viernes, 25 de enero de 2013

Os tres magos, Elena Pérez



“Os tres magos
Hai  moitos, moitos anos, nun país de oriente, un vello alquimista fixo un descanso nos  seus experimentos, subiu á súa explanada e mirou  polo  vello telescopio.
-Oh, que marabilla! Unha estrela achégase á terra, como brilla! E se  o po da estrela fora ouro? E se puidera recollelo? Sería o mago máis famoso do meu tempo, pensaba excitado.
Teño que comprobalo, teño que comprobalo!- berraba excitado mentres metía o pouco ouro que tiña nun saquiño e marchaba trala estrela.
Moi lonxe de alí un astrónomo estudaba o ceo. Intentaba predicir como influirían os astros naqueles que estaban a punto de nacer neses días; pero espertaba a súa curiosidade unha estrela que non vira antes. Tratábase dunha estrela fugaz? e se era así, por que non desaparecía como as outras?
Decidiu estudar o fenómeno mellor, viaxaría  ata onde parecía apuntar a estrela.
Ó día seguinte, noutro extremo do país, un home percorría os camiños recollendo plantas e minerais. Era famoso polos perfumes que creaba. Dende facía varias noites viña observando o ceo. Unha estrela parecía cada vez estar máis preto.
E se caía sobre as súas cabezas? Que minerais habería na estrela?
Unhas semanas despois os tres homes coincidiron no camiño. Decidiron seguir xuntos o resto da  viaxe, xa que ían charlando animadamente do estraño fenómeno.
Días máis tarde, encontraron un grupo de  pastores que armaban moito alboroto.
Eles dicían que estaban moi contentos porque nacera o rei do seu pobo. Ó oír isto, os magos pensaron que debían  ir a presentar os seus  respectos ó novo rei.
O alquimista  regalaríalle o ouro que traía.
O astrónomo, que tamén era médico, prepararía o seu ungüento medicinal máis famoso: a mirra.
O terceiro, prepararía  un perfume, incenso, para derramar sobre a cabeza do novo rei.
Os tres soñaban con conseguir o éxito e a fama, no pazo do rei!
Seguindo as indicacións dos pastores, chegaron ó lugar do nacemento. Alí non había ningún pazo, o novo rei estaba  nunha corte, o seu berce era onde comía o gando  e os servos, que estaban ós seus pés, eran simples pastores. Durante moitos días non sabían que pensar, ata que, abraiados, decatáronse de que a estrela que estaban seguindo parara xusto alí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario