Mostrando entradas con la etiqueta literatura galega de 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura galega de 4º ESO. Mostrar todas las entradas
miércoles, 30 de mayo de 2012
jueves, 17 de mayo de 2012
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARÍA GÓMEZ
Agora
eres canzón de alma pechada
Canzón
melódica asolagada.
Canzón
triste e sen palabras.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
Canzón
de silenciosa melodía.
Agora
eres canzón de orballo e folla
Canzón
que se a tocas, molla.
Agora
eres canzón de ecos na teima,
Canzón
delicada e augacenta.
Agora
eres canzón que se esgazara
Canzón
débil que se esconde nos brazos da túa fala.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,
Descoidada
melodía do pasado.
Agora
eres canzón de ronda eterna
Canzón
alegre e duradeira.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, RODRIGO ERNESTO
Agora
eres canzón de alma pechada
Que
xa non di nin transmite nada.
Agora
eres canzón que xa non cantan
Que
toda a música e letra espanta.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
Que
pareces que sempre estás durmida.
Agora
eres canzón de orballo e folla
Que
na natureza se esconde e perde.
Agora
eres canzón de ecos na teima,
Que
todo o queima.
Agora
eres canzón que se esgazara
E en
mil pedazoa quedara.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,
Unha
canzón pertencente ao pasado.
Agora
eres canzón de ronda eterna
Que
sexa nas festas, nos bares e nas tabernas.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, PABLO FERNÁNDEZ
Agora
eres canzón de alma pechada
Que é
escoitada pola nada.
Agora
eres canzón que xa non cantan
O que
lle ocorren ás persoas con esperanza.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
Que
xa non pode vivir a súa vida.
Agora
eres canzón de orballo e folla
Que vive
a súa vida de folla en folla.
Agora
eres canzón de ecos na teima
Que
mira a súa terra.
Agora
eres canzón que se esgazara
Para
que relaxe a alma.
Agora
eres canzón de ronda eterna
Para
pasar pola herba.
martes, 10 de enero de 2012
Un Nadal movido, de Marco Schettino
Ah, a noite do vinte catro de decembro, a noite antes do Nadal, todas a familias celebran este evento estando en familia, a felicidade apoderase de todos e por unha vez, non temos que pensar no futuro para animarnos… pero … que pasa… con esa xente?, si, esas persoas que, tan pobres son, que non poden celebrar o Nadal… Que fan?
Os pais sempre lle advertían aos nenos que non se acercaran a eles porque eran “xente mala”, todo o mundo falaba mal de eles sen nin sequera saber como eran en realidade, dicían que agochaban droga, que roubaban, que polas noites facían cousas terribles aos nenos que atopaban na rúa… en fin, calquera cousa. O caso era que, cada vez que se deixaban ver pola xente da cidade, eran perseguidos polos policías e outros ata ser expulsados.
Eles non entendían nada, eran pobres, nada máis, e non lle podían facer nada… Deprimidos de todo, decidiron agocharse cerca dunha fábrica que xa non se usaba para nada, e alí pasaron unhas cantas noites sen ser descubertos, seguro que habería algún becho e ía un frío… pero eles xa estaban ben acostumados, utilizaban os tres a mesma e única manta que tiñan e durmían…
Pero todo isto cambiou a noite antes do Nadal …
Os tres amigos atopábanse botando unha ollada ás casas, todos eses adornos colgados, o típico Santa Claus subindo escaleiras que se atopaba colgando dos balcóns, polas ventás víanse árbores decoradas con moitos adornos, en fin, todo era precioso… e os tres miraban coma parvos.
Non tardaron moito en ser vistos por algún indesexable e emprenderon a fuxida por se acaso…
Ben, xa rematado o paseo, Pancho, Perico e Manolo puxéronse a cear, pois si, hoxe tiveran sorte: Unha pizza recen… tirada ao lixo, aínda estaba quente, ( xa o sei, para nós “BAH”, pero para eles “ÑAM” ) e puxéronse a comer .
Cando remataron (que quere dicir pouco porque tiñan unha fame de xigante…) “intentaron” durmir. Pero pouco despois foron espertados por un golpe tremendo, tampouco era para tanto pero… tivo que doer.
Os tres colegas dirixíronse cara ao lugar de onde proviña o golpe… xa antes de que puideran chegar, viron varios renos correndo sen rumbo. Ao chegar viron outro reno, pero este co nariz vermello, e ao lado, unha zorra chea de bolsas enormes, iso si, a sorpresa foi que estaba dentro.
Pois claro, non ía ser outro que Santa Claus, pero cunha perna rota, escoitábaselle protestar “BRRR!, estes tellados de hoxe non valen nada”. Os tres estaban abraiados.
Despois de axudar a Santa e reunir aos renos, este explicoulles que intentara pousarse cos renos no tellado, pero que estaba tan esvaradizo que “descarrilaran”, e así acabaran abaixo. Despois, os tres empezarían a contar a súa situación… Despois, o barbudo vermello dixo : “Fágovos un trato: eu douvos o que necesitades para ter un traballo e saír da miseria … e vós, a cambio, axudádesme a repartir os regalos para os nenos, que esta perna non quere andar”.
Repartir regalos por todo o mundo era ben complicado, pero a cambio dun traballo, os tres amigos farían calquera cousa. E así, partiron os catro a repartir polo globo adiante, Santa pasaba os regalos dende a zorra, e os demais facían o resto… a xornada foi longa pero remataron en tempo. Santa acudiu a un medico e a perna curouse como e debido. Santa deixou aos amigos na súa cidade e marchou…
E que lles pasou? Pois agora traballan facendo xoguetes, non é moito pero xa teñen para vivir…
Puqui e o Nadal, de Rodrigo Ernesto
Era o primeiro domingo de Novembro. Era un día frío, e nevaba. Un pai e o sei fillo Andrés preguntábanse se era verdade o que estaban vendo: un automóbil detívose, unha porta traseira abriuse e alguén fixo baixar un can do coche. "¡Báixate, Puqui!", ordenou unha voz dende o interior. O pobre animal quedou desconcertado cando o coche se afastou a toda velocidade. E correu desesperado detrás do vehículo.
Puqui tería uns sete meses, pequeno, de patas longas e pelo curto de cor marrón e tiña a cola negra. O pai e o Andrés non volverían a velo ata moito despois, pero imaxinaron que aquela noite, esgotado e amedrentado, durmiría no primeiro sitio que atopou. Á mañá seguinte comezou a buscar ós seus donos. Ese día non comeu e apenas bebeu un pouco de auga estancada. O días e as noites facíanselle interminables. Ás dúas semanas estaba fraco e débil, mais distinguíase pola súa cola negra. Como era moi novo, empezaba a esquecer quen o tirou e quen era o seu dono. Recorda vagamente un patio soleado onde xogaba despreocupado.
Aínda que a xente o espantaba por estar sucio, Puqui sentía unha atracción polas persoas. Cando descobre que alguén o mira compasivo, achégaselle timidamente coa cabeza gacha e ollos que piden unha caricia. Pero sempre esa persoa que se detivo misericordiosa volve a mirada e segue o seu camiño.
Dez días despois de presenciar aquel abandono, Toby, un marabilloso can grande e bonachón, de catro anos de idade, escapa do seu fogar e pérdese. Os seus donos buscárono por toda a cidade, pero non apareceu.
Resulta que aquel can era da familia do pequeno Andrés, e estaba desconsolado. Achegábase o Nadal e todo parecía que ía ser triste.
Toby afastárese moito da súa casa. Intentou regresar, pero camiñou en sentido contrario e terminou nun mundo descoñecido para el, o centro da cidade.
Durante días e noites correu desesperadamente buscando á súa familia, ata que o esgotamento detivo á súa carreira. A súa mirada apagouse e o seu abundante pelo pronto foi unha maraña sucia e enredada.
Un día que chovía copiosamente, o pobre Toby trotaba pegado á parede buscando algún oco onde descansar cando se topou cun can fraco, asustado e empapado que se detivo e o mirou con curiosidade. Toby e Puqui quedáronse estáticos baixo a choiva observándose con expectación. Puqui, moveu un pouco a cola e Toby achegóuselle. Enseguida se fixeron amigos e vagabundeaban xuntos. O pequeno seguía ó grande a todas partes, buscaban comida xuntos e nas noites frescas pegábanse un co outro. Toby seguía coa súa idea de localizar a súa casa.
Finalmente, chegou o 24 de Decembro. Pasaron exactamente catorce días dende que Toby se perdera, e Andrés estaba cada día máis e máis triste pola desaparición do seu adorado can. Os seus pais, preocupados por tan prolongada apatía, decidiron levalo a divertirse a un parque de atraccións, pero non deu resultado. Andrés seguía triste, e ata que o seu can non aparecese el o seguiría estando.
Ó saír do parque de atraccións, rapidamente chegaron á súa casa, onde os avós de Andrés esperaban para a cena de Noiteboa. Estaban a medio camiño, e de súpeto, Andrés falou por primeira vez en varios días.
-Mirá, papá, ese can, que fraco está!
O pai mirou a onde Andrés sinalaba, e viu a Puqui. Recoñeceuno pola súa inconfundible cola negra.
-Pero se é aquel can que abandonaron hai unas semanas! Ó que tiraron á rúa desde aquel coche! Acórdaste? Foi antes de que se perdera Budy. Que mal está, o pobre can.
-Mira como nos mira, papá, como se quixera vir con nós...
-Non, Andrés, non podemos.
-Quero acariñalo, papá, por favor... Para o coche un momento!
O pai sabía que se paraba e o acariciaba, terminarían por levalo á súa casa si ou si. Pero como podía negarlle iso despois do triste que estaba o seu fillo? Os pais de Andrés falaron un momento en voz baixa. Finalmente, decidiron que podería baixar.
Andrés baixou do coche e acariciou moito ó can. Puqui, por primeira en moito tempo, estaba tolo de alegría, movía o rabo, saltaba feliz…
-Papá, está moi fraco, hai que darlle de comer.
-Está ben, súbeo ó coche que o levamos a casa.
Andrés, moi contento e feliz, como non estaba en semanas, tratou de convencer ó can para que subira. Pero Puqui non avanzou. Quedou parado. Andrés insistiu en chamalo pero o can, lonxe de subir ó coche, foise cada vez máis. Ladrou como se quixera dicirlles algo. Íase deles, detíñase e ladraba. O seu comportamento era moi raro. Andrés probou a collelo pero nada. Andrés quería ir tras el, pero os seus país non podían perder máis tempo.
-Déixao, Andrés. Xa é tarde, e ademais lembra que os teus avós están esperando na casa para cear, e se tardamos moito, vanse preocupar.
-Pero, mamá, por favor!
-Fai caso á túa nai, Andrés, está claro que ese can non quere vir con nós . Tes que deixalo.
O pai puxo entrou no coche e púxoo en marcha. Puqui correu e xa dobrara a esquina. Andrés comezou a chorar e chorar, berraba. Ó velo así, seus pais non podían negarlle iso naquel momento. O pai apagou o coche, e Andrés parou de chorar de repente.
Oíronse ladridos na volta da esquina, e Andrés foi a ver qué pasaba.
-Papá, mamá! Mirade! É Toby!
Da esquina saíron Andrés, Puqui e Toby correndo cara o coche.
-É Toby!
Recoñecera o coche e viña correndo a toda velocidade. E detrás del, ladrando, viña Puqui! Non quería abandonar ó seu compañeiro e por iso tratou de que Andrés o seguira.
Andrés meteu os dous cans no coche, e fóronse cara á súa casa. Cando chegaron, os avós estaban sorprendidos de velos chegar con Toby e outro can descoñecido. Andrés volveu estar feliz desde entón. Toby volvía ó seu fogar e Puqui atopou un novo no que estaba seguro de que viviría ben xunto co seu compañeiro.
Agora si que estaban preparados para celebrar a cea de Noiteboa.
lunes, 21 de marzo de 2011
CORREDORES BALEIROS EN NOITE BOA, de Sofía Domínguez
Sentín como os meus soños íanse desvanecendo e como as miñas fantasías íanse afastando, deixando lugar para a realidade, que tomaría o seu lugar cando chegase a mañá. Pronto sentín como o meu corpo chegaba a unha cama ríxida e pouco acolledora, despois dunha noite nos meus profundos soños. Aos poucos comecei a abrir un dos meus ollos, ata que a luz que iluminaba a habitación cegoume, entón decidín pechalos unha vez máis. Os meus ollos vellos e xa sen vida non eran os mesmos que antes, do mesmo xeito que maioría das miñas partes corporais. Arrastrei o meu corpo ata o outro lado da cama e empuxando a miña cabeza cara arriba tratei de abrir os ollos unha vez máis. Esta vez conseguín facelo e mirei unha vez máis ao triste teito dunha habitación de hospital. Suspirei e vin unha silueta recoñecible ao final dun corredor que se achegaba con pasos acelerados á miña habitación.
- Bos días señor, que tal durmiu? – dixo a súa voz cariñosamente mentres collía unha xerra de auga e vertía os seus contidos nun vaso.
Era unha moza nova, case unha nena, que comezara a traballar na residencia unha semana despois de que fose internado. Todos a admiraban polas súas habilidades médicas e tamén por ser caracteristicamente unha boa persoa. Aos máis maiores, coma eu mesmo, tratábanos moi ben, ou iso dicían, e a verdade, é que eu non podo protestar.
- Mellor que outras veces? - dixen eu cunha voz rouca por falta de saliva na boca.
- Tome isto, faralle sentir mellor? - dixo ela colocando entre as miñas mans un vaso con auga e cunhas pingas de zume de limón, despois de colocar as almofadas de maneira vertical, para que estivese sentado na cama.
Mirei cara o líquido esbrancuxado que se retorcía dentro do vaso pola axitación que recibía das miñas mans trementes. Pechei os ollos e traguei os contidos do vaso o máis rápido posible. Mentres pasaba pola miña garganta sentín o sabor agre do limón que producía proído nas paredes da miña boca.
Sentín como Carme retiraba o vaso das miñas mans e deixábao na mesa de noite. Abrín unha vez máis os ollos e comecei a mirar a miña habitación coma un bebé recentemente nado observa todo o que se atopa ao seu redor. Eu non era máis nada que o contrario dun recentemente nado, a miña vida estaba a terminar, da mesma maneira que empezara. Son un home común, cuns pensamentos comúns e vivín unha vida común. Non se dedicaron monumentos na miña honra e o meu nome pronto será esquecido.
Torcín a cabeza cara ao lado dereito da habitación, onde se atopaba a mesa de noite e lin a hora que aparecía na pantalla alumeada do reloxo electrónico: once minutos pasados das dez da mañá. Tratei de lembrar a data, pero pronto renunciei e pedinlle a Carmen o xornal, que me daría a resposta exacta. Saíu apresurada da habitación en busca dun xornal do día, sen saber que non me importaban as noticias, senón que co día do mes bastábame, e para iso, xa tiña no pequeno sofá marrón da esquina o do día anterior.
Poucos minutos pasaron ata que chegou cunha copia dun xornal nacional debaixo do brazo e cunha bandexa co almorzo nas dúas mans. Colocou a mesa despregable enriba das miñas pernas e colocou encima a bandexa co xornal. Ao coller o xornal decateime que o almorzo era diferente e colocado nun vaso pequeno e cutre, sostíñase unha rosa vermella. Mireina cunha cara de confusión e pregunteille:
- Por que me dás isto?
- Mire o xornal. - dixo ela sorrindo.
Non vacilei en coller o xornal e desdobralo. Xa se me esqueceu para que o quería e estaba a examinar as fotografías da primeira páxina, para ver se había unha razón importante por este inesperado agasallo. Despois fixeime na data: o vinte e catro de decembro do dous mil dez.
- É o día de noite boa - dixen, un sorriso formándose cos meus beizos engurrados e vellos, en sentido de agradecemento.
- Non hai de que? - dixo ela sorrindo.
Baixei unha vez máis a cabeza para continuar lendo os títulos das noticias do xornal, pero pouco tempo despois decidín deixalo de lado xa que o meu estómago estaba a pedir alimento. Na bandexa do almorzo había unha variedade exquisita, en comparación coa comida habitual. Normalmente, o almorzo baseábase nun croissant seco, un zume de laranxa embotellado e unhas apetitosas pastillas de cores rechamantes. Cando un tiña sorte, podían incluír un bote de marmelada para un uso, pero normalmente era o de laranxa agre, por tanto, non se podería aproveitar o luxo. En cambio, hoxe o meu prato principal estaba formado por unhas torradas que desprendían un aroma moi apetecible cun bote de manteiga e outro de marmelada, un plátano maduro, un par de galletas integrais, un anaco de queixo fresco e como non, un zume de laranxa embotellado, pero esta vez, para que fose máis apetecible, vertido nun vaso de cristal.
Tardei un tempo considerable para comer todo o que tiña no prato, aínda que só comín a metade diso, xa que non tería nada que facer durante todo o día. Collín unha vez máis o xornal e lin a sección do mundo en completo detalle.
Xa pasaban uns minutos das doce cando comecei a escoitar uns pasos que non pertencían a Carme nin ningunha das enfermeiras que adoitaban pasar por este corredor a tal hora. Estirei o meu pescozo o máis que puiden cara á porta para escoitar mellor os pasos e percibín que se trataban dun neno, o máis probable.
Pouco despois vin como se asomaba á miña porta unha pequena cabeciña redonda cuns ollos azuis xigantescos e unha sensación predicible de intriga na súa mirada. Pasamos un intre sen dicir nada, simplemente mirándonos, pero despois ela foi a primeira en falar:
- Ola, - dixo ela cunha voz suave e cansa.
- Ola, - dixen eu, a diferenza dela, a miña voz era cansada por vellez e detectábase un rouquén que proviña dos meus desgastados bronquios - que fas aquí?
- A verdade é que non o sei... - dixo ela, acercándose cara á cama e colocándose sobre a manta que se atopaba á esquina dereita dela.
Houbo un silencio que duro un par de minutos, non sabía que dicir: unha nena pequena que non podía ter máis de dez anos entrara na súa habitación e sentouse sobre a súa cama. Iso non era o peor, senón que a nena, como lle acababa de dicir, non sabía que facía camiñando soa polos baleiros e fríos corredores dun hospital.
- Gústame camiñar soa por os corredores fríos e escuros de este lugar, en horas como esta, desertas e silenciosas. - dixo cunha voz tremente e case sen forzas.
A nena que se atopaba diante dos meus ollos tiña uns trazos moi peculiares, pero, o que máis chamaba a atención da súa persoa, era a ausencia de pelo na súa cabeza. Simplemente, a súa cara de tristeza penetraba nos sentimentos máis profundos e ambiguos de calquera ser que apreciase a súa presenza.
Moveu a súa diminuta cabeza en dirección da pequena ventá que se atopaba no lado esquerdo da habitación. Era unha habitación pouco amoblada e cunha iluminación escasa, formada maioritariamente por luces fluorescentes e polos pequenos raios de luz que perturbaban a habitación.
- Pedícheslle algo a Papá Noel este ano? - pregunteille eu, tratando de facer conversación para que non pensase que son un vello malhumorado.
- Si, - respondeu ela, a súa voz máis doce - pedinlle que me curase e que por unha vez, poida ver neve por Nadal…
Entraron de súpeto varias mulleres na habitación e comezaron a facerlle preguntas a nena para que lles contase como chegou a estar alí.
Mirou unha vez máis con nostalxia pola ventá antes de darse a volta e saír pola porta. Vin na miña mente como unha nena, de apenas dez anos, cun nome descoñecido, cunha mirada peculiar, vagaba por corredores interminables e escuros.
Carmen tróuxome unha vez máis unha bandexa coa cea e esta vez quedou comigo mentres comía para que non pasase a Noite Boa só. Eu xa lle dixen que non me importaba, pero ela insistiu.
Comezaba a facerse tarde e decidín deitarme. Cada pouco tempo miraba cara ao reloxo que marcaba os poucos minutos que pasaran desde a última vez que o mirara. Tratei de pechar os ollos, pero algo no meu interior facía que fose imposible. Retorcinme numerosas veces na cama ata chegar á conclusión que debía levantarme.
Levaba un par de meses sen levantarme desta cama ríxida, pero conseguín realizalo coa pequena axuda dun bastón de madeira que se atopaba situado debaixo da cama, en caso de emerxencia. Deslicei os meus pés nas miñas zapatillas e logrei colocarme a miña bata de inverno por encima dos ombreiros.
Arrastrando pouco a pouco os pés funme achegando a xanela. Coa man esquerda abrín o ventanuco e notei como unha corrente de vento frío penetraba nos meus débiles ósos. Collín un puñado de neve que se pousaba no outro lado da xanela e coloqueina sobre un vello pano de mesa.
Saín apresurado da habitación con intención de camiñar con máis velocidade da que os meus pés eran capaces. Camiñei por pequenos e longos corredores, iluminados e escuros, e finalmente atopei unha pequena habitación cunha porta branca e que tiña un ventanuco na súa parte central.
Non vacilei en abrir a porta e atopei no interior, deitada sobre unha cama parecida á miña, á pobre nena que coñecín fai unhas poucas horas.
Coloquei unha man sobre o seu ombreiro e tratei de espertala sen causarlle medo. Conseguino despois duns segundos e miroume cunha expresión de intriga.
- Que queres? Non é moi tarde? – dixo ela cunha voz cansada.
- Non o suficiente para Papá Noel – dixen eu sorrindo, pasándolle o pano de mesa.
Ao principio miroume cunha cara de confusión e debeu de pensar que estaba tolo, pero cando abriu o paquete alumeóuselle a cara.
- Como a conseguiches? – dixo ela, case ríndose da alegría.
- Ven comigo fóra e verás que todo está cheo. – dixen eu.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)


