jueves, 17 de mayo de 2012

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, NICOLÁS


Agora eres canzón de alma pechada 
agora eres canzón de tristeza gardada

Agora eres canzón que xa non canta 
agora eres canzón de sobria calma

Agora eres canzón de lonxe ouvida 
agora eres canzón que nunca olvida

Agora eres canzón de orballo e folla 
agora eres canzón de rara mezcolanza

Agora eres canzón de ecos na teima, 
agora eres canzón como lume na auga

Agora eres canzón que se esgazara 
agora eres canzón de pouco valor

Agora eres canzón, arrolo calmo, 
agora eres canzón como vento  atrapado

Agora eres canzón de ronda eterna 
agora eres canzón de alma duradeira

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, CARLA


Agora eres canzón de alma pechada...
Unha dor que aínda non quedou olvidada

Agora eres canzón que xa non cantan...
Os paxaros aínda non bailan

Agora eres canzón de lonxe ouvida...
Fuxiches por onde non había saída

Agora eres canzón de orballo e folla...
Es como a chuvia que forte molla

Agora eres canzón de ecos na teima,...
O noso amor xa non queima

Agora eres canzón que se esgazara...
O teu recordo non para

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
Aínda recordo o de estar a un palmo

Agora eres canzón de ronda eterna...
Márchaches ás escuras sen levar unha lanterna.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, ALBA


Agora eres canzón de alma pechada...
a túa música sempre estarei a recordala.

Agora eres canzón que xa non cantan...
a túa fala quedou quebrada.

Agora eres canzón de lonxe ouvida...
que na cercanía é sempre moi sentida.

Agora eres canzón de orballo e folla...
que na verde fraga as árbores escoitan.

Agora eres canzón de ecos na teima,...
que son coma susurros na ladeira.

Agora eres canzón que se esgazara...
así non sae a miña fala.

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
que eu sinto cando estou nos teus brazos.

Agora eres canzón de ronda eterna...
queda ao meu carón sentindo o latexo do meu corazón.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARTA


Agora eres canzón de alma pechada...
Agora da gaiola non sae a fala.

Agora eres canzón que xa non cantan...
Nin os paxaros nin as rapazas.

Agora eres canzón de lonxe ouvida...
De lonxe ouvida que non se olvida.

Agora eres canzón de orballo e folla...
De sarabia e frío, de neve e chuvia.

Agora eres canzón de ecos na teima,...
Do son do vento nas leiras.

Agora eres canzón que se esgazara...
Que se rompese e quebrara.

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
Agora eres canzón que canta alto.

Agora eres canzón de ronda eterna...
De alma pechada, cunha aperta e a porta aberta.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, SERGIO


Agora eres canzón de alma pechada...
Na miña porta achada

Agora eres canzón que xa non cantan...
Os lobos mentres saltan

ILUSTRACIÓN: MARCO SCHETTINO
Agora eres canzón de lonxe ouvida...
Que miña cabeza non olvida

Agora eres canzón de orballo e folla...
Que pola miiña cabeza voa

Agora eres canzón de ecos na teima,...
Na mar leima

Agora eres canzón que se esgazara...
Por eso quero abrazala

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
A que eu máis amo

Agora eres canzón de ronda eterna...
Que na miña cabeza alterna

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MIGUEL


Agora eres canzón de alma pechada...
Agora eres unha alma libre.

Agora eres canzón que xa non cantan...
Na guitarra que non ten cordas.

Agora eres canzón de lonxe ouvida...
Agora eres a miña canzón querida.

Agora eres canzón de orballo e folla...
Agora eres canzón de folla e orbillo.

Agora eres canzón de ecos na teima,...
Agora eres canzón de ecos na terra.

Agora eres canzón que se esgazara...
Agora eres canzón de alma perdida.

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
Onde as piraguas nadan con présa.

Agora eres canzón de ronda eterna...
Agora estás no inferno.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARÍA GÓMEZ


Agora eres canzón de alma pechada
Canzón melódica asolagada.

Agora eres canzón que xa non cantan
Canzón triste e sen palabras.

Agora eres canzón de lonxe ouvida
Canzón de silenciosa melodía.

Agora eres canzón de orballo e folla
Canzón que se a tocas, molla.

Agora eres canzón de ecos na teima,
Canzón delicada e augacenta.

Agora eres canzón que se esgazara
Canzón débil que se esconde nos brazos da túa fala.

Agora eres canzón, arrolo calmo,
Descoidada melodía do pasado.

Agora eres canzón de ronda eterna
Canzón alegre e duradeira.