Chámome Xoana e busco o verdadeiro significado do Nadal.
Cando era pequena o Nadal era o mellor momento do ano, viñan os reis Magos co seu cargamento de regalos e eu era feliz. Aínda así prefería a celebración de Santa Claus, porque dábame tempo a xogar con todos os xoguetes.
Nesa época o único que me importaba era iso, os xoguetes, recordo que pasaba todo o mes de Novembro recortando as imaxes dos folletos dos xoguetes e pegábaos nun papel para logo envialo.
A verdade, nunca me preguntei porque sempre os meus pais preguntábanme que quería, agora detéñome e penso, se eran os reis, e Santa, os que traían os regalos, para que raios o querían saber os meus pais?, claramente, para compralos.
Que ilusión me facía a noite do 24, metíame na cama e recordábame que canto antes me durmira antes chegaría a mañá seguinte e abriría os regalos. Recordo cada Nadal como se fora onte, a miña irmá víñame buscar e xuntas collíamos todos os regalos e poñiámonos na sala de estar a abrilos e a emoción fluía por min.
A idade entre os oito e os nove anos, non recordo ben como nin por que, a miña irmá colleu e díxome: -“Nin os reis nin Santa Claus existen, é todo mentira”. Chorei, sobre todo porque levoume o garaxe, alí estaban os regalos, non foi un bo momento, tampouco a mellor maneira para contar algo así.
Os anos seguintes a ese momento, o Nadal non significaba nada para min, vale, minto.
Admito que non o sentía da mesma maneira, pero agora ía a tenda cos meus pais e elexía directamente os regalos, o malo e que tiña que esperar a mañá de Nadal!
Cando deixei de pedirlles regalos o Nadal colleu un aspecto diferente, non me gustaba facer gastar o diñeiro os meus pais, aínda por encima, eu, xa tiña unha mentalidade diferente, unha mentalidade que me dicía que para que quería unha Barbie? Era mellor roupa ou diñeiro para aforrar, aforrar? De verdade cambiei tanto? Anda que… vaia infancia!
Cando cumprín os trece comecei a preguntarme que era de verdade o Nadal, xa non pensaba nesta época do ano coma nunhas semanas de regalos e de portarse ben e incluso bicar os velliños que só vías nestas datas para que te desen cinco euros e dixesen: -“Toma neniña, afórraos , algún día necesitaralos”, agora entendo o de aforrar, grazas a eses cinco euros algún día comprarei un imperio, de verdade crían que unha nena de sete anos ía a gardalos?, agora o Nadal eran esas semanas para descansar e estudar, a volta as clases serían un drama.
O que odiaba de facerme maior e de que xa non entendese para que servía o Nadal unha vez comezabas a madurar era que me preguntasen que quería; que ía querer? Xa non me facían graza os xoguetes, e cando me regalaban roupa, rara vez acertaban, e se me daban diñeiro non mo deixaban gastar! Que querían? Que pedise por pedir?.
Custábame decidir pero un Nadal tiña claro o que quería, un iPod. Preguntáronmo, deixeino caer, recibino, e hoxe en día aínda o teño e encántame.
Os anos vindeiros o Nadal volveu ser algo sen sentido, volvía a non saber que pedir e non entendía ben porque todo o mundo vía iso como o máis importante do Nadal, non entendía porque todo o mundo pensaba nesas datas coma nuns días de regalar e recibir, por desgraza, o que non querías ou xa tiñas, e iso que che preguntaban!.
Aí, foi cando me empecei a preguntar que era de verdade o Nadal, xa que non cría, que so fosen uns días de dar, e recibir.
Para comezar, tiña que saber cales eran os hábitos comúns do noso Nadal, iso axudaríame a ver o que máis felices e o que máis sentido lle daban o Nadal.
Cando chegaba o Nadal, algo que facíamos xuntos, a miña nai, o meu pai, miña irmá e eu era adornar a casa e o portal. No portal, poñiamos un árbore enorme e adornabámolo, colocabámoslle bolas, fíos brillantes, unha cinta, e cada ano, nun coordinado de cores, era moi divertido facelo todos xuntos, e logo prender as súas luces e ver o fermoso que era, e o moito que lle gustaba os veciños!.
Outra cousa que facíamos, e facemos, todos os anos, e ir a tomar unha copa de champaña a casa dos veciños; en fin de ano e máis divertido porque estamos todos moi guapos.
Pouco a pouco, funme dando conta de certas cousas que ano tras ano repetiamos e que provocaban un cambio no ambiente familiar; recordo un ano, sendo eu pequena, que os meus pais, me levaron polo centro da cidade a ver o iluminado de Nadal das rúas, era moi bonito, desde entón, encántame as cousas que brillan…
Recordo tantos momentos, tantos que creo que xa empezo a entender un pouco máis que é verdadeiramente o Nadal, creo tamén, que para cada persoa deste universo ten un significado diferente pero creo que todos deberiamos pensar nestas datas cun sentimento común, un sentimento que, creámolo ou non, enfádenos ou fáganos rir, todos algunha vez o sentimos, ou polo menos nomeámolo ou escoitámolo nomear, ese sentimento do Nadal, iso que nos volve loucos, que nos obriga a regalar e a ser regalados, que nos obriga a sorrir e que fai que lle digamos bos días a quen menos esperamos, iso é o que provoca o Nadal.
Cando somos pequenos pensamos no Nadal, como o facía eu, nesas semanas de bonecas e xogos, despois ben a época de durmir ata tarde e saír cos amigos, e de intentar estudar! E logo ben cando xa un se converte no que regala e no que só libra os días festivos, o que xa non ten as dúas, case tres semanas de levantarse as doce e saír ata as dúas, ese que despois do Nadal sofre a costa de Xaneiro, ese que prepara cena para vinte cando son dez.
Nese momento e cando de verdade o Nadal perde un significado concreto, nese momento que é o Nadal?
Eu diría que o Nadal e algo máis que unha data, algo máis que os regalos e algo máis que o recordo de cando eramos pequenos e o gozabamos. Creo que o Nadal ten un significado para cada un pero no que todos deberiamos coincidir e que o Nadal e o momento para reunirnos todos, o momento de lembranza de todos os momentos vividos coa familia, o momento de pensar en que o mellor regalo e un bo sorriso, o Nadal é esa data na que deberiamos axudar a esquecer a xente eses momentos tan tristes que viviron, o momento de apoiármonos o momento de axudar e ser axudados.
O Nadal non debería ser só unhas semanas o ano xa que todos precisamos sentir o que sentimos eses días, a todos nos encanta sentir esa ledicia, sentir esa calor que amigos e familiares nos dan e levantarnos todos os días cun sorriso que nos diga o bo que será hoxe.
E non deberiamos esquecer xamais o afortunados que somos de ter un Nadal, non polo que recibamos materialmente, senón polo regalo de poder compartir estas datas con alguén porque moitísima xente ten un Nadal diferente, un Nadal no que a verdadeira importancia e manterse unidos o Nadal que se sinte, o verdadeiro Nadal.
Sempre serán benvidos os regalos e nunca debemos perder o que sentimos de pequenos porque o Nadal, non era só a emoción dos regalos, era o sentimento de que algo máxico ocorría, de que Santa Claus e os reis Magos traerían consigo unha maxia que faría felices a nenos e nenas.
O verdadeiro significado do Nadal, e ese que se sinte cando un ve caer a primeira folerpa de neve branca e fría do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario