Mostrando entradas con la etiqueta Paz Andrade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz Andrade. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2012

Festa das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012-COLEXIO GUILLELME BROWN
Durante a semana das Letras Galegas moitas foron as actividades propostas polo Centro e coas que o alumnado traballou moi animadamente en pro da nosa lingua. A celebración tivo o seu colofón o venres 18 co festival no que cada curso amosou a súas dotes artísticas de moi variadas temáticas. Música, danzas populares, recitados, teatro… fixeron as ledicias de todos os presentes e cos que se rendiu homenaxe a Valentín Paz Andrade.

Programa Letras Galegas 2012
• Exposicións de traballos.
• Lemas, marcalibros...
• Xogo de pistas
• Festival (Venres ás 12,15)
Infantil::Canción PIRIMPIMPIN
1º EP: e 2º EP: Teatro: “Os personaxes dos contos”
3º e 4º EP: “As palabras máis fermosas”.
5º e 6º EP: “Cantiga popular”
1º ESO: “Cando ti volvas polo mare” (Recitado)
2º ESO: “Cantiga medieval”
3º e 4º ESO: Presentacións e biografía
de Valentín Paz Andrade
Fin de festa: Muiñeira a cargo do grupo folk.