOS A NOSA MÚSICA
Estamos a traballar as nosas tradicións cos cursos de 3º e 4º de EP. Hoxe tivemos una sesión de música popular. Os nenos e nenas aprenderon as partes da gaita e logo escoitaron algunhas pezas que foron acompañadas cun baile por parte das nenas que van a folk os venres.