A dicir verdade, nunca sentín un amor especial por alguén (algo bastante triste segundo algúns porque xa vai sendo hora!).
Tal e como penso hoxe non me interesa manter relacións con ninguén (sobre todo porque sempre me marxino), ben, en realidade o amor non só é "ter moza", hai moitos tipos de amor, pero agora mesmo prefiro resaltar esta xa que o día de San Valentín atribúese máis a este tipo de amor, non é amor polos da túa familia, nin por... a natureza ou algo así...
As poucas veces que penso en ter relacións axiña renuncio porque me poño a pensar no peor (sempre o fago), en primeiro lugar debería cambiar a miña forma de ser tan sosa e solitaria se quero conseguir algo, e ninguén dixo que así xa abonda, xa que é bastante difícil comezar unha relación (polo menos eu véxoo así...) e é aínda peor intentar mantela, sempre pode pasar algo que enfade á túa parella e xa non queira falarche, tamén podería fixarme noutra moza e... oh non!... E agora que fago??, ningunha das dúas sabe que estou saíndo con ambas...
Ben, ao mesmo tempo ela podería facer o mesmo; se consigo manter unha relación... a verdade é que non tería por qué casar, de todos os xeitos hai moitas cousas do amor que aínda non sei, á xente gústalle así que non pode ser tan malo unha vez que se atopa, iso si, non quero "meterlle présa"; xa virá cando teña que vir...
No hay comentarios:
Publicar un comentario