Somos un grupo rebelde que non se conforma con calquera cousa, e que loita ata conseguir os seus obxectivos, non somos fáciles de convencer nin o seremos nunca.
Nós somos así dende pequenos, polo que formamos este grupo de inadaptados.
Os inadaptados somos insatisfeitos e case nada é do noso gusto; non nos gusta que os nosos maiores manden en nós, nin que nos digan qué debemos ou qué non debemos facer, estamos fartos de normas e regras.
As nosas contestacións débense a que sempre nos din as cousas que facemos, algunha tamén nolas critican aínda que estean ben, iso repatéanos!
Por causa de moitos castigos inxustos, debidos ao noso mal comportamento, (iso é dende o seu punto de vista), desatan un enfado, que ao paso do tempo convertirase nunha manía cara a esa ou esas persoas.
Antes soamente eramos un grupo calquera como todos os demais, pero agora o grupo Nós é único e moi especial debido ao seu comportamento.
Agora o problema é que ninguén nos entende, e non ven as cousas e os problemas como nós os vemos, teñen outro punto de vista, polo que isto desta enfados, castigos, malas palabras, berros…
O mellor que poden facer é deixarnos vivir, e facer as cousas ao noso xeito, sen normas, sen regras, e cun pouco de liberdade.
E o que menos nos gusta, aínda que estamos nun momento complicado para que alguén nos entenda, son os DEBERES!
Eu como representante do grupo Nós, os inadaptados, propoño que nos diesen liberdade, polo menos, a pouca que podiamos ter hai uns anos, e que non estean sempre enriba de nós, nin que nos obriguen sempre a facer as cousas que menos nos gustan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario