viernes, 25 de enero de 2013

A Igualdade, por Andrés González



A igualdade
Chegaba o Nadal e a maioría das familias de España compraban boletos de lotaría para conseguir saír dos apuros económicos. No Nadal, a solidariedade das persoas segue sendo a mesma, habendo ou non crise económica. Unha familia de Ourense, os Gómez, decidiron  comprar varios boletos, debido a que estes ían dedicados á alimentación das persoas que non tiñan fogar. Xosé vivía en Ourense, e era un neno que tiña de todo, e tiña algo de egoísmo ao compartir as cousas coa xente. Suspiraba por ter moito diñeiro e con gañar a lotaría… pero non tiña moitos amigos que estiveran con el, debido á súa forma de ser. Para solucionar este problema, a súa nai obrigáballe a quedar cos amigos e a compartir o que tiña, pero nunca resultaba, e a nai optou pola experiencia de Alfonso, o seu sabio avó.
         Alfonso, ex alcalde de Ourense xubilado, estaba levando a cabo a tarefa de converter a Xosé nunha persoa de proveito, facendo uso de moitas tácticas como a psicoloxía inversa, etc… cousas que nunca chegaban a ter contundencia...
Ao chegar o Nadal, tivo unha idea que faría do seu neto unha persoa totalmente nova. Encomendoulle esta tarefa a realizar. El non sabía por qué o seu avó collía tantos boletos de lotaría, sabendo que non ía gañar. Enfadado, foi á tenda de lotaría e mercou uns boletos. De camiño á casa, parou nun escaparate para ver un xoguete que desexaba polo Nadal. Con moita présa, díxolle ó seu avó que quería telo, e este contestoulle:
- Xa se verá.
Xosé contaba os días que lle quedaban para recibir o posible regalo. De paseo co seu can, Xosé viu que un neno do veciño estaba triste. Xosé preguntoulle a Xoán (o neno) que lle pasaba. Este díxolle que a súa familia non estaba feliz pola falta de diñeiro. Xosé recapacitou… Chegou o día esperado, e Xosé estaba moi ansioso. Preguntoulle a Xoán que quería de regalo, pero este díxolle que quería felicidade e benestar da familia, pero se as cousas estiveran ben, gustaríalle o mesmo boneco que Xosé viu no escaparate. Cando deron os sorteos da lotaría, a familia de Xosé gañou vinte euros. O avó, que sabía da amizade que tiñan Xosé e mais Xoán, deulle a Xosé os vinte euros para que comprase o que quixera. Xosé saíu rapidamente de casa e foi a comprar o xoguete, cando de súpeto, viu a Xoán suspirando no cristal polo mesmo.
 Xosé non sabía o que facer, polo que volveu a casa a pedirlle axuda ó seu avó. Este contoulle que podía comprar un xoguete e compartilo, e así fixeron. As dúas familias pasaron xuntos o Nadal, pensando que o acto de solidariedade dos nenos era incrible, e que moita xente tiña que “tomar apuntamentos” deses nenos. Chegaba a fin de ano, e unha grata sorpresa chegou á casa de Xoán; o seu pai volveu á casa, e traía o diñeiro suficiente para sufragar os gastos familiares.
O dito de “ano novo vda nova” foi a escusa perfecta para que Xosé deixase atrás os seus egoísmos e se dedicara a compartir o que tiña, e pasalo ben facéndoo.
Ás veces, aprender é bo… iso pensaban os dous nenos, que cando foron maiores, gañaron a lotaría, e como non, doaron todo o diñeiro á xente máis necesitada. Esa xente que pensa que o Nadal é unha época de frío e soidade, na que se suspira en ter unha familia e gozar dunha vida completa. Por iso que, canto máis ten un, máis cousas necesita, e esta historia debe de implicar que o ter un teito por encima, é como estar no Olimpo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario