martes, 10 de enero de 2012
Historia solidaria, Daniel Gónzalez
Érase unha vez un príncipe acostumado a non traballar, que nunca facía nada, todo o que quería dábanllo os seus servos. Este príncipe era moi malvado e mandaba desterrar a todo aquel que dicía algo malo del. Entre a xente existen rumores de que desterrou a máis de duascentas persoas.
O príncipe era tan malo e descarado que nin sequera obedecía ao seu pai, o rei! Un día ofendeu tanto ao seu pai, o rei, que se viu obrigado a desterrar ao seu fillo a pesar de ser a súa única descendencia.
O príncipe, cando xa estaba fóra do reino do seu pai, non sabía que facer e onde durmir. Estaba anoitecendo e non encontraba ningún lugar onde refuxiarse do frío da noite. Cando xa estaba desesperado ao non encontrar un refuxio nin nada que comer, encontrou un pequeno lugar, e observou que estaba iluminado, polo que seguramente había alguén alí.
O príncipe entrou no refuxio e encontrou a un home que estaba ceando, e ordeoulle ao home que lle dese a comida, pero o home negouse, pero se o pedía por favor, ao mellor dáballe a metade. O príncipe desesperado aceptou. Despois de cear os dous foron durmir.
Ao día seguinte, o home espertou ao príncipe e díxolle que se levanta que había que ir cazar para ter algo de comer e facer mellor o refuxio. O príncipe negouse e dixo que se quería facer algo que o fixese el mesmo. O home indignado dixo que ía cazar e que se ao volver non vía cambios no refuxio, o príncipe non comía. O príncipe ao ver ao home que non lle daba comida decidiu poñerse a traballar.
Despois de case dezaseis meses, o home e o príncipe fixéronse amigos, e dous meses máis tarde o pai do príncipe púxose moi enfermo, e mandou buscar ao seu fillo, xa que era a súa única descendencia.
Cando os soldados do rei encontraron ao príncipe o rei xa morrera, e comunicáronlle que se el non volvía o reinado tería serios problemas. O príncipe decidiu volver sen pensalo, pero volveu co seu novo amigo, que o axudara a sobrevivir durante os últimos meses.
O príncipe cando volveu ao seu reino cambiara moitísimo, xa que por fin comprendía o que era ser campesiño, así que para facer un pouquiño mais fácil á vida dos campesiños baixou os impostos e deixou de ser tan malvado.
Ao seu novo amigo, deulle unha habitación no palacio real e tería todo o que el quixese, e ao final o rei como o seu novo amigo acabaron sendo máis felices por compartir o que ten con quen o necesita.
Un Nadal movido, de Marco Schettino
Ah, a noite do vinte catro de decembro, a noite antes do Nadal, todas a familias celebran este evento estando en familia, a felicidade apoderase de todos e por unha vez, non temos que pensar no futuro para animarnos… pero … que pasa… con esa xente?, si, esas persoas que, tan pobres son, que non poden celebrar o Nadal… Que fan?
A nosa historia centrase nun grupo de indixentes, eran tres homes que vivían na miseria, un chamábase Pancho, o segundo era Perico e por último Manolo, os tres con roupa vella, sucia e desfeita de todo. Eran bos amigos e axudábanse pero… non tiñan boa reputación entre a xente da cidade…
Os pais sempre lle advertían aos nenos que non se acercaran a eles porque eran “xente mala”, todo o mundo falaba mal de eles sen nin sequera saber como eran en realidade, dicían que agochaban droga, que roubaban, que polas noites facían cousas terribles aos nenos que atopaban na rúa… en fin, calquera cousa. O caso era que, cada vez que se deixaban ver pola xente da cidade, eran perseguidos polos policías e outros ata ser expulsados.
Eles non entendían nada, eran pobres, nada máis, e non lle podían facer nada… Deprimidos de todo, decidiron agocharse cerca dunha fábrica que xa non se usaba para nada, e alí pasaron unhas cantas noites sen ser descubertos, seguro que habería algún becho e ía un frío… pero eles xa estaban ben acostumados, utilizaban os tres a mesma e única manta que tiñan e durmían…
Pero todo isto cambiou a noite antes do Nadal …
Os tres amigos atopábanse botando unha ollada ás casas, todos eses adornos colgados, o típico Santa Claus subindo escaleiras que se atopaba colgando dos balcóns, polas ventás víanse árbores decoradas con moitos adornos, en fin, todo era precioso… e os tres miraban coma parvos.
Non tardaron moito en ser vistos por algún indesexable e emprenderon a fuxida por se acaso…
Ben, xa rematado o paseo, Pancho, Perico e Manolo puxéronse a cear, pois si, hoxe tiveran sorte: Unha pizza recen… tirada ao lixo, aínda estaba quente, ( xa o sei, para nós “BAH”, pero para eles “ÑAM” ) e puxéronse a comer .
Cando remataron (que quere dicir pouco porque tiñan unha fame de xigante…) “intentaron” durmir. Pero pouco despois foron espertados por un golpe tremendo, tampouco era para tanto pero… tivo que doer.
Os tres colegas dirixíronse cara ao lugar de onde proviña o golpe… xa antes de que puideran chegar, viron varios renos correndo sen rumbo. Ao chegar viron outro reno, pero este co nariz vermello, e ao lado, unha zorra chea de bolsas enormes, iso si, a sorpresa foi que estaba dentro.
Pois claro, non ía ser outro que Santa Claus, pero cunha perna rota, escoitábaselle protestar “BRRR!, estes tellados de hoxe non valen nada”. Os tres estaban abraiados.
Despois de axudar a Santa e reunir aos renos, este explicoulles que intentara pousarse cos renos no tellado, pero que estaba tan esvaradizo que “descarrilaran”, e así acabaran abaixo. Despois, os tres empezarían a contar a súa situación… Despois, o barbudo vermello dixo : “Fágovos un trato: eu douvos o que necesitades para ter un traballo e saír da miseria … e vós, a cambio, axudádesme a repartir os regalos para os nenos, que esta perna non quere andar”.
Repartir regalos por todo o mundo era ben complicado, pero a cambio dun traballo, os tres amigos farían calquera cousa. E así, partiron os catro a repartir polo globo adiante, Santa pasaba os regalos dende a zorra, e os demais facían o resto… a xornada foi longa pero remataron en tempo. Santa acudiu a un medico e a perna curouse como e debido. Santa deixou aos amigos na súa cidade e marchou…
E que lles pasou? Pois agora traballan facendo xoguetes, non é moito pero xa teñen para vivir…
Puqui e o Nadal, de Rodrigo Ernesto
Era o primeiro domingo de Novembro. Era un día frío, e nevaba. Un pai e o sei fillo Andrés preguntábanse se era verdade o que estaban vendo: un automóbil detívose, unha porta traseira abriuse e alguén fixo baixar un can do coche. "¡Báixate, Puqui!", ordenou unha voz dende o interior. O pobre animal quedou desconcertado cando o coche se afastou a toda velocidade. E correu desesperado detrás do vehículo.
Puqui tería uns sete meses, pequeno, de patas longas e pelo curto de cor marrón e tiña a cola negra. O pai e o Andrés non volverían a velo ata moito despois, pero imaxinaron que aquela noite, esgotado e amedrentado, durmiría no primeiro sitio que atopou. Á mañá seguinte comezou a buscar ós seus donos. Ese día non comeu e apenas bebeu un pouco de auga estancada. O días e as noites facíanselle interminables. Ás dúas semanas estaba fraco e débil, mais distinguíase pola súa cola negra. Como era moi novo, empezaba a esquecer quen o tirou e quen era o seu dono. Recorda vagamente un patio soleado onde xogaba despreocupado.
Aínda que a xente o espantaba por estar sucio, Puqui sentía unha atracción polas persoas. Cando descobre que alguén o mira compasivo, achégaselle timidamente coa cabeza gacha e ollos que piden unha caricia. Pero sempre esa persoa que se detivo misericordiosa volve a mirada e segue o seu camiño.
Dez días despois de presenciar aquel abandono, Toby, un marabilloso can grande e bonachón, de catro anos de idade, escapa do seu fogar e pérdese. Os seus donos buscárono por toda a cidade, pero non apareceu.
Resulta que aquel can era da familia do pequeno Andrés, e estaba desconsolado. Achegábase o Nadal e todo parecía que ía ser triste.
Toby afastárese moito da súa casa. Intentou regresar, pero camiñou en sentido contrario e terminou nun mundo descoñecido para el, o centro da cidade.
Durante días e noites correu desesperadamente buscando á súa familia, ata que o esgotamento detivo á súa carreira. A súa mirada apagouse e o seu abundante pelo pronto foi unha maraña sucia e enredada.
Un día que chovía copiosamente, o pobre Toby trotaba pegado á parede buscando algún oco onde descansar cando se topou cun can fraco, asustado e empapado que se detivo e o mirou con curiosidade. Toby e Puqui quedáronse estáticos baixo a choiva observándose con expectación. Puqui, moveu un pouco a cola e Toby achegóuselle. Enseguida se fixeron amigos e vagabundeaban xuntos. O pequeno seguía ó grande a todas partes, buscaban comida xuntos e nas noites frescas pegábanse un co outro. Toby seguía coa súa idea de localizar a súa casa.
Finalmente, chegou o 24 de Decembro. Pasaron exactamente catorce días dende que Toby se perdera, e Andrés estaba cada día máis e máis triste pola desaparición do seu adorado can. Os seus pais, preocupados por tan prolongada apatía, decidiron levalo a divertirse a un parque de atraccións, pero non deu resultado. Andrés seguía triste, e ata que o seu can non aparecese el o seguiría estando.
Ó saír do parque de atraccións, rapidamente chegaron á súa casa, onde os avós de Andrés esperaban para a cena de Noiteboa. Estaban a medio camiño, e de súpeto, Andrés falou por primeira vez en varios días.
-Mirá, papá, ese can, que fraco está!
O pai mirou a onde Andrés sinalaba, e viu a Puqui. Recoñeceuno pola súa inconfundible cola negra.
-Pero se é aquel can que abandonaron hai unas semanas! Ó que tiraron á rúa desde aquel coche! Acórdaste? Foi antes de que se perdera Budy. Que mal está, o pobre can.
-Mira como nos mira, papá, como se quixera vir con nós...
-Non, Andrés, non podemos.
-Quero acariñalo, papá, por favor... Para o coche un momento!
O pai sabía que se paraba e o acariciaba, terminarían por levalo á súa casa si ou si. Pero como podía negarlle iso despois do triste que estaba o seu fillo? Os pais de Andrés falaron un momento en voz baixa. Finalmente, decidiron que podería baixar.
Andrés baixou do coche e acariciou moito ó can. Puqui, por primeira en moito tempo, estaba tolo de alegría, movía o rabo, saltaba feliz…
-Papá, está moi fraco, hai que darlle de comer.
-Está ben, súbeo ó coche que o levamos a casa.
Andrés, moi contento e feliz, como non estaba en semanas, tratou de convencer ó can para que subira. Pero Puqui non avanzou. Quedou parado. Andrés insistiu en chamalo pero o can, lonxe de subir ó coche, foise cada vez máis. Ladrou como se quixera dicirlles algo. Íase deles, detíñase e ladraba. O seu comportamento era moi raro. Andrés probou a collelo pero nada. Andrés quería ir tras el, pero os seus país non podían perder máis tempo.
-Déixao, Andrés. Xa é tarde, e ademais lembra que os teus avós están esperando na casa para cear, e se tardamos moito, vanse preocupar.
-Pero, mamá, por favor!
-Fai caso á túa nai, Andrés, está claro que ese can non quere vir con nós . Tes que deixalo.
O pai puxo entrou no coche e púxoo en marcha. Puqui correu e xa dobrara a esquina. Andrés comezou a chorar e chorar, berraba. Ó velo así, seus pais non podían negarlle iso naquel momento. O pai apagou o coche, e Andrés parou de chorar de repente.
Oíronse ladridos na volta da esquina, e Andrés foi a ver qué pasaba.
-Papá, mamá! Mirade! É Toby!
Da esquina saíron Andrés, Puqui e Toby correndo cara o coche.
-É Toby!
Recoñecera o coche e viña correndo a toda velocidade. E detrás del, ladrando, viña Puqui! Non quería abandonar ó seu compañeiro e por iso tratou de que Andrés o seguira.
Andrés meteu os dous cans no coche, e fóronse cara á súa casa. Cando chegaron, os avós estaban sorprendidos de velos chegar con Toby e outro can descoñecido. Andrés volveu estar feliz desde entón. Toby volvía ó seu fogar e Puqui atopou un novo no que estaba seguro de que viviría ben xunto co seu compañeiro.
Agora si que estaban preparados para celebrar a cea de Noiteboa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)