jueves, 17 de mayo de 2012

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, RODRIGO ERNESTO


Agora eres canzón de alma pechada
Que xa non di nin transmite nada.

Agora eres canzón que xa non cantan
Que toda a música e letra espanta.

Agora eres canzón de lonxe ouvida
Que pareces que sempre estás durmida.

Agora eres canzón de orballo e folla
Que na natureza se esconde e perde.

Agora eres canzón de ecos na teima,
Que todo o queima.

Agora eres canzón que se esgazara
E en mil pedazoa quedara.

Agora eres canzón, arrolo calmo,
Unha canzón pertencente ao pasado.

Agora eres canzón de ronda eterna
Que sexa nas festas, nos bares e nas tabernas.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, PABLO FERNÁNDEZ


Agora eres canzón de alma pechada
Que é escoitada pola nada.

Agora eres canzón que xa non cantan
O que lle ocorren ás persoas con esperanza.
 
Agora eres canzón de lonxe ouvida
Que xa non pode vivir a súa vida.

Agora eres canzón de orballo e folla
Que vive a súa vida de folla en folla.

Agora eres canzón de ecos na teima
Que mira a súa terra.

Agora eres canzón que se esgazara
Para que relaxe a alma.

Agora eres canzón de ronda eterna
Para pasar pola herba.

lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL... FELIZ DÍA

Hoxe é o día internacional do libro! Un día... de libros! E a nós gústannos os libros, as lecturas, as aventuras, os soños, as emocións...

jueves, 22 de marzo de 2012

Feliz día da poesía e da árbore!


O día 21 de marzo é un día moi especial! Comeza a primavera, é o día da poesía e da árbore! Este ano na expociencia, dedicamos os traballos ao bosque e ás nosas árbores!


Feliz día!


jueves, 15 de marzo de 2012

GALICIA... SERGIO BERNÁRDEZ

Ai, Galicia
Querida Galicia, miña terra,
Sen oír o son dos teus ventos
Sei que me acompañas en viaxes, centas,
E paso moitas horas
Escoitando o bater das túas ondas.

GALICIA... MARTA ÁLVAREZ

Galicia, o meu berce natural,
Énchesme, agárdasme, agóchasme,
Parece que cambias sempre
Pero sempre estás aí,
Arrolándome ardente,
Pasa o tempo e estás aí,
Arrolándome pendente,
Non me falta de nada aquí,
Porque cando me protexes,
Protéxesme dos malos, traicioneiros, dos que menten.