Un ano máis celebramos no Colexio a festividade das Nosas Letras. Durante días, moitas foron as actividades que se desenvolveron con enorme entusiasmo. Elaboración de cómics e marcalibros, marathón de curtametraxes galegas de animación, ambientación do colexio...e finalmente o festival que tivo lugar o venres, 15 de maio e ao que asistiron moitos pais e nais que desfrutaron moitísimo coas actuacións que os seus fillos e fillas lles tiñan preparadas. Un día magnífico!!!
A MÚSICA TRADICIONAL NON FALTOU
NIN O BAILE, POR SUPOSTO!!!
AQUI VEMOS AOS DE 1º DA ESO REPRESENTADO A OBRA DE TEATRO "VELAÍ VÉN O SEÑOR DAS MOSCAS"
OS DE 3º E 4º INTERPRETARON A CANCIÓN POPULAR "EU CHOREI, CHOREI"
TAMPOUCO FALTARON OS RECITADOS POÉTICOS A CARGO DOS NENOS E NENAS DE 2º DA ESO.
1º DE EP RECITARON A ROSALÍA E CANTÁRONLLE UNHA FERMOSA CANCIÓN Á PRIMAVERA
2º DE EP CO "VERDEGAIO"
5º E 6º DE EP CO ROMANCE DA LINGUA GALEGA
INFANTIL CO BAILE E CANCIÓN "INDO EU". TODO UN ÉXITO!!!
FESTA FINAL CON TODOS OS PAIS, PROFERADO E ALUMNADO!!!
FELICES LETRAS GALEGAS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario