Era o primeiro domingo de Novembro. Era un día frío, e nevaba. Un pai e o sei fillo Andrés preguntábanse se era verdade o que estaban vendo: un automóbil detívose, unha porta traseira abriuse e alguén fixo baixar un can do coche. "¡Báixate, Puqui!", ordenou unha voz dende o interior. O pobre animal quedou desconcertado cando o coche se afastou a toda velocidade. E correu desesperado detrás do vehículo.
Puqui tería uns sete meses, pequeno, de patas longas e pelo curto de cor marrón e tiña a cola negra. O pai e o Andrés non volverían a velo ata moito despois, pero imaxinaron que aquela noite, esgotado e amedrentado, durmiría no primeiro sitio que atopou. Á mañá seguinte comezou a buscar ós seus donos. Ese día non comeu e apenas bebeu un pouco de auga estancada. O días e as noites facíanselle interminables. Ás dúas semanas estaba fraco e débil, mais distinguíase pola súa cola negra. Como era moi novo, empezaba a esquecer quen o tirou e quen era o seu dono. Recorda vagamente un patio soleado onde xogaba despreocupado.
Aínda que a xente o espantaba por estar sucio, Puqui sentía unha atracción polas persoas. Cando descobre que alguén o mira compasivo, achégaselle timidamente coa cabeza gacha e ollos que piden unha caricia. Pero sempre esa persoa que se detivo misericordiosa volve a mirada e segue o seu camiño.
Dez días despois de presenciar aquel abandono, Toby, un marabilloso can grande e bonachón, de catro anos de idade, escapa do seu fogar e pérdese. Os seus donos buscárono por toda a cidade, pero non apareceu.
Resulta que aquel can era da familia do pequeno Andrés, e estaba desconsolado. Achegábase o Nadal e todo parecía que ía ser triste.
Toby afastárese moito da súa casa. Intentou regresar, pero camiñou en sentido contrario e terminou nun mundo descoñecido para el, o centro da cidade.
Durante días e noites correu desesperadamente buscando á súa familia, ata que o esgotamento detivo á súa carreira. A súa mirada apagouse e o seu abundante pelo pronto foi unha maraña sucia e enredada.
Un día que chovía copiosamente, o pobre Toby trotaba pegado á parede buscando algún oco onde descansar cando se topou cun can fraco, asustado e empapado que se detivo e o mirou con curiosidade. Toby e Puqui quedáronse estáticos baixo a choiva observándose con expectación. Puqui, moveu un pouco a cola e Toby achegóuselle. Enseguida se fixeron amigos e vagabundeaban xuntos. O pequeno seguía ó grande a todas partes, buscaban comida xuntos e nas noites frescas pegábanse un co outro. Toby seguía coa súa idea de localizar a súa casa.
Finalmente, chegou o 24 de Decembro. Pasaron exactamente catorce días dende que Toby se perdera, e Andrés estaba cada día máis e máis triste pola desaparición do seu adorado can. Os seus pais, preocupados por tan prolongada apatía, decidiron levalo a divertirse a un parque de atraccións, pero non deu resultado. Andrés seguía triste, e ata que o seu can non aparecese el o seguiría estando.
Ó saír do parque de atraccións, rapidamente chegaron á súa casa, onde os avós de Andrés esperaban para a cena de Noiteboa. Estaban a medio camiño, e de súpeto, Andrés falou por primeira vez en varios días.
-Mirá, papá, ese can, que fraco está!
O pai mirou a onde Andrés sinalaba, e viu a Puqui. Recoñeceuno pola súa inconfundible cola negra.
-Pero se é aquel can que abandonaron hai unas semanas! Ó que tiraron á rúa desde aquel coche! Acórdaste? Foi antes de que se perdera Budy. Que mal está, o pobre can.
-Mira como nos mira, papá, como se quixera vir con nós...
-Non, Andrés, non podemos.
-Quero acariñalo, papá, por favor... Para o coche un momento!
O pai sabía que se paraba e o acariciaba, terminarían por levalo á súa casa si ou si. Pero como podía negarlle iso despois do triste que estaba o seu fillo? Os pais de Andrés falaron un momento en voz baixa. Finalmente, decidiron que podería baixar.
Andrés baixou do coche e acariciou moito ó can. Puqui, por primeira en moito tempo, estaba tolo de alegría, movía o rabo, saltaba feliz…
-Papá, está moi fraco, hai que darlle de comer.
-Está ben, súbeo ó coche que o levamos a casa.
Andrés, moi contento e feliz, como non estaba en semanas, tratou de convencer ó can para que subira. Pero Puqui non avanzou. Quedou parado. Andrés insistiu en chamalo pero o can, lonxe de subir ó coche, foise cada vez máis. Ladrou como se quixera dicirlles algo. Íase deles, detíñase e ladraba. O seu comportamento era moi raro. Andrés probou a collelo pero nada. Andrés quería ir tras el, pero os seus país non podían perder máis tempo.
-Déixao, Andrés. Xa é tarde, e ademais lembra que os teus avós están esperando na casa para cear, e se tardamos moito, vanse preocupar.
-Pero, mamá, por favor!
-Fai caso á túa nai, Andrés, está claro que ese can non quere vir con nós . Tes que deixalo.
O pai puxo entrou no coche e púxoo en marcha. Puqui correu e xa dobrara a esquina. Andrés comezou a chorar e chorar, berraba. Ó velo así, seus pais non podían negarlle iso naquel momento. O pai apagou o coche, e Andrés parou de chorar de repente.
Oíronse ladridos na volta da esquina, e Andrés foi a ver qué pasaba.
-Papá, mamá! Mirade! É Toby!
Da esquina saíron Andrés, Puqui e Toby correndo cara o coche.
-É Toby!
Recoñecera o coche e viña correndo a toda velocidade. E detrás del, ladrando, viña Puqui! Non quería abandonar ó seu compañeiro e por iso tratou de que Andrés o seguira.
Andrés meteu os dous cans no coche, e fóronse cara á súa casa. Cando chegaron, os avós estaban sorprendidos de velos chegar con Toby e outro can descoñecido. Andrés volveu estar feliz desde entón. Toby volvía ó seu fogar e Puqui atopou un novo no que estaba seguro de que viviría ben xunto co seu compañeiro.
Agora si que estaban preparados para celebrar a cea de Noiteboa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario