miércoles, 30 de mayo de 2012
jueves, 17 de mayo de 2012
Festa das Letras Galegas
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012-COLEXIO GUILLELME BROWN
Durante a semana das Letras Galegas moitas foron as actividades propostas polo Centro e coas que o alumnado traballou moi animadamente en pro da nosa lingua. A celebración tivo o seu colofón o venres 18 co festival no que cada curso amosou a súas dotes artísticas de moi variadas temáticas. Música, danzas populares, recitados, teatro… fixeron as ledicias de todos os presentes e cos que se rendiu homenaxe a Valentín Paz Andrade.
Programa Letras Galegas 2012
• Exposicións de traballos.
• Lemas, marcalibros...
• Xogo de pistas
• Festival (Venres ás 12,15)
Infantil::Canción PIRIMPIMPIN
1º EP: e 2º EP: Teatro: “Os personaxes dos contos”
3º e 4º EP: “As palabras máis fermosas”.
5º e 6º EP: “Cantiga popular”
1º ESO: “Cando ti volvas polo mare” (Recitado)
2º ESO: “Cantiga medieval”
3º e 4º ESO: Presentacións e biografía
de Valentín Paz Andrade
Fin de festa: Muiñeira a cargo do grupo folk.
Durante a semana das Letras Galegas moitas foron as actividades propostas polo Centro e coas que o alumnado traballou moi animadamente en pro da nosa lingua. A celebración tivo o seu colofón o venres 18 co festival no que cada curso amosou a súas dotes artísticas de moi variadas temáticas. Música, danzas populares, recitados, teatro… fixeron as ledicias de todos os presentes e cos que se rendiu homenaxe a Valentín Paz Andrade.
Programa Letras Galegas 2012
• Exposicións de traballos.
• Lemas, marcalibros...
• Xogo de pistas
• Festival (Venres ás 12,15)
Infantil::Canción PIRIMPIMPIN
1º EP: e 2º EP: Teatro: “Os personaxes dos contos”
3º e 4º EP: “As palabras máis fermosas”.
5º e 6º EP: “Cantiga popular”
1º ESO: “Cando ti volvas polo mare” (Recitado)
2º ESO: “Cantiga medieval”
3º e 4º ESO: Presentacións e biografía
de Valentín Paz Andrade
Fin de festa: Muiñeira a cargo do grupo folk.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARTÍN
Agora
eres canzón de alma pechada...
Na
que non se pode ler.
ILUSTRACIÓN DANIEL GONZÁLEZ |
Agora
eres canzón que xa non cantan...
Pola
túa lonxanía.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida...
Porque
as túas letras saen voando.
Agora
eres canzón de orballo e folla...
Que non ten árbore.
Agora
eres canzón de ecos na teima,...
Porque
non queres falar.
Agora
eres canzón que se esgazara...
Cos
ventos.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,...
Tempestade serea.
Agora
eres canzón de ronda eterna...
Da
que non sae ningún san.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, PABLO
Agora
eres canzón de alma pechada
e o
rexeitamento chega da nada.
Agora
eres canzón que xa non cantan
e
moitos na memoria te gardan.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
e
chegas coma un recordo doutra vida.
Agora
eres canzón de orballo e folla...
e
volves cando o outono chora.
Agora
eres canzón de ecos na teima
e a
túa gran vitalidade se queima.
Agora
eres canzón que se esgazara
e a
túa ausencia nótaseme na cara.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,
coma
un solpor na cidade de Malmö.
Agora
eres canzón de ronda eterna
e
quedarás nas nosas vidas, perpetua.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, NICOLÁS
Agora eres
canzón de alma pechada
agora eres canzón de tristeza gardada
Agora eres
canzón que xa non canta
agora eres canzón de sobria calma
Agora eres
canzón de lonxe ouvida
agora eres canzón que nunca olvida
Agora eres
canzón de orballo e folla
agora eres canzón de rara mezcolanza
Agora eres
canzón de ecos na teima,
agora eres canzón como lume na auga
Agora eres
canzón que se esgazara
agora eres canzón de pouco valor
Agora eres
canzón, arrolo calmo,
agora eres canzón como vento atrapado
Agora eres
canzón de ronda eterna
agora eres canzón de alma duradeira
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, CARLA
Agora
eres canzón de alma pechada...
Agora
eres canzón que xa non cantan...
Os
paxaros aínda non bailan
Agora
eres canzón de lonxe ouvida...
Fuxiches
por onde non había saída
Agora
eres canzón de orballo e folla...
Es como a chuvia que forte molla
Agora
eres canzón de ecos na teima,...
O
noso amor xa non queima
Agora
eres canzón que se esgazara...
O teu
recordo non para
Agora
eres canzón, arrolo calmo,...
Aínda recordo o de estar a un
palmo
Agora
eres canzón de ronda eterna...
Márchaches ás escuras sen levar unha lanterna.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, ALBA
Agora eres canzón de
alma pechada...
a túa música sempre estarei a recordala.
Agora eres canzón que
xa non cantan...
a túa fala quedou quebrada.
que na cercanía é sempre moi sentida.
Agora eres canzón de
orballo e folla...
que na verde fraga as árbores escoitan.
Agora eres canzón de
ecos na teima,...
que son coma susurros na ladeira.
Agora eres canzón que
se esgazara...
así non sae a miña fala.
Agora eres canzón,
arrolo calmo,...
que eu sinto cando estou nos teus brazos.
Agora eres canzón de
ronda eterna...
queda ao meu
carón sentindo o latexo do meu corazón.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARTA
Agora
eres canzón de alma pechada...
Agora
da gaiola non sae a fala.
Agora
eres canzón que xa non cantan...
Nin
os paxaros nin as rapazas.
De
lonxe ouvida que non se olvida.
Agora
eres canzón de orballo e folla...
De
sarabia e frío, de neve e chuvia.
Agora
eres canzón de ecos na teima,...
Do
son do vento nas leiras.
Agora
eres canzón que se esgazara...
Que
se rompese e quebrara.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,...
Agora
eres canzón que canta alto.
Agora
eres canzón de ronda eterna...
De
alma pechada, cunha aperta e a porta aberta.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, SERGIO
Agora
eres canzón de alma pechada...
Na miña
porta achada
Agora
eres canzón que xa non cantan...
Os lobos
mentres saltan
ILUSTRACIÓN: MARCO SCHETTINO |
Agora
eres canzón de lonxe ouvida...
Que miña
cabeza non olvida
Agora
eres canzón de orballo e folla...
Que pola
miiña cabeza voa
Agora
eres canzón de ecos na teima,...
Na mar
leima
Agora
eres canzón que se esgazara...
Por eso
quero abrazala
Agora
eres canzón, arrolo calmo,...
A que eu
máis amo
Agora
eres canzón de ronda eterna...
Que na
miña cabeza alterna
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MIGUEL
Agora
eres canzón de alma pechada...
Agora
eres unha alma libre.
Agora
eres canzón que xa non cantan...
Na
guitarra que non ten cordas.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida...
Agora
eres a miña canzón querida.
Agora
eres canzón de orballo e folla...
Agora eres canzón de folla e
orbillo.
Agora
eres canzón de ecos na teima,...
Agora
eres canzón de ecos na terra.
Agora
eres canzón que se esgazara...
Agora
eres canzón de alma perdida.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,...
Onde as piraguas nadan con présa.
Agora
eres canzón de ronda eterna...
Agora
estás no inferno.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, MARÍA GÓMEZ
Agora
eres canzón de alma pechada
Canzón
melódica asolagada.
Canzón
triste e sen palabras.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
Canzón
de silenciosa melodía.
Agora
eres canzón de orballo e folla
Canzón
que se a tocas, molla.
Agora
eres canzón de ecos na teima,
Canzón
delicada e augacenta.
Agora
eres canzón que se esgazara
Canzón
débil que se esconde nos brazos da túa fala.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,
Descoidada
melodía do pasado.
Agora
eres canzón de ronda eterna
Canzón
alegre e duradeira.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, RODRIGO ERNESTO
Agora
eres canzón de alma pechada
Que
xa non di nin transmite nada.
Agora
eres canzón que xa non cantan
Que
toda a música e letra espanta.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
Que
pareces que sempre estás durmida.
Agora
eres canzón de orballo e folla
Que
na natureza se esconde e perde.
Agora
eres canzón de ecos na teima,
Que
todo o queima.
Agora
eres canzón que se esgazara
E en
mil pedazoa quedara.
Agora
eres canzón, arrolo calmo,
Unha
canzón pertencente ao pasado.
Agora
eres canzón de ronda eterna
Que
sexa nas festas, nos bares e nas tabernas.
HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE, PABLO FERNÁNDEZ
Agora
eres canzón de alma pechada
Que é
escoitada pola nada.
Agora
eres canzón que xa non cantan
O que
lle ocorren ás persoas con esperanza.
Agora
eres canzón de lonxe ouvida
Que
xa non pode vivir a súa vida.
Agora
eres canzón de orballo e folla
Que vive
a súa vida de folla en folla.
Agora
eres canzón de ecos na teima
Que
mira a súa terra.
Agora
eres canzón que se esgazara
Para
que relaxe a alma.
Agora
eres canzón de ronda eterna
Para
pasar pola herba.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)