Queridísimo parrulo, osiño, ceíño meu, miña cousa dourada, meu corazón, miña vida, meu cachiño de azucre e meu requetecuqui:
Escríboche para dicirte que me parece, vamos, xenial o de andar de troula ata as tantas cos teus “amigos”; pero que saibas que non son parva, oíches?
Vaia parvada soltabas hai unha semana, que se ceas de empresa, que se traballo atrasado, que se cumpreanos do Xavier… non tes ceas de empresa porque es autónomo, non tes traballo atrasado porque non traballas nunca, e… que Xavier coñeces ti? O único o butaneiro, ese ao que nunca lle falas porque dis que é raro…
O peor de todo é que digas que o amor vai de comprender e confiar, que non sexa ciumenta ou malpensada, que ti me amas con loucura e que son a nena dos teus ollos e a única na que pensas; parvo! Como vou confiar se últimamente non fas máis que vir con carmín nos beizos, e noutras partes…, e con bragas que non son miñas, si, non son miñas esas de osiños; perdoa que cho diga, pero madurei!
Sabes, dáme noxo o amor, ou o que ti chamas amor. Iso si, que saibas que mentres ti te divertías eu non escoitaba cancións tristes de amores rotos, desesperanza e baladas cutres, mentre ti gozabas da túa nova vida de solteiro, eu aprendín cómo colocar bombonas, e non vexas o ben que se me dá…
Polo que o dito, agora xa podes troulear, acabouse, leva o teu amor contigo, pero as bragas… gárdoas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario