domingo, 21 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA


A MIRADA DO OUTRO

Programa Sensibilización e Prevención do acoso escolar
Desde o AMPA do colexio potenciouse que se leve a cabo o "Programa A Mirada do Outro", programa de sensibilización e prevención do acoso escolar. Desde o luns 15 de outubro recibirase no colexio especialistas da Asociación ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia), que levarán a cabo cos alumnos de 5º e 6º de E.P. durante 6 sesións en cada curso ata o 23 de novembro en sesións alternas de valores/relixión e asemblea.





FESTA DE CONVIVENCIA


lunes, 25 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS-2015
Un ano máis celebramos no Colexio a festividade das Nosas Letras. Durante días, moitas foron as actividades que se desenvolveron con enorme entusiasmo. Elaboración de cómics e marcalibros, marathón de curtametraxes  galegas de animación, ambientación do colexio...e finalmente o festival que tivo lugar o venres, 15 de maio e ao que asistiron moitos pais e nais que desfrutaron moitísimo coas actuacións que os seus fillos e fillas lles tiñan preparadas. Un día magnífico!!!




A MÚSICA TRADICIONAL NON FALTOU
NIN O BAILE, POR SUPOSTO!!!
 
 
 
AQUI VEMOS AOS DE 1º DA ESO REPRESENTADO A OBRA DE TEATRO "VELAÍ VÉN O SEÑOR DAS MOSCAS"

 
OS DE 3º E 4º INTERPRETARON A CANCIÓN POPULAR "EU CHOREI, CHOREI"
 
TAMPOUCO FALTARON OS RECITADOS POÉTICOS A CARGO DOS NENOS E NENAS DE 2º DA ESO.

 
1º DE EP RECITARON A ROSALÍA E CANTÁRONLLE UNHA FERMOSA CANCIÓN Á PRIMAVERA




 
2º DE EP CO "VERDEGAIO"
 
5º E 6º DE EP CO ROMANCE DA LINGUA GALEGA
 
INFANTIL CO BAILE E CANCIÓN "INDO EU". TODO UN ÉXITO!!!
 
FESTA FINAL CON TODOS OS PAIS, PROFERADO E ALUMNADO!!!
 
FELICES LETRAS GALEGAS!!!!!



lunes, 4 de mayo de 2015

COÑECEMOS A NOSA MÚSICA
Estamos a traballar as nosas tradicións cos cursos de 3º e 4º de EP. Hoxe tivemos una sesión de música popular. Os nenos e nenas aprenderon as partes da gaita e logo escoitaron algunhas pezas que foron acompañadas cun baile por parte das nenas que van a folk os venres.







 
 

viernes, 24 de abril de 2015

CONCURSO "RELATO CURTO" CONCELLO DE OURENSE
Véñense  de dar a coñecer os gañadores do Certame de Relato Curto organizado polo Concello de Ourense e estamos de noraboa pois na modalidade de 3º ciclo de EP a nosa compañeira Clara Inés levou o primeiro premio co seu relato titulado "As Burgas". Dende aquí queremos felicitala!!!

 
 
 
Velaquí o tedes:
AS BURGAS
Naquela visita a Ourense foi cando coñecín as Burgas. Estiven alí pola mañá, pero quedei tan embelesado que volvín aquela mesma noite.  Cando cheguei,  a luz branca da lúa facíame sentir un chisco de medo. De súpeto, cegoume un extraño brillo. Cando reaccionei, os meus ollos viron unha muller  fermosa xurdindo das augas, unha Ondina pensei. Miroume fixamente e díxome que me quedara con ela, que se sentía moi soa.  Asusteime e fuxín aterrorizado. Ao día seguinte deixei Ourense e regresei á miña cidade, pero desde entón non puiden deixar de pensar nela. Cada noite vía os seus ollos tristes mirándome e arrepentíame cada vez máis da miña fuxida. Pasaron moitos anos, ata que voltei a Ourense só coa esperanza de vela.  Pasei moitas noites nas Burgas ata que apareceu outra vez envolta no mesmo brillo extraño. E voltoume a pedir que me quedara con ela, que estaba moi soa e moi triste. Esta vez non dubidei, collinlle a man e entrei con ela na Burga para sempre. Entenderes agora que este papel no que escribo estea mollado.
                                                                       Clara Inés González Gómez
                                                                               (6º EP-Guillelme Brown)

Entrega do premio o 15 de maio:

 


lunes, 2 de febrero de 2015

ENCONTRO LITERARIO CON LEDICIA COSTAS

O martes, 27 de xaneiro tivemos outro encontro literario. Esta vez foi en Ourense onde coñecemos a Ledicia Costas, autora do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta". A verdade que foi, para toda a clase un dos mellores libros que lemos en galego e así llo demostramos á autora que quedou moi contenta co agasallo que lle tiñamos preparado: un xogo feito con ilustracións nosas sobre a historia e polo que había que pasar distintas probas ata chegar á meta.