Para min o amor
é unha relación entre dous.
2 individuos
que teñen algo en común.
No amor gaña a amizade
e perde a inimizade.
Para min o amor
é unha ecuación.
Unha ecuación sen solución.
Entón, e o seu valor?
Eu creo que non ten fin.
E ti, que me dis?
lunes, 18 de febrero de 2013
O amor e ti!
miércoles, 13 de febrero de 2013
COÑECEMOS A RAMÓN CARIDE
A finais do mes de xaneiro os alumnos e alumnas de 6º de EP fomos a un encontro literario co escritor ourensán Ramón Caride. Primeiro tivemos que ler o seu libro "Exogamia 0.3" que trata diversos temas da actualidade como o consumo, o medio ambiente, etc. A verdade é que quedamos moi asombrados pois non sabiamos que ten escritos máis de 50 libros, a maioría deles para público infantil. A verdade é que foi unha boa mañá para todos. Grazas Ramón!!!
COMPADRES E COMADRES!!!
ISTO SÍ QUE É FESTA!!!
Durante unha semana moitas foron as actividades relacionadas co Entroido. A que máis nos gustou foi a festa de Comadres e Compadres. Primeiro elaborámolos en clases de Galego con Xosé e despois loitamos para destrozalos ou queimalos na fogueira.
viernes, 8 de febrero de 2013
viernes, 25 de enero de 2013
Os tres magos, Elena Pérez
“Os tres
magos”
Hai moitos, moitos anos, nun país de
oriente, un vello alquimista fixo un descanso nos seus experimentos, subiu á súa explanada e
mirou polo vello telescopio.
-Oh, que marabilla!
Unha estrela achégase á terra, como brilla! E se o po da estrela fora ouro? E se puidera
recollelo? Sería o mago máis famoso do meu tempo, pensaba excitado.
Teño que comprobalo, teño que comprobalo!- berraba excitado mentres metía o
pouco ouro que tiña nun saquiño e marchaba trala estrela.
Moi lonxe de alí un astrónomo estudaba o ceo. Intentaba predicir como
influirían os astros naqueles que estaban a punto de nacer neses días; pero espertaba
a súa curiosidade unha estrela que non vira antes. Tratábase dunha estrela
fugaz? e se era así, por que non desaparecía como as outras?
Decidiu estudar o fenómeno mellor, viaxaría
ata onde parecía apuntar a estrela.
Ó día seguinte, noutro extremo do país, un home percorría os camiños
recollendo plantas e minerais. Era famoso polos perfumes que creaba. Dende
facía varias noites viña observando o ceo. Unha estrela parecía cada vez estar
máis preto.
E se caía sobre as súas cabezas? Que minerais habería na estrela?
Unhas semanas despois os tres homes coincidiron no camiño. Decidiron seguir
xuntos o resto da viaxe, xa que ían charlando
animadamente do estraño fenómeno.
Días máis tarde, encontraron un grupo de
pastores que armaban moito alboroto.
Eles dicían que estaban moi contentos porque nacera o rei do seu pobo. Ó
oír isto, os magos pensaron que debían
ir a presentar os seus respectos
ó novo rei.
O alquimista regalaríalle o ouro que
traía.
O astrónomo, que tamén era médico, prepararía o seu ungüento medicinal máis
famoso: a mirra.
O terceiro, prepararía un perfume,
incenso, para derramar sobre a cabeza do novo rei.
Os tres soñaban con conseguir o éxito e a fama, no pazo do rei!
Seguindo as indicacións dos pastores, chegaron ó lugar do nacemento. Alí non
había ningún pazo, o novo rei estaba nunha
corte, o seu berce era onde comía o gando
e os servos, que estaban ós seus pés, eran simples pastores. Durante moitos
días non sabían que pensar, ata que, abraiados, decatáronse de que a estrela
que estaban seguindo parara xusto alí.
A Igualdade, por Andrés González
A igualdade
Chegaba o Nadal e a maioría das
familias de España compraban boletos de lotaría para conseguir saír dos apuros
económicos. No Nadal, a solidariedade das persoas segue sendo a mesma, habendo
ou non crise económica. Unha familia de Ourense, os Gómez, decidiron comprar varios boletos, debido a que estes ían
dedicados á alimentación das persoas que non tiñan fogar. Xosé vivía en
Ourense, e era un neno que tiña de todo, e tiña algo de egoísmo ao compartir as
cousas coa xente. Suspiraba por ter moito diñeiro e con gañar a lotaría… pero
non tiña moitos amigos que estiveran con el, debido á súa forma de ser. Para
solucionar este problema, a súa nai obrigáballe a quedar cos amigos e a
compartir o que tiña, pero nunca resultaba, e a nai optou pola experiencia de
Alfonso, o seu sabio avó.
Alfonso,
ex alcalde de Ourense xubilado, estaba levando a cabo a tarefa de converter a
Xosé nunha persoa de proveito, facendo uso de moitas tácticas como a psicoloxía
inversa, etc… cousas que nunca chegaban a ter contundencia...
Ao chegar o Nadal, tivo unha
idea que faría do seu neto unha persoa totalmente nova. Encomendoulle esta tarefa
a realizar. El non sabía por qué o seu avó collía tantos boletos de lotaría,
sabendo que non ía gañar. Enfadado, foi á tenda de lotaría e mercou uns
boletos. De camiño á casa, parou nun escaparate para ver un xoguete que desexaba
polo Nadal. Con moita présa, díxolle ó seu avó que quería telo, e este
contestoulle:
- Xa se verá.
Xosé contaba os días que lle
quedaban para recibir o posible regalo. De paseo co seu can, Xosé viu que un
neno do veciño estaba triste. Xosé preguntoulle a Xoán (o neno) que lle pasaba.
Este díxolle que a súa familia non estaba feliz pola falta de diñeiro. Xosé
recapacitou… Chegou o día esperado, e Xosé estaba moi ansioso. Preguntoulle a
Xoán que quería de regalo, pero este díxolle que quería felicidade e benestar
da familia, pero se as cousas estiveran ben, gustaríalle o mesmo boneco que
Xosé viu no escaparate. Cando deron os sorteos da lotaría, a familia de Xosé
gañou vinte euros. O avó, que sabía da amizade que tiñan Xosé e mais Xoán,
deulle a Xosé os vinte euros para que comprase o que quixera. Xosé saíu
rapidamente de casa e foi a comprar o xoguete, cando de súpeto, viu a Xoán
suspirando no cristal polo mesmo.
Xosé non sabía o que facer, polo que volveu a
casa a pedirlle axuda ó seu avó. Este contoulle que podía comprar un xoguete e
compartilo, e así fixeron. As dúas familias pasaron xuntos o Nadal, pensando
que o acto de solidariedade dos nenos era incrible, e que moita xente tiña que
“tomar apuntamentos” deses nenos. Chegaba a fin de ano, e unha grata sorpresa
chegou á casa de Xoán; o seu pai volveu á casa, e traía o diñeiro suficiente
para sufragar os gastos familiares.
O dito de “ano novo vda nova”
foi a escusa perfecta para que Xosé deixase atrás os seus egoísmos e se
dedicara a compartir o que tiña, e pasalo ben facéndoo.
Ás veces, aprender é bo… iso
pensaban os dous nenos, que cando foron maiores, gañaron a lotaría, e como non,
doaron todo o diñeiro á xente máis necesitada. Esa xente que pensa que o Nadal
é unha época de frío e soidade, na que se suspira en ter unha familia e gozar
dunha vida completa. Por iso que, canto máis ten un, máis cousas necesita, e
esta historia debe de implicar que o ter un teito por encima, é como estar no Olimpo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






