lunes, 21 de marzo de 2011

O NADAL PARA OUTROS, por Marco Schettino

Si, o día do nadal inunda de felicidade a todas as persoas, dende o máis infantil ata o mais duro… Pero todos sabemos que non é así para todos, sobre todo se nos fixamos neses desafortunados que non teñen nin para comer, que fai esa xente no Nadal ? Pois nada, intentar sobrevivir no dia seguinte… Esta e a historia dun deles: Lewis.


            O dáa de Nadal, Lewis  paseaba pola rúa lamentándose da súa   (segundo el…) inxusta vida , cando de súpeto viu unha pequena luz branca moi luminosa  que relocía xusto ao lado dun piñeiral que había no parque da rúa… Lewis sorprendérase por aquela luz , tan brillante e cálida , o que non entendía era que  a xente pasaba moi preto daquela luz e aínda así , non se decataba de que estaba aí. Comezou a crer que era unha especie de ilusión polo mal sono que tivera a noite anterior , pero tiña tanta curiosidade que foi correndo ata aquela luz . Cando estaba a piques de chegar ata o piñeiral, viu como a luz se ía facendo máis grande por momentos, fíxose tan grande coma un globo e colleu unha forma humana,  despois esa forma luminosa empezou a coller cor ata converterse… no mesmísimo Santa Claus.  Lewis non daba creto ao que vía , estivo a piques de abrir a boca cando o carismático gordiño de traxe vermello entregoulle un agasallo e  desapareceu xunto coa luz… Lewis estivo fregando os ollos varias veces antes de abrir o misterioso agasallo  preguntábase o que escondía dentro (coma un neno pequeno) dentro encontrou varios billetes de 500 (suficientes para comprar unha casa e poder comer…) , algo bastante raro por parte de Santa Claus … Pero , había tamén unha nota escrita, supostamente ,  por papá Nnoel , isto foi o que leu:
            Querido Lewis :

            Non podes andarte queixando todo o tempo sen pensar en posibles soluncións, algunha vez pensaches  nos demais ? Todo o mundo sofre desgrazas , pero tamén todos buscan solucións, non podes esperar a que ocorran milagres, tes que loitar, como fan todos! En fin , espero que algún día o comprendas .
             Ata entón,  mándoche este regalo tan inusual da miña parte , goza do Nadal e non sexas tan roñicas, recoiro !
            Un saúdo, Santa Claus.
            Como todo final feliz , xa sabedes como acaba a historia…


No hay comentarios:

Publicar un comentario