jueves, 17 de mayo de 2012

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MIGUEL


Agora eres canzón de alma pechada...
Agora eres unha alma libre.

Agora eres canzón que xa non cantan...
Na guitarra que non ten cordas.

Agora eres canzón de lonxe ouvida...
Agora eres a miña canzón querida.

Agora eres canzón de orballo e folla...
Agora eres canzón de folla e orbillo.

Agora eres canzón de ecos na teima,...
Agora eres canzón de ecos na terra.

Agora eres canzón que se esgazara...
Agora eres canzón de alma perdida.

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
Onde as piraguas nadan con présa.

Agora eres canzón de ronda eterna...
Agora estás no inferno.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARÍA GÓMEZ


Agora eres canzón de alma pechada
Canzón melódica asolagada.

Agora eres canzón que xa non cantan
Canzón triste e sen palabras.

Agora eres canzón de lonxe ouvida
Canzón de silenciosa melodía.

Agora eres canzón de orballo e folla
Canzón que se a tocas, molla.

Agora eres canzón de ecos na teima,
Canzón delicada e augacenta.

Agora eres canzón que se esgazara
Canzón débil que se esconde nos brazos da túa fala.

Agora eres canzón, arrolo calmo,
Descoidada melodía do pasado.

Agora eres canzón de ronda eterna
Canzón alegre e duradeira.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, RODRIGO ERNESTO


Agora eres canzón de alma pechada
Que xa non di nin transmite nada.

Agora eres canzón que xa non cantan
Que toda a música e letra espanta.

Agora eres canzón de lonxe ouvida
Que pareces que sempre estás durmida.

Agora eres canzón de orballo e folla
Que na natureza se esconde e perde.

Agora eres canzón de ecos na teima,
Que todo o queima.

Agora eres canzón que se esgazara
E en mil pedazoa quedara.

Agora eres canzón, arrolo calmo,
Unha canzón pertencente ao pasado.

Agora eres canzón de ronda eterna
Que sexa nas festas, nos bares e nas tabernas.

HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, PABLO FERNÁNDEZ


Agora eres canzón de alma pechada
Que é escoitada pola nada.

Agora eres canzón que xa non cantan
O que lle ocorren ás persoas con esperanza.
 
Agora eres canzón de lonxe ouvida
Que xa non pode vivir a súa vida.

Agora eres canzón de orballo e folla
Que vive a súa vida de folla en folla.

Agora eres canzón de ecos na teima
Que mira a súa terra.

Agora eres canzón que se esgazara
Para que relaxe a alma.

Agora eres canzón de ronda eterna
Para pasar pola herba.

lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL... FELIZ DÍA

Hoxe é o día internacional do libro! Un día... de libros! E a nós gústannos os libros, as lecturas, as aventuras, os soños, as emocións...

jueves, 22 de marzo de 2012

Feliz día da poesía e da árbore!


O día 21 de marzo é un día moi especial! Comeza a primavera, é o día da poesía e da árbore! Este ano na expociencia, dedicamos os traballos ao bosque e ás nosas árbores!


Feliz día!