jueves, 29 de noviembre de 2012

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

No mes de novembro os cursos de 5º e 6º de EP máis os da ESO realizamos unha saída a Santiago organizada polos Departamentos de Galego e Ciencias. Primeiro fomos á Cidade da Cultura para ver a exposición Gallaecia Petrea.




Despois os de 5º e 6º de EP fomos ao Parlamento Galego. O que máis nos gustou foi o Salón de Plenos onde se discuten e deciden as leis.





Pola tarde, mentras os da ESO foron ver a exposición virtual do Pórtico da Gloria, os de EP fomos ao Museo do Pobo Galego. Gustounos moito e aprendemos moitas cousas do noso pasado.




jueves, 22 de noviembre de 2012

 CÓMICS POLA NOSA LINGUA

Imos ir subindo aos poucos unha serie de cómics que facemos en clases relacionados coa nosa lingua. Esperamos que vos gusten.








lunes, 12 de noviembre de 2012

MAGOSTO - 2012

O 9 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Pero xa durante a semana estivemos a traballar todo tipo de literatura relacionada con esta festa: adiviñas, cantigas, ditos, refráns... Neste vídeo temos un traballiño feito por nenos de 3º, 4º e 5º de EP.






jueves, 17 de mayo de 2012

Festa das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012-COLEXIO GUILLELME BROWN
Durante a semana das Letras Galegas moitas foron as actividades propostas polo Centro e coas que o alumnado traballou moi animadamente en pro da nosa lingua. A celebración tivo o seu colofón o venres 18 co festival no que cada curso amosou a súas dotes artísticas de moi variadas temáticas. Música, danzas populares, recitados, teatro… fixeron as ledicias de todos os presentes e cos que se rendiu homenaxe a Valentín Paz Andrade.

Programa Letras Galegas 2012
• Exposicións de traballos.
• Lemas, marcalibros...
• Xogo de pistas
• Festival (Venres ás 12,15)
Infantil::Canción PIRIMPIMPIN
1º EP: e 2º EP: Teatro: “Os personaxes dos contos”
3º e 4º EP: “As palabras máis fermosas”.
5º e 6º EP: “Cantiga popular”
1º ESO: “Cando ti volvas polo mare” (Recitado)
2º ESO: “Cantiga medieval”
3º e 4º ESO: Presentacións e biografía
de Valentín Paz Andrade
Fin de festa: Muiñeira a cargo do grupo folk.





HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARTÍN


Agora eres canzón de alma pechada...
Na que non se pode ler.

ILUSTRACIÓN DANIEL GONZÁLEZ
Agora eres canzón que xa non cantan...
Pola túa lonxanía.

Agora eres canzón de lonxe ouvida...
Porque as túas letras saen voando.

Agora eres canzón de orballo e folla...
Que non ten árbore.

Agora eres canzón de ecos na teima,...
Porque non queres falar.

Agora eres canzón que se esgazara...
Cos ventos.

Agora eres canzón, arrolo calmo,...
Tempestade serea.

Agora eres canzón de ronda eterna...
Da que non sae ningún san.