jueves, 15 de marzo de 2012

Poema a Galicia... MIGUEL MATA

GALICIA, TERRA BELA
Eu, como alemán en Galicia entrei
Eu, como moi pequeno que era non me fixei
Na preciosa terra, terra fértil,
Galicia, terra bela.
As súas pradeiras,
Os seus gandos,
Os seus montes,
Galicia, terra bela.
Parece que ten vida
Dorme polo día
E esperta pola noite
Vixía que os galegos durman,
Galicia, terra bela.

martes, 6 de marzo de 2012

Os alumnos de3º e 4º homenaxean ao carro!

Grandes coñecedores da etnografía galega, o alumnado de secundaria quixo facerse unha foto nas cortes da casa de Trasalba cun dos elementos máis emblemáticos da tradición gandeira e agrícola galega... E de paso agradecerlle ao profesor de galego dos primeiros anos as súas ensinanzas! Vai para ti, Xosé!

Visita á Casa de Otero Pedrayo e á fervenza do Viñao

3º e 4º de Secundaria fomos de visita. A primeira parada foi a casa familiar de don Ramón Otero Pedrayo, onde se conservan os seus libros, o seu despacho intacto, os mobles, os xardíns... e a xoia de Otero: o mapa de Galicia de Fontán. Pero hai outros habitantes que fixeron as delicias da nosa saída: coellos, poldros, ocas e galiñas que se deixaron acariñar.
Temos que agradecer a Susi, a coidadora e guía da casa, todas as súas explicacións e o grato momento que nos fixo pasar. Despois dun pequeno paseo polos xardíns, e de comer as laranxas doces da solaina, seguimos camiño cara ao Formigueiro. Nesta pequena aldea, con forma circular e con tumbas antropomórficas, observamos  a capela con moito detenemento, grazas ás explicacións de Jordi. Alí na fachada está unha pedra bonita, con figuras zoomórficas e vexetais.

Despois, fomos cara ao Viñao, para comer ao pé da fervenza do río Barbantiño... Quedamos con moitas gañas de volver!...

viernes, 24 de febrero de 2012

O AMOR E TI

Para min o amor é… algo que hai que vivir, é dicir,  a miúdo podemos ver á xente nova (máis ou menos da miña idade), tendo relación con outras mozas ou mozos, e de súpeto,  parecen máis maduros. Eu sei que non ten nada que ver, pero síntome como se fose un cativo por non ter relación, por iso para min o amor pode ser “un sinal” de madurez.
Marco Schettino

O amor é para as persoas
Como o lacón é aos grelos.
                        Pablo de la Torre

O amor é oma o alcohol: cando o bebes sénteste coma un deus… pero sempre vén a resaca.
Pablo Fernández

Para min o amor non é máis ca parvadas de dúas persoas.
María Gómez

O amor é coma unha mazá infestada por vermes: preciosa por fóra, pero noxenta por dentro.
Rodrigo E. Masid

Quérote moito,
como a troita ao troito.
                        Carla Mouriño

Estar sen ti é como nun día de feira comer o polbo con garfo.
                        Marta Álvarez

O amor é como o carbón na lareira,
E a amargura é como o leite no pantano.
                        Miguel Mata

O amor sen ti é como comer as patacas sen sal.
                        Alba Morenza

Por unha mirada, un ceo;
Por un sorriso, un mundo;
Por un bico... non sei que daría por un bico teu,
Porque morro sen ti
E só vivo estando xunto a ti.
                        Sergio Bernárdez

martes, 7 de febrero de 2012

Os de 6º recomendámosvos un libro

A 15 de febreiro os alumnos de 6º iremos a Ourense para ter un encontro literario con Jacobo Fernández Serrano. Para iso tivemos que ler un dos seus libros.



martes, 10 de enero de 2012

Os libros pola noite... teñen vida... Se non me cres... mírao ti!!!

Historia solidaria, Daniel Gónzalez

Érase unha vez un príncipe acostumado a non traballar, que nunca facía nada, todo o que quería dábanllo os seus servos. Este príncipe era moi malvado e mandaba desterrar a todo aquel que dicía algo malo del.  Entre a xente existen rumores de que desterrou  a máis de duascentas persoas.
O príncipe era tan malo e descarado que nin sequera obedecía ao seu pai, o rei! Un día ofendeu tanto ao seu pai, o rei, que se viu obrigado a desterrar ao seu fillo a pesar de ser a súa única descendencia.
O príncipe, cando xa estaba fóra do reino do seu pai, non sabía que facer e onde durmir. Estaba anoitecendo e non encontraba ningún lugar onde refuxiarse do frío da noite. Cando xa estaba desesperado ao non encontrar un refuxio nin nada que comer, encontrou un pequeno lugar, e observou que estaba iluminado, polo que seguramente había alguén alí.
O príncipe entrou no refuxio e encontrou a un home que estaba ceando, e ordeoulle ao home que lle dese a comida, pero o home negouse, pero se o pedía por favor, ao mellor dáballe a metade. O príncipe desesperado aceptou. Despois de cear os dous foron durmir.
Ao día seguinte, o home espertou ao príncipe e díxolle que se levanta que había que ir cazar para ter algo de comer e facer mellor o refuxio. O príncipe negouse e dixo que se quería facer algo que o fixese el mesmo. O home indignado dixo que ía cazar e que se ao volver non vía cambios no refuxio, o príncipe non comía. O príncipe ao ver ao home que non lle daba comida decidiu poñerse a traballar.
Despois de case dezaseis meses, o home e o príncipe fixéronse amigos, e dous meses máis tarde o pai do príncipe púxose moi enfermo, e mandou buscar ao seu fillo, xa que era a súa única descendencia.
Cando os soldados do rei encontraron ao príncipe o rei xa morrera, e comunicáronlle que se el non volvía o reinado tería serios problemas. O príncipe decidiu volver sen pensalo, pero volveu co seu novo amigo, que o axudara a sobrevivir durante os últimos meses.
O príncipe cando volveu ao seu reino cambiara moitísimo,  xa que por fin comprendía o que era ser campesiño, así que para facer un pouquiño mais fácil á vida dos campesiños baixou os impostos e deixou de ser tan malvado.
Ao seu novo amigo, deulle unha habitación no palacio real e tería todo o que el quixese, e ao final o rei como o seu novo amigo acabaron sendo máis felices por compartir o que ten con quen o necesita.