lunes, 21 de marzo de 2011

PESADELO NA LAREIRA, de Álex García

Era  xa  arredor  do  mediodía cando déronme a noticia de que non había colexio, dende a miña ventá vese toda a neve derreténdose coma un líquido que non quere ser evaporado tratando de evitalo ciclo.
Chámome Víctor teño quince anos e o que vou contar non volo ides crer, foi un luns (¿por qué todo ocorre os luns?) tampouco había colexio e quedei cos meus dous mellores amigos Jorge e Amy. Fixeramos unha escapada para asustar aos nosos pais que o merecían e ocorréusenos ir cara o bosque todo o día coma aventura.
Eran xa as sete, estabamos sentados, cando dixen se subiamos un pouco mais a ladeira para botar un ollo e prender un lume, estabamos nun bosque con moitísimas arbores e cunha néboa que nunca vin na miña vida, ademais o vento sopraba cunha forza e frío que dabas notado nos teus ósos. Había pouca luz natural polo que o movemento das follas xogábanos malas pasadas, non foi a primeira vez que calmaba a Amy, cando de súpeto xeóuseme a sangue, vin a silueta de un home tirado no chan con sangue por todas partes e quedámonos inmóbiles aguantando o berrido xa que Jorge que era moi observador viu a dereita dous pares de ollos que non volverei a esquecer na miña vida, eran os asasinos, por sorte non nós viron nos refuxiamos coa axilidade dun felino cara uns matorrais sen ser detectados. Os asasinos falaban e ríanse, cando de súpeto Amy caeu de costas provocando o ruído dun pau romper debido ao seu peso, eu rápido a collín da man e xunto con Jorge saímos correndo coa mala sorte de ir cara a cima.Refuxiámonos nun oco dunha arbore na nosa fuxida tiven a sensación dun alento na caluga, o que non me permitiu ver era uns ollos que me seguían dende a escuridade onde vían onde nos atopabamos. A situación era moi preocupante xa que os móbiles de Amy y Jorge se caeron na escapada mentres o meu que era o peor do mundo non tiña cobertura, fixemos unha reunión e decidimos da a volta ao bosque unha manobra ariscada, cando de súpeto houbo oín tiro de rifle na arbore saltando astillas por tódolos sitios empezamos a correr Jorge por error separouse de nós e o perseguiron eu intentei seguilo deixando nun lugar seguro a Amy pero esto non era tan fácil coma nas películas as pernas non me respondían e caín Amy viño a axudarme vin que tiña unha aparencia desastrosa chea de suciedade e suor cando decateime de que eu estaba nas mesmas e notei impotencia cando detectei esvarándose polas miñas meixelas, arrastrándome coa axuda de ela conseguín chegar un lugar seguro. Estabamos tremando de frío e de súpeto vin unha persoa arredor dos trinta anos cunha escopeta por sorte dende a nosa posición era imposible, tiña un Walkie-talkie onde oíase a voz masculina gritando que habíano atrapado, xusto nese momento decateime de Jorge e tratei de pensar que falaban dun xabarí dando falsas esperanzas e animarme sabía que eran seguramente asasinos a soldo ou tolos polo seguímolo ata un lugar chan onde desapareceu aínda non estou seguro como o fixo.O lugar parecía baleiro cando na póla dunha arbore todas as miñas peores suposicións saíron a luz dándome de bruces coa realidade estaba colgado o corpo inerte do meu amigo onde víase a ferida de bala na cabeza e coma estaba bocabaixo pingáballe as gotas de sangue a presión que sentín no corpo foi tal que me caín cerrei os ollos cunha forza pensando que era un sono cando volvín coller valor para mirar vin a Amy correndo cara el e oíuse o sonido infernal duns  rifles e vin coma atravesaban as balas o corpo de Amy e coma se fose de papel caeu morta.Nese momento non sei porque pero instintivamente saín correndo cando saíume o paso un home que sería seguramente o terceiro e con toda a miña rabia e nun descoido seu collinlle a arma e dispareille ata velo no chan. Na miña carreira pola vida caín ladeira abaixo rodaría uns douscentos metros e cando parei vin unha carreteira onde paroume un camión e o condutor colleume a arma tirouna e apuntoume con outra e entón caín na conta de que podían ser catro mandoume cara a parte de atrás do camión, fun amordazado e maniatado. Unha mágoa que fose vintecatro de decembro e non o puidese disfrutalo cos meus pais en vez de facer a maior estupidez da miña vida. E coma se fora todo real a miña nai  espertoume , a pena que non me había acordado do que soñei, xa que agora doume conta de que o que soñei foi todo o que me sucedeu ese día e ese soño foi un deja vu.

O MEU FERMOSO AMOR, de Henrique Rodríguez


Teño dúas mans
para  poder tocar o meu amor.

Teño dous ollos
para poder mirar o meu amor.

Teño dous oídos
para poder escoitar o meu amor.

Teño unha boca
para poder bicar o meu amor.

Teño unha cabeza
para poder pensar no meu amor.

Teño un corazón
para poder sentir o amor.

E teño un corpo
para poder
tocar,
mirar,
oír,
bicar,
pensar,
sentir e coidar

O   MEU    FERMOSO    AMOR!

Cantiga, de Uxía Fernández

Neve branca e fermosa,
na ladeira feitizosa,
ti que me dás tanto frío,
atoparei meu amigo?


Cumios da serra nevada,
dos teus bosques encantada,
confieino ao teu abrigo,
atoparei meu amigo?


Ventos que moven as ramas,
chuvias que empapan as almas,
 busquei nas beiras do río,
e atopei o meu amigo

Amizade para sempre, por Ana Esteban


Hai tempo que o sei
E recordo o momento exacto,
Pois é demasiado fermoso
 o que souben dos teus labios.

Pensei que era unha ilusión.
Como unha pantasma que rexorde por amor
Algo que aparece e desaparece
Pero que ao final está ao teu carón
         
Só viñas os veráns
Coas túas verbas agarimosas
Co teu sorriso esbrancuxado
E coa túa mirada marabillosa
E dixeches moi alto
Moi claro o berraches
Para que ninguén o esquecera
AMIGOS PARA SEMPRE!!!!

UN NADAL ATÍPICO, por Martín Rojo


Eran vésperas de Nadal. As luces de cores da rúa pestanexaban a través do cristal do seu cuarto. Martín acababa de encontrar o paquete que levaba un rato buscando. Desenvolveuno con moito coidado e alí estaban as figuras do Belén africano que o xefe da aldea do Congo, onde había estado o Nadal do ano pasado, lle había regalado. Dirixiuse ao salón e alí, sobre unha repisa do moble, comezou a colocar coidadosamente as figuras negras coas súas vistosas vestimentas. Mentres ía montando o seu particular Belén, viñéronlle a cabeza aqueles fermosos días de Nadal do ano pasado.
            Eran principios de Decembro cando decidira irse ao Congo cuns amigos  dunha ONG para levar a cabo o proxecto de construír un pozo de auga nunha aldea. Os seus pais intentaron disuadilo porque suporía que non pasaría o Nadal con eles e co resto da familia pero, ao final, admitírono.
            Cando chegaron á aldea puideron ver as condicións nas que aquela xente vivía. As mulleres e os nenos tiñan que ir todos os días andando tres quilómetros de ida e tres de volta para acadar auga para as casas. Era por iso, e por o resto das tarefas domésticas que tiñan que facer,  polo que case ningún neno asistía á escola.
            A construción do pozo levaría, máis ou menos, un mes de traballo así que, ao día seguinte de chegar,  puxémonos mans á obra.
            A expectación na aldea polo noso traballo era tremenda; os homes, cando pasaban  co gando preto de nós, facían unha parada para ver como ían as obras e, cando rematábamos a xornada, íamos rodeados por máis de unha ducia de nenos e nenas saltando e cantando  o redor de nós, ata que chegábamos á misión, que era onde nos aloxábamos.
            Mentres  tanto, na misión e nas casas da aldea comezáronse a ver as primeiras sinais de que o Nadal se achegaba: Beléns nas portas das casas, polas de palmeira decoradas con pequenas campás de papel...
            O día de Nadal, que non traballamos, espertáronnos os cánticos de un grupo de xente que ía percorrendo os camiños da aldea anunciando o día de festa.
            Polo serán, xa todos engalanados, os que podían con traxes novos, acudiron á pequena igrexa da misión a escoitar misa e a ofrecerlle ao “Neno” presentes no altar maior.
            Xa de noite, celebrouse unha cea ao aire libre, á que fomos todos convidados, e na que non faltaron, guisos de carne de polo e cabra, mandioca, arroz e unhas cunquiñas de viño de palma. Despois da cea comezaron a cantar e a bailar, e todos vímonos arrastrados na súa ledicia.
            Aínda que os seus recursos eran moi poucos, tamén intentaban sorprender aos seus con regalos: xabóns e panos de algodón para elas, lapis e caramelos para os nenos, algún libro, algún xoguete….A cada un de nós, o xefe da aldea entregáranos as figuras dun Belén feitas en madeira por os nenos e vestidas con traxes de cores por as mulleres.
            Cando esa noite me deitei, lembrárame moito da miña familia, dos meus pais, dos avós, dos meus irmáns, dos meus sobriños. Eles, supuxen, tamén se acordarían moito de min pero nunca poderían imaxinar o que eu houbera dado por telos a todos ao meu carón, gozando da fermosa festa á que eu tivera a ocasión de asistir.
            Os días seguintes foron de moito traballo pero o pozo case estaba rematado. Era venres e, soamente faltaba fixarlle unhas pezas á bomba manual para a extracción de auga.
            Cada vez había máis xente arredor de nos. Cando dimos por acabado o noso traballo dirixímonos o xefe do poboado para que fora el a primeira persoa que obtivese a prezada auga. O xefe colleu a manivela de arriba abaixo, de abaixo arriba mentres as caras da xente, e especialmente os grandes ollos dos nenos non perdían detalle ata que a auga comezou a brotar. Foi unha ledicia indescritible. Todos comezaron a saltar, cantar, rir … 
            Non nos decataramos! de que era venres, día seis de xaneiro,  día dos Reis Magos. Nunca tiveramos un regalo tan marabilloso, o agradecemento e a delicia daquela xente, por algo tan básico no noso mundo como a auga.
            Os días seguintes puidemos comprobar como, pouco a pouco , a vida, especialmente das mulleres e dos nenos era mais doada , cada vez máis nenos podían asistir a escola e as mulleres tiñan máis tempo para dedicarlle a súa horta e a traballos artesáns que logo podían vender no mercado.
Cara a finais de xaneiro volvimos a casa traendo connosco para sempre a imaxe daquelas persoas sorrintes e agradecidas.
            O son da porta da casa ao pecharse levouno de volta ó seu salón. Era a súa nai, e dirixíndose a ela díxolle: “ si, decididamente, pola tarde irei en busca dalgunha póla de palmeira, para completar de adornar o Belén”.

UN NADAL SIGNIFICATIVO, por Sandra Somastre

Chámome  Xoana  e  busco  o  verdadeiro  significado  do  Nadal.
Cando  era  pequena  o  Nadal  era  o  mellor  momento  do  ano,  viñan  os  reis  Magos  co  seu  cargamento  de  regalos  e  eu  era  feliz.  Aínda  así  prefería  a  celebración  de  Santa   Claus,  porque  dábame  tempo  a  xogar  con  todos  os  xoguetes.
Nesa  época  o  único  que  me  importaba  era  iso,  os  xoguetes,  recordo  que  pasaba  todo  o  mes  de  Novembro  recortando  as  imaxes  dos  folletos  dos  xoguetes  e  pegábaos  nun  papel  para  logo  envialo.
A  verdade,  nunca  me  preguntei  porque  sempre  os  meus  pais  preguntábanme  que quería,  agora  detéñome  e  penso,  se  eran  os  reis,  e  Santa,  os  que  traían  os  regalos, para  que  raios  o  querían  saber  os  meus  pais?,  claramente,  para  compralos.
Que  ilusión  me  facía  a  noite  do  24,  metíame  na  cama  e  recordábame  que  canto  antes me  durmira  antes  chegaría  a  mañá  seguinte  e  abriría  os  regalos.  Recordo  cada  Nadal  como   se  fora  onte,  a  miña  irmá  víñame  buscar  e  xuntas  collíamos  todos  os  regalos  e poñiámonos  na  sala  de  estar  a  abrilos  e  a  emoción  fluía  por  min.
A  idade  entre  os  oito  e  os  nove  anos,  non  recordo  ben  como  nin  por  que,  a  miña  irmá  colleu  e  díxome:  -“Nin  os  reis  nin  Santa  Claus  existen,  é  todo  mentira”.  Chorei, sobre  todo  porque  levoume  o  garaxe,  alí  estaban  os  regalos,  non  foi  un  bo  momento, tampouco  a  mellor  maneira  para  contar  algo  así.
Os  anos  seguintes  a  ese  momento,  o  Nadal  non  significaba  nada  para  min,  vale,  minto.
Admito  que  non  o  sentía  da  mesma  maneira,  pero  agora  ía  a  tenda  cos  meus  pais  e elexía  directamente  os  regalos,  o  malo  e  que  tiña  que  esperar  a  mañá  de  Nadal!
Cando  deixei  de  pedirlles  regalos  o  Nadal  colleu  un  aspecto  diferente,  non  me  gustaba facer  gastar  o  diñeiro  os  meus  pais,  aínda  por  encima,  eu,  xa  tiña  unha  mentalidade diferente,  unha  mentalidade  que  me  dicía  que  para  que  quería  unha  Barbie?  Era  mellor roupa  ou  diñeiro  para  aforrar,  aforrar?  De  verdade  cambiei  tanto?  Anda  que…  vaia  infancia!
Cando  cumprín  os  trece  comecei  a  preguntarme  que  era  de  verdade  o  Nadal,  xa  non pensaba  nesta  época  do  ano  coma  nunhas  semanas  de  regalos  e  de  portarse  ben  e  incluso  bicar  os  velliños  que    vías  nestas  datas  para  que  te  desen  cinco  euros  e dixesen:  -“Toma  neniña,  afórraos ,  algún  día  necesitaralos”,  agora  entendo  o  de  aforrar, grazas  a  eses  cinco  euros  algún  día  comprarei  un  imperio,  de  verdade  crían  que  unha nena  de  sete  anos  ía  a  gardalos?,  agora  o  Nadal  eran  esas  semanas  para  descansar  e estudar,  a  volta  as  clases  serían  un  drama.
O  que  odiaba  de  facerme  maior  e  de  que  xa  non  entendese  para  que  servía  o  Nadal unha  vez  comezabas  a  madurar  era  que  me  preguntasen  que  quería;  que  ía  querer?  Xa non  me  facían  graza  os  xoguetes,  e  cando  me  regalaban  roupa,  rara  vez  acertaban,  e  se  me  daban  diñeiro  non  mo  deixaban  gastar!  Que  querían?  Que  pedise  por  pedir?.
Custábame  decidir  pero  un  Nadal  tiña  claro  o  que  quería,  un  iPod.  Preguntáronmo, deixeino  caer,  recibino,  e  hoxe  en  día  aínda  o  teño  e  encántame.
Os  anos  vindeiros  o  Nadal  volveu  ser algo  sen  sentido,  volvía  a  non  saber  que pedir  e  non  entendía  ben  porque  todo  o  mundo  vía  iso  como  o  máis  importante  do  Nadal,  non  entendía  porque  todo  o  mundo  pensaba  nesas  datas  coma  nuns  días  de  regalar  e  recibir,  por  desgraza,  o  que  non  querías  ou  xa  tiñas,  e  iso  que che  preguntaban!.
Aí,  foi  cando  me  empecei  a  preguntar  que  era  de verdade  o Nadal,  xa  que  non  cría,  que  so  fosen  uns  días  de  dar,  e  recibir.
Para  comezar,  tiña  que  saber  cales  eran  os  hábitos  comúns  do  noso  Nadal,  iso  axudaríame  a ver  o  que  máis  felices  e  o que máis  sentido lle  daban  o  Nadal.
Cando  chegaba  o  Nadal,  algo  que facíamos  xuntos,  a  miña  nai,  o  meu  pai,  miña  irmá e  eu  era  adornar  a casa  e  o  portal.  No  portal,  poñiamos  un  árbore  enorme  e  adornabámolo,  colocabámoslle  bolas,  fíos  brillantes,  unha  cinta,  e  cada  ano,  nun  coordinado  de  cores,  era  moi  divertido  facelo  todos  xuntos,  e  logo  prender   as  súas  luces  e  ver  o  fermoso  que  era,  e  o  moito  que  lle  gustaba  os veciños!.
Outra  cousa  que  facíamos,  e  facemos,  todos  os  anos,  e  ir  a  tomar  unha  copa  de  champaña  a  casa  dos  veciños;  en  fin  de  ano  e  máis  divertido  porque  estamos  todos  moi  guapos.
Pouco  a  pouco,  funme   dando  conta  de  certas  cousas  que  ano  tras  ano  repetiamos  e  que  provocaban  un cambio  no  ambiente  familiar;  recordo  un  ano,  sendo  eu  pequena,  que  os  meus  pais,  me  levaron  polo  centro  da  cidade  a  ver  o  iluminado  de  Nadal  das  rúas,  era  moi  bonito,  desde  entón,  encántame  as  cousas  que  brillan…
Recordo  tantos  momentos,  tantos  que  creo  que  xa  empezo  a  entender  un  pouco  máis  que  é verdadeiramente  o  Nadal,  creo  tamén,  que  para  cada  persoa  deste  universo  ten  un  significado  diferente  pero  creo  que todos  deberiamos  pensar  nestas  datas  cun  sentimento  común,  un  sentimento  que,  creámolo  ou  non,  enfádenos  ou  fáganos rir,  todos  algunha  vez   o  sentimos,  ou  polo menos  nomeámolo  ou  escoitámolo  nomear,  ese  sentimento  do Nadal,  iso  que  nos  volve  loucos,  que  nos  obriga  a  regalar  e  a  ser  regalados,  que  nos  obriga  a  sorrir  e  que fai  que  lle  digamos  bos  días  a  quen   menos  esperamos,  iso  é  o que  provoca   o  Nadal.
Cando  somos  pequenos  pensamos  no  Nadal,  como  o  facía  eu,  nesas  semanas   de  bonecas  e  xogos,  despois  ben  a  época  de  durmir  ata  tarde  e  saír  cos  amigos,  e  de  intentar  estudar!  E  logo  ben  cando  xa  un  se  converte  no  que  regala  e  no que    libra  os  días  festivos,  o  que  xa  non   ten  as  dúas,  case  tres  semanas  de  levantarse  as  doce  e  saír  ata as dúas,  ese  que  despois  do  Nadal  sofre  a  costa  de  Xaneiro,  ese  que  prepara  cena  para  vinte  cando  son  dez.
Nese  momento  e  cando  de  verdade  o  Nadal  perde  un  significado  concreto,  nese  momento  que  é  o  Nadal?
Eu  diría  que  o  Nadal  e  algo  máis  que  unha  data,  algo  máis  que  os  regalos  e  algo  máis  que  o  recordo   de  cando  eramos  pequenos  e  o  gozabamos.  Creo  que  o  Nadal  ten  un  significado  para  cada  un  pero  no  que  todos  deberiamos  coincidir  e  que  o  Nadal  e  o  momento  para  reunirnos  todos,  o  momento  de  lembranza  de  todos  os  momentos  vividos  coa  familia,  o  momento  de  pensar  en  que  o  mellor  regalo  e  un  bo  sorriso,  o  Nadal  é  esa  data  na  que  deberiamos  axudar   a  esquecer  a  xente  eses  momentos  tan  tristes  que  viviron,  o  momento  de  apoiármonos  o  momento  de  axudar  e  ser  axudados.
O  Nadal  non  debería  ser    unhas  semanas  o  ano  xa  que  todos  precisamos  sentir  o  que  sentimos  eses  días,  a  todos  nos  encanta  sentir  esa  ledicia,  sentir  esa  calor  que  amigos  e  familiares  nos  dan  e  levantarnos  todos  os  días  cun  sorriso  que  nos  diga  o  bo  que  será  hoxe.
            E  non  deberiamos  esquecer  xamais  o  afortunados  que  somos  de  ter  un  Nadal,  non  polo  que  recibamos  materialmente,  senón  polo  regalo  de  poder  compartir  estas  datas  con  alguén  porque  moitísima  xente  ten  un  Nadal  diferente,  un  Nadal  no  que  a  verdadeira  importancia  e   manterse  unidos  o  Nadal  que  se  sinte,  o  verdadeiro  Nadal. 
            Sempre  serán  benvidos  os  regalos  e  nunca  debemos  perder  o  que  sentimos  de  pequenos  porque  o  Nadal,  non  era    a  emoción  dos  regalos,  era  o  sentimento  de  que  algo  máxico  ocorría,  de  que  Santa  Claus  e  os  reis  Magos  traerían  consigo  unha  maxia  que  faría  felices  a  nenos  e  nenas.
            O  verdadeiro  significado  do  Nadal,  e  ese  que  se  sinte  cando  un  ve  caer  a primeira  folerpa  de  neve  branca  e  fría  do  ano.