lunes, 21 de marzo de 2011
UN NADAL DENDE ABAIXO, de Antonio Cañizo
O vento sopraba forte levando consigo pequenos grans brancos que semellaban pedaciños de nube, pero que picaban como se de afiados cristais se tratasen, era unha noite de inverno e un frío alento facía tremer ás silentes figuras que camiñaban pola rúa. Era o día vinte e tres de Decembro, e na cidade respirábase o ambiente do Nadal.
Víctor camiñaba rápido polo barrio baixo da cidade, volvía canso de entregarlle ás páxinas prometidas á editorial e de cobrar, Víctor escribía, non era un deses escritores famosos, non el só publicara unha modesta novela de misterio titulada "A persecución salvaxe", non gañaba moito pero Víctor subsistía, ten cabida dicir que Víctor non tiña familiares coñecidos xa que era orfo e non chegara a coñecer aos seus pais, do resto da súa familia non sabía nada, él só recordaba vivir toda a súa vida nun orfanato, e agora era un mozo de vinte anos que non tiña diñeiro para pagarse unha carreira. Víctor vivía nun pisiño modesto con catro habitacións: Recibidor, cociña, dormitorio e baño, o piso estaba situado nunha pequena pensión con tres pisos e sen ascensor no barrio baixo da cidade, cando Víctor chegou, Pablo o porteiro (e caseiro) da pensión, que vivía na planta baixa, díxolle:
-Que tal na editorial hoxe Víctor?
-Tirando, o xusto para vivir- Respondeulle Víctor con desgana, mentres deixaba escapar un bocexo que se transformou nun abrancuxado bafo, en contacto coa atmosfera, e que ascendeu ata o escuro ceo mentres desaparecía.
-Coma todos, e que farás en Noiteboa?-
-Posiblemente cee con Rosa, pero ao mellor vai coa súa familia... xa sabes...- Rosa era unha antiga compañeira de universidade de Víctor, actualmente era periodista, e a súa moza.
-Se queres podes vir cear coa miña familia, estarán encantados-
-Moitas grazas Pablo, pero temo que declinarei a túa oferta-
-Hai rapaz, como queiras, se non me pesasen a min estes cincuenta anos que teño, tamén aproveitaría, ala entón, boas festas-
-Boas festas- E marchou escaleiras arriba.
Víctor ascendía polas escaleiras ata o segundo piso e seguiu por un escuro e frío corredor que remataba nunha porta de madeira desfeita pola humidade, coas chaves e non sen dificultade, abriuna e entrou no recibidor, deixou a súa chaqueta e as chaves na cómoda enfronte da porta, torceu á dereita e entrou no baño, no lavabo, botou auga fría na cara e limpou os irritados ollos, despois saíu do baño, e foi directo á cociña, silenciosa, prendeu a luz, o único que se escoitaba era o son emitido polo segundeiro do reloxo colgado na parede, eran as nove e media, dispúxose a preparar un caldo que acompañou cunha rebanda do pan da mañá, ás dez e media estaba xa recollendo a roupa tendida na bañeira do baño, pasoulle o ferro e gardouna. Ás once menos cuarto, estaba traballando nas páxinas da próxima semana, aínda que le deran unhas vacacións polo Nadal, decidiu reservalas para pedilas cando llas desen á Rosa, estaban planeando unhas vacación para eles sós, Rosa, vivía cos seus pais, uns pais que vivían no centro da cidade, traballando ambos os dous nunha tenda de libros (unha das poucas que aceptaran vender o seu primeiro libro), e que xa estaban próximos a xubilarse. As doce estaba xa lendo un libro antes de irse a durmir, mañá madrugaría, tiña que preparar a noiteboa, xunto a Rosa.
Espertouno o son do seu móbil que puña "Alarma: 8:30", a claridade da mañá dáballe nos ollos, esquecera baixar a persiana, abriu a ventá facía frío, a néboa non permitía un campo de visión de máis de dous metros, pechouna, foi ao baño e deuse unha ducha quente, vestiuse cuns vaqueiros escuros, un cinto azul escuro, botas negras igual que a camiseta e a chaqueta, a Víctor só lle gustaban as cores escuras, non lle gustaba chamar a atención, despois almorzou, e saíu, Pablo xa estaba no portal fumando o seu pitiño da mañá.
-Bos días, Pablo- Dixo Víctor, intentando ocultar un ton, que dicía que aínda estaba máis durmido que esperto, non o conseguiu.
-Bos días, Víctor, polo visto non pasaches unha boa noite-
-Si, pero non te preocupes xa espabilarei-
-Véxote apurado, así que deixareite marchar xa, ata logo.
-Non digas parvadas, sempre é un pracer falar contigo, pero si que vou con presa, adeus-
-Dálle recordos á Rosa da miña parte- Díxoo cun sorriso de orella a orella.
-Dareillos- Marchou pensando "Por fóra, co seu pelo cano, pode parecer un vello, pero é unha das persoa máis espilidas que coñezo".
Seguiu camiñando pola beirarrúa, dobrou a esquina, e alí estaba, xusto onde quedaran e puntual coma sempre, cando se achegou ela o saudou, el respondeulle ao saúdo, e cando estiveron preto o un do outro, bicáronse e abrazáronse, despois, aínda abrazados, Rosa díxolle, cun sorriso:
-¿Listo para ir de compras?
-Listo...- Dixo Víctor con resignación
-Veña home, non poñas esa cara que tampouco é tan malo ir de compras de vez en cando- Efectivamente, Víctor odiaba ir de compras, o que derivaban nun roupeiro medio baleiro, igual que o frigorífico.-Se non fose por min, irías con remendos pola rúa-
-Mellor será que comecemos, que así acabaremos antes-
-Como queiras, pero temos toda a mañá, son as dez pasadas-
Comezaron a camiñar, primeiro foron a comprar un pouco de roupa, mentres un a probaba, o outro dicíalle se lle quedaba ben, así pasou gran parte da mañá, despois foron comprar comida para o piso de Víctor (Cousa que, aínda que non facía moi a miúdo, podía facela Víctor só, Rosa sempre protestaba e dicía que se por el fora, alimentaríase a base de patacas fritidas, que tanto lle gustaban a Víctor), despois Rosa foi botar a primitiva, cando acabaron foron levar as compras á casa de Víctor, cando chegaron, xa eran as dúas e Víctor ofreceuse a cociñar para Rosa, pero debido á insistencia de Rosa en que quería axudar acabaron cociñando os dous, comeron uns espaguetes coa salsa boloñesa que tan rica lle saía a Rosa, pasaron ata as seis apertadiños nunha manta vendo a televisión no dormitorio, Rosa quedara durmida, e ela tardaba en espertar, polo que Víctor aproveito para saír da cama, arroupala e saír da casa. Dirixíase a comprar con parte (Gran parte) do diñeiro que cobrara, comprou unhas velas, un viño Ribeiro, unhas flores, e un cd de Chet Baker, ao que considerou un bo músico para facer ambiente, xunto con Bob Acri do que xa tiña un cd, todo isto para a cena romántica que le tiña preparada a Rosa.
Cando chegou ás sete e media, Rosa seguía durmida, víase que o traballo de periodista era canso, menos mal que lle deran o día libre. Víctor escondeu todo o que comprara, excepto o cd que o deixou xunto a cadea de música, na cociña, despois non quixo espertar a Rosa, e saíu ao balcón pola cociña a tomar o aire.
Cando Rosa espertou xa era tarde, as nove para ser exactos, cando se levantou encontrou na mesiña de noite unha nota escrita coa letra de Víctor que dicía. "Espérote na cociña", encamiñouse directamente alí, de camiño, veu que Víctor puxera a árbore de Nadal no recibidor, o seu regalo xa estaba ao pé dela, ela poríao pola noitiña (senón, Víctor non podería esperar a abrilo). Non se pode describir a cara que puxo Rosa cando viu a cociña escura, iluminada con velas, e a mesa ben disposta, cuberta cun mantel de festividades no que había un xerro con flores e un Ribeiro, Víctor estaba apoiado na parede, e limitouse a dicir:
-Feliz noiteboa- achegouse, pero ela xa correra a abrazalo, e antes de que se deran conta, xa se bicaban con forza.
Cearan magnificamente, Víctor esforzárase moito, dedicáralle toda a tarde a preparar a sorpresa, "Por iso insistiu en ver a tele, sabía que ía quedar durmida, como me coñece". Esa noite durmiran xuntiños e abrazados, nunca durmiran tan ben en anos, os dous.
Rosa levantárase de noite, ela sabía que Víctor facíase o durmido, pero seguiulle o xogo, e seguira como se nada, sacou do bolso unha caixa envolta, foi ao recibidor, deixouna xunto o seu regalo, ao pé da árbore, e volveu a durmir.
Á mañá seguinte cando volveu espertar, Víctor xa estaba esperto, e mirábaa:
-Feliz Nadal-
-Bos días, feliz Nadal Víctor- E bicouno.
-¿Qué tal se miramos o que nos trouxo Papá Noel?-Dixo el cun ton pícaro.
-De acordo- Respondeu ela cun sorriso igual de pícaro.
Así o fixeron, Víctor foi o primeiro en abrir o seu regalo, eran dous cd de "Metallica", o seu grupo favorito, despois tocoulle a quenda a Rosa, abriuno, era una colgante dourado, cunha perla como adorno, precioso.
-Moitas grazas Víctor, quérote-
-Eu tamén Rosa, eu tamén-
Así foi o Nadal de Víctor e Rosa, unhas persoas normais, sen moito que contar pero sen moito que calar, nin moi ricos nin moi pobres, unha parella coma outra calquera...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario